Novas

RUIZ RIVAS INSTA AO PSOE A QUE CONCRETE DE QUÉ HERDANZA DE TOURIÑO SE SINTE MÁIS ORGULLOSO: SE DOS 50.000 NOVOS PARADOS EN 4 ANOS OU DAS IRREGULARIDADES ECONÓMICAS DO BIPARTITO

O portavoz parlamentario do PPdeG considera que os herdeiros de Touriño carecen de autoridade moral para falar de emprego unha vez acreditado que “PSOE equivale sempre a paro e a crise, en Galicia e en Madrid”

Ler a nova completa | 30/04/2009

O PSOE converteu á TVG na televisión con máis manipulación e censura de Europa e critica agora a Feijóo por non defender o mesmo sectarismo que eles

Non hai precedentes en ningunha canle pública de doce condenas das Xuntas Electorais por falta de neutralidade

Ler a nova completa | 30/04/2009

O Comité de Dirección do PPdeG considera que a primeira semana da nova Xunta demostra que reducir altos cargos e dar paso a unha nova xeración “pódese facer se se quere facer”

Destaca que o PPdeG se sente plenamente identificado co proxecto do novo Goberno e fai unha valoración “positiva, pero cos pés na terra” 

Ler a nova completa | 29/04/2009

O PPdeG presentará un Manifesto Electoral para as Europeas coa vontade de que Galicia “recupere a súa presenza” nos foros de decisión da UE

A crise do sector lácteo é o exemplo de que é preciso dar un xiro ó papel da comunidade na Unión Europea

Ler a nova completa | 29/04/2009

O PPdeG PROPICIARÁ UN REXEITAMENTO UNÁNIME DO PARLAMENTO GALEGO EN CONTRA DA INSTALACIÓN DE PARQUES EÓLICOS MARIÑOS NO LITORAL DE GALICIA

Ruiz Rivas anuncia a presentación dunha proposición non de lei para instar á Xunta a que reclame do Goberno central un novo marco normativo que condicione a autorización dos parques eólicos mariños a un informe preceptivo da Comunidade autónoma ribeireña

Ler a nova completa | 29/04/2009

A DEMANDA DE SIGRE CONTRA SOGAMA E DANIGAL EVIDENCIA QUE PACHI VÁZQUEZ DEIXA UNHA “HERDANZA ENVELENADA” NA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Este novo proceso xudicial súmase ao regueiro de imputados na investigación xudical polo presunto delicto continuado contra o Medio Ambiente derivado dos vertidos tóxicos efectuados por Sogama na Areosa

Ler a nova completa | 28/04/2009

O PPdeG SOLICITA A COMPARECENCIA DA DIRECTORA XERAL DE SAÚDE PÚBLICA PARA QUE EXPLIQUE NO PARLAMENTO O DISPOSITIVO HABILITADO EN RELACIÓN COA GRIPE

Aplaude a política de “transparencia total” aplicada pola Consellería de Sanidade e considera preciso continuar nesa liña para transmitir tranquilidade e confianza á sociedade

Ler a nova completa | 28/04/2009

O PPdeG cre que Vázquez supón máis do mesmo para o PSOE pero convida ao seu novo líder a mudar as súas posicións e buscar consensos coa Xunta

Os populares móstranse prudentes valorando a presumible designación do ex conselleiro como novo secretario xeral dos socialistas, aínda que lembran que formou parte dun Goberno que a cidadanía reprobou

Ler a nova completa | 27/04/2009

O PPdeG cre que o PSOE perde con Vázquez o tren da renovación e lembra que o seu novo líder formou parte dun Goberno reprobado polas urnas

O ex conselleiro tapona o paso a unha nova xeración de políticos e, de non mudar as súas formulacións políticas, condenará ao seu partido a unha longa travesía polo deserto da oposición

Ler a nova completa | 27/04/2009

RUIZ RIVAS ACUSA A ZAPATERO DE BUSCAR “ESCUSAS DE MAL PAGADOR PARA SEGUIR ENGANANDO A GALICIA CUN NOVO RETRASO DO AVE”

O portavoz parlamentario do PPdeG recorda que o PSOE leva 5 anos no Goberno central, polo que a estas alturas só alguén con mala conciencia e peores intencións pode responsabilizar do novo retraso aos executivos do Partido Popular

Ler a nova completa | 27/04/2009

Vázquez validó a compra dun coche de medio millón de euros pero aínda así acusa de derrochador a quen reduce nun 47% o número de altos cargos

O líder do PSOE en Galicia ten a desvergoña de criticar a Feijóo dicindo que malgasta cando formou parte dun Goberno que dilapidou fortunas en satisfacer o gusto polo luxo do seu presidente e os seus conselleiros, incluído o do Medio Ambiente

Ler a nova completa | 27/04/2009

RUIZ RIVAS ACUSA AO PSOE DE BASEAR A SÚA OPOSICIÓN Á XUNTA EN “PARIDAS SOBRE PARIDADE” EN LUGAR DE ANALIZAR A OFERTA DE CONSENSO EFECTUADA POR FEIJÓO

“¿A qué xoga agora o PSOE?”, pregunta Ruiz Rivas despois de constatar que o bipartito tiña menos dun 40% de mulleres ocupando altos cargos

Ler a nova completa | 24/04/2009

O PSOE TRATA DE OCULTAR A CONVULSIÓN QUE ATRAVESA NAS VÉSPERAS DO SEU CONGRESO ATACANDO A COMPOSICIÓN DUN GOBERNO AO QUE TEME POLO ELEVADO PERFIL DOS CONSELLEIROS

Ruiz Rivas recorda que nin PSOE nin BNG amosaron interese algún pola paridade ao designar aos seus representantes na Mesa do Parlamento ou aos portavoces parlamentarios

Ler a nova completa | 22/04/2009

O GRUPO POPULAR DESIGNA AO PRESIDENTES DAS COMISIÓNS DO PARLAMENTO E DECÁNTASE POR PERSOAS CON ACREDITADA EXPERIENCIA PARLAMENTARIA

Mantén a tradición e reserva a Presidencia da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Presupostos, aos grupos da oposición na Cámara

Ler a nova completa | 15/04/2009

Feijóo nomeará conselleiro da Presidencia a Alfonso Rueda

O secretario xeral do PPdeG e director de campaña nas pasadas Eleccións autonómicas naceu en xullo de 1968  e conta cunha ampla experiencia previa na Administración

Ler a nova completa | 15/04/2009

Rueda: ‘Somos o partido que máis se preparou para o futuro e é necesario seguir actualizándose cada día para non perder este obxectivo’

O secretario xeral do PPdeG avoga por un Congreso rexional lonxe da autocomplacencia e baseado na autocrítica e na busca da mellora

Ler a nova completa | 13/04/2009

O PPdeG pregunta a Touriño porqué ocultó tres anos a situación de Hernández se como dí era irregular, se a coñecía por vínculos familiares

Tras coñecer a través dos medios de comunicación a relación dunha das empresas onde traballou Agustín Hernandez e o cuñado do presidente en funcións

Ler a nova completa | 13/04/2009

Hernandez cumpriu e cumpre a Lei de incompatibilidades

Lamenta a saída de tono do conselleiro de Presidencia e que intente poñer en dúbida a honorabilidade do deputado autonómico

Ler a nova completa | 08/04/2009

O PPdeG négase a que o bipartito trate de designarlle os interlocutores para o traspaso de poderes

O bipartito oculta a orde do día do Consello da Xunta de mañá e elude nomear interlocutores para avanzar en cuestións urxentes co argumento de que serán os conselleiros saíntes os que informen aos entrantes

Ler a nova completa | 08/04/2009

O CINISMO DO PSOE LÉVAOS A CRITICAR A UN DEPUTADO DO PPdeG POR INCOPORARSE A UNHA EMPRESA, COMO FIXERON CENTENARES DE DIRIXENTES SOCIALISTAS

Elena Salgado, nova vicepresidenta do Goberno central traballou no sector das telecomunicacións despois de ter sido secretaría xeral de Comunicacións, feito que o PSOE galego intenta obviar

Ler a nova completa | 07/04/2009

Feijóo buscará coas organizacións agrarias un paquete de medidas para tratar de paliar a grave situación do sector lácteo galego

Recoñece que a mala negociación das cotas lácteas condiciona a situación, pero agarda poder acodar un paquete de medidas a custo prazo para trasladalas ao Goberno central e a Bruxelas

Ler a nova completa | 06/04/2009

MANUEL RUIZ RIVAS REPETIRÁ COMO PORTAVOZ PARLAMENTARIO DO PPdeG NA VIII LEXISLATURA

Unha vez consultada a opinión dos deputados populares, o presidente do PPdeG tamén designa portavoces adxuntos a Susana López Abella e a Antonio Rodríguez Miranda

Ler a nova completa | 03/04/2009

O PPdeG solicita información para facilitar o traspaso de poderes

O goberno en funcións quedou en chamar a vindeira semana

Ler a nova completa | 03/04/2009

Feijóo anuncia a súa disposición a presentarse á reelección como presidente do PPdeG ‘con tanta ou máis ilusión que hai tres anos’

O presidente do PPdeG subliña a necesidade de contar con todos, ‘xa que precisamos a experiencia dos máis veteranos e do empuxe dos máis xóvenes’

Ler a nova completa | 03/04/2009


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408