Lexisla con Nós

Proposición de lei de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora da atención primaria.

02/01/2018 9:05
Proposición de lei de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora da atención primaria.  (10/PPL-000012)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Luisa Quintela Ferreiro o 30/12/2018 13:38

Conforme ás directrices da Técnica Normativa, establecidas no acordo de 30 de outubro de 2014, do Consello da Xunta de Galicia, e coa finalidade de salvagardar a seguridade xurídica (principio recollido no artigo 9.3 da Constitución Española) así como de reflectir os requisitos de estrutura formal, lóxica interna e claridade expresiva, procederei a analizar e comentar as directrices seguidas nesta proposición de lei de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora da atención primaria. A estrutura desta proposición de lei segue o esquema plantexado no acordo de 30 de outubro de 2014, anteriormente mencionado. En primeiro lugar, plásmase como título da disposición o seguinte: “Proposición de lei de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora da atención primaria”. O termo “proposición de lei” permite identificar o tipo de disposición. Deste xeito, e a pesar de que non se especifica en qué consiste o plan de mellora proposto, o nome otorgado á norma permite situala nun obxeto amplo, pero determinado, como é o da sanidade pública. En segundo lugar, sitúase unha exposición de motivos, que é o equivalente á parte expositiva e que ten como propósito expresar os argumentos e xustificacións que orixinan a necesidade de propoñer esa modificación orzamentaria. O problema que se atopa nesta parte é que non se acredita de maneira ecuánime cál é a razón pola que é preciso ese aumento orzamentario de 223 millóns de euros, dando a impresión de que únicamente se evoca a unha cantidade fortuita sen argumentos económicos que fundamenten a suposta mellora detentada. Adicionalmente, para unha apropiada técnica normativa, sería preciso que o encabezamento de “exposición de motivos” figurase centrado no texto, en lugar de estar á marxe esquerda, como aparece. Dende o punto de vista ortográfico, repítese en reiteradas ocasións a palabra “Galiza” ó longo de toda a redacción, e o máis adecuado sería sustituílo por “Galicia” como normativamente figura establecido. En relación ao emprego dunha linguaxe non sexista, tamén sería oportuno cambiar “de tal xeito que cada facultativo”, trocando esta última palabra por “facultativo/a”, e modificando “dos e das médicos “ por “dos/as médicos/as”, en virtude do artigo 11 do Decreto Lexislativo 12/2015, do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. En terceiro lugar, a división da proposición contería unha parte dispositiva composta dun articulado, unha parte final, e os anexos. A proposición de lei, polo tanto, componse de dous títulos, catro artigos, tres disposicións derradeiras e dous anexos. A xustificación dunha división en dous títulos débese a que se trata de dúas partes diferenciadas, unha relativa á modificación da Lei Xeral de Orzamentos de Galicia, e outra referente á modificación das medidas fiscais e administrativas. Esta última é unha lei de acompañamento directamente ligada á lei orzamentaria, e que por tanto precisaría tamén unha modificación adicional si se quixera alterar a primeira. Cada artigo vai encabezado do número cardinal que lle corresponda polo seu orde, e cunha redacción sucinta do seu contido, de forma que permite distinguir a materia que trata apropiadamente. En xeral, están redactados correctamente, respetando os criterios da técnica normativa, coas súas divisións pertinentes, así como as súas subdivisións. Estas subdivisións escríbense en letra e en maiúscula, deixando claro a qué está referido cada apartado. A parte final consta de tres disposicións derradeiras, seguida por dous anexos. Estas disposicións derradeiras fan referencia ás dúas leis que pretende modificar, á lei xeral de orzamentos de Galicia, e á lei de medidas fiscais e administrativas. Xunto a isto tamén se habilita á consellería a ditar as normas que sexan precisas para executar o proxecto de lei, e por último establécese a entrada en vigor da norma, que sería o día seguinte á publicación no diario oficial de Galicia. Son as tres disposicións de extensión moi curta que non da lugar a erros nin malentendidos, polo que a súa redacción non pode ser máis clara. Os anexos, pola súa banda, deberían aparecer mencionados sen a letra resaltada en negriña, mais a súa ubicación é correcta, pois aparecen centrados no texto. Os anexos en sí son dúas táboas referidas aos gastos e incrementos orzamentarios, polo que no seu contido material non hai moito que dicir, xa que carecen de relevancia xurídica ao ser únicamente mencións dos créditos. Para rematar, pódese concluír dicindo que a redacción da proposición é clara e fácilmente entendible, mantendo en todo caso o principio de seguridade xurídica establecido na CE (art. 9.3). Ademáis do anterior, esta proposición de lei segue unha estrutura sinxela e sen complicacións, correctamente ordeada. Por último, salvo o mencionado sobre as cuestións lingüísticas de “Galicia” en vez de “Galiza”, ou as dúas apreciacións mellorables no ámbito da linguaxe sexista (en virtude do artigo 11 do Decreto Lexislativo 12/2015), non se expón ningunha outra disposición contraria ós requisitos e directrices da Técnica Normativa.