Actualidade Parlamentaria do Parlamento de Galicia
Noticias do Parlamento de Galicia
2020-10-30T20:00:18Z http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/Contenidogal/rss/AnunciosRss.aspx Copyright (c) Parlamento de Galicia Sharepoint generator Parlamento de Galicia webmaster@parlamentodegalicia.gal Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 30 de outubro de 2020

 
A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 30 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 843 (11/PNC-000054)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego ante o Concello de Vigo para acadar a cesión do espazo para a edificación da futura biblioteca pública de Vigo e ante o Goberno central para que incorpore aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 unha partida específica para a súa construción

BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta:

 
1. Ao Goberno galego a reclamar o concello de Vigo que realice, coa maior brevidade posible, a cesión do espazo para a edificación da futura biblioteca pública de Vigo.

 
2. Ao Goberno galego a reclamar o Goberno central a incorporar aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 una partida específica para a construcción da futura biblioteca pública de Vigo, coas características e investimentos demandados pola Xunta de Galicia o informe de necesidades presentado ao Ministerio de Cultura."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 3095 (11/PNC-000350)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade en relación coa adquisición de máscaras hixiénicas para o alumnado máis vulnerable dos centros públicos de ensino e a súa distribución
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:

 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a regular os criterios e o procedemento de adquisición e distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado dos centros educativos de Galicia no curso 2020-21; co obxecto de ofrecer garantías xurídicas, lograr axilidade na aplicación da medida e evitar desigualdades entre os potenciais beneficiarios."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-30T14:02:00Z 2020-10-30T14:03:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3153/
O conselleiro maior do Consello de Contas entrega ao Parlamento de Galicia a Memoria Anual e os informes de fiscalización

- O Consello de Contas de Galicia entregou a súa Memoria correspondente ao ano 2019, 16 informes de fiscalización e un informe sobre prevención da corrupción

- Estes informes engádense aos presentados en decembro do ano pasado, de forma que ata a data téñense presentado un total de 19

- A Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2018

- Preto do 95% das entidades locais de Galicia remitiron as súas contas referidas a 2017

Santiago de Compostela, 30 outubro de 2020.-  O conselleiro maior do Consello de Contas entregou hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia a súa memoria e as súas contas correspondentes ao ano 2019 e os seguintes informes  que se atopan na páxina web da Institución (no apartado de informes e de prevención da corrupción):
Informes de fiscalización: http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
 
Informes xerais:

 Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2018, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación
 Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2018
 Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2018
 Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2018
 Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2018
 Informe de fiscalización do FCI, exercicio 2018
Informes específicos:
 Informe de fiscalización selectiva das fundacións do Sector Público Autonómico
 Informe de seguimento da fiscalización do endebedamento autonómico. Exercicios 2013-2017
 Informe de fiscalización dos gastos en bens correntes e servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma. Exercicio 2017
 Informe de fiscalización do Plan de Asistencia ao Ictus. Exercicios 2017-2018
 Informe de fiscalización da rendición da Conta Xeral das entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
 Informe de fiscalización dos recoñecementos extraxudiciais de crédito aprobados polas entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
 Informe de fiscalización selectiva do Concello de Carballo. Exercicios 2013-2017
 Informe de fiscalización selectiva do Concello de Porriño. Exercicios 2017-2018
 Informe de fiscalización selectiva da entidade local menor de Bembrive. Exercicio 2015
 Informe de seguimento de recomendacións das entidades locais de Galicia. Exercicio 2019
 
A esta remisión engádese a realizada o 20 de decembro de 2019 do Informe de fiscalización sobre a actuación das entidades locais de Galicia de máis de  10.000 habitantes en materia medioambiental, exercicios 2017-2018.

Informes e actuacións en materia de prevención da corrupción: http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/corrupcion/actuacions

 Informe de sobre a avaliación da transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma Galega
 
A esta remisión engádese á realizada o 20 de decembro de 2019 do Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración Xeral, exercicio 2018.
 
Memoria de actividades 2019
 
A memoria de actividades inclúe información sobre a actividade de fiscalización, de prevención da corrupción e consultiva, e recolle a información estatística sobre os seguimento das recomendacións efectuadas ao sector público autonómico e local.
 
Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade
Autónoma 2018
 
O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma contén a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas, declarando que dita conta reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2018, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.
 
Rendición das entidades locais
 
A data de peche do informe (marzo 2020) do total de entidades locais de Galicia, o 94,46% remitiron as súas contas referidas a 2018 ao Consello de Contas, considerándose rendidas sen defectos o 91,68%. Das contas rendidas, as correspondentes a 107 entidades foron remitidas fóra de prazo (29,67%).
 
Cabe destacar que os ingresos e gastos por habitante do conxunto dos concellos galegos representan, respectivamente, o 78,80% e o 78,96% da media española.
 
Toda a información relativa á rendición de contas está dispoñible na web do Consello de Contas, na que se poñen a disposición dos usuarios a utilización de distintos filtros.
Informes específicos
 
Cabe destacar a remisión do segundo informe en materia de prevención da corrupción que aborda un estudo sobre a transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-30T13:11:00Z 2020-10-30T13:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3151/
A presidenta da Liga Reumatolóxica Galega explica a Santalices as liñas de traballo da entidade

 
• Relataron os problemas destes enfermos na súa vida diaria e convidaron ao presidente do Parlamento a simular, cunha férula, as dificultades derivadas da rixidez articular
 
Santiago, 30 de outubro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, entrevistouse esta mañá con Ana Isabel Vázquez Lojo, presidenta da Liga Reumatolóxica Galega, que, acompañada por outros integrantes da entidade, lle explicou as diferentes liñas de traballo que impulsa esta entidade e as dificultades cotiás destes enfermos.
 
Para explicar mellor estes problemas, convidaron ao presidente do Parlamento a comprobar en primeira persoa as dificultades que implica a rixidez articular na vida cotiá.
Accións como tomar un café ou escribir entrañan unha enorme dificultade para moitas das persoas afectadas pola rixidez articular.
 
Durante o encontro, que se celebra na recta final da campaña “Outubro, mes das enfermidades reumáticas”, o presidente do Parlamento reiterou o seu apoio a esta e ás restantes organizacións que apoian ás persoas afectadas por patoloxías reumáticas. Santalices ofreceu a Vázquez Lojo a dispoñibilidade do Parlamento de Galicia para colaborar na organización de actividades de concienciación sobre as patoloxías reumatolóxicas na sede do Lexislativo galego.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-30T13:00:00Z 2020-10-30T13:59:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3150/
Acordos da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas celebrada o 27 de outubro de 2020

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 27 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos relativos a outras institucións e órganos
 
Consello de Contas: Programa Anual de Traballo
 
Aprobación das recomendacións pola Comisión
 
- 60307 (10/CPAT-000004)
Conselleiro Maior do Consello de Contas
Sobre remisión do Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia, para o ano 2020
BOPG n.º 582, do 27.12.2019
 
Recomendación núm. 1
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a manter con carácter periódico os Informes sobre a Actividade Económico-financeira das Entidades Públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.
 
Recomendación núm. 2
 
O Parlamento de Galiza insta ao Consello de Contas a dar continuidade á súa fiscalización sobre Povisa para recoller o impacto dos sucesos acontecidos a partir do ano 2019.
 
Recomendación núm. 3
 
O Parlamento galego recomenda ao Consello de Contas un informe específico sobre o emprego de recursos privados ao servizo do sistema público de saúde durante a declaración de Estado de Alarma por mor da covid-19.
 
Recomendación núm. 4
 
O Parlamento galego recomenda ao Consello de Contas que proceda á elaboración dun informe que avalíe o impacto da pandemia da COVID-19 na contratación pública de servizos, particularmente no ámbito sanitario, asistencial e de emerxencias.
 
Recomendación núm. 5
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre a empresa pública Sogama, de tal xeito que se analice a contratación e as accións do actual socio privado, a obtención de importantes beneficios na xestión destes servizos públicos, así como as posibilidades e o custe para a Administración autonómica de aumentar substancialmente a participación pública ata poder alcanzar, no seu caso, a totalidade do seu accionarado.
 
Recomendación núm. 6
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas elaborar unha proposta sobre modificacións na estrutura orzamentaria para que a información contable permita recoñecer os diferentes compoñentes do gasto farmacéutico e a súa análise específica como elemento determinante e de representatividade significativa do gasto sanitario.
 
Recomendación núm.7
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas a realizar un informe de fiscalización sobre a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
 
Recomendación núm. 8
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre o destino dos ingresos recibidos do Estado para sanidade e educación debidos á xestión da pandemia da Covid-19.

Memoria Anual do Consello de Contas
 
Aprobación das recomendacións
 
- 52969 (10/MCON-000003)
Consello de Contas
Memoria e Contas anuais correspondentes ao exercicio 2018
BOPG n.º 518, do 06.08.2019
 
Recomendación núm. 1
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a manter con carácter periódico os Informes sobre a Actividade Económico-financeira das Entidades Públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.
 
Recomendación núm. 2
 
O Parlamento de Galiza insta ao Consello de Contas a dar continuidade á súa fiscalización sobre Povisa para recoller o impacto dos sucesos acontecidos a partir do ano 2019.
 
Recomendación núm. 3
 
O Parlamento galego recomenda ao Consello de Contas un informe específico sobre o emprego de recursos privados ao servizo do sistema público de saúde durante a declaración de Estado de Alarma por mor da covid-19.
 
Recomendación núm. 4
 
O Parlamento galego recomenda ao Consello de Contas que proceda á elaboración dun informe que avalíe o impacto da pandemia da COVID-19 na contratación pública de servizos, particularmente no ámbito sanitario, asistencial e de emerxencias.
 
Recomendación núm. 5
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre a empresa pública Sogama, de tal xeito que se analice a contratación e as accións do actual socio privado, a obtención de importantes beneficios na xestión destes servizos públicos, así como as posibilidades e o custe para a Administración autonómica de aumentar substancialmente a participación pública ata poder alcanzar, no seu caso, a totalidade do seu accionarado.
 
Recomendación núm. 6
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas elaborar unha proposta sobre modificacións na estrutura orzamentaria para que a información contable permita recoñecer os diferentes compoñentes do gasto farmacéutico e a súa análise específica como elemento determinante e de representatividade significativa do gasto sanitario.
 
Recomendación núm.7
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas a realizar un informe de fiscalización sobre a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
 
Recomendación núm. 8
 
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre o destino dos ingresos recibidos do Estado para sanidade e educación debidos á xestión da pandemia da Covid-19.

Procedementos de control económico e orzamentario
Consello de Contas. Informe de fiscalización
 
Aprobación do ditame e das propostas de resolución pola Comisión
 
- 52969 (10/ICON-000004)
Consello de Contas
Informes de fiscalización
BOPG n.º 5, do 20.08.2020
 
- Proposta de resolución núm. 1 do G.P. Popular de Galicia
 
Apróbase a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2017.
 
- Proposta de resolución núm. 2 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar dando cumprimento efectivo ás recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia nos seus Informes de Fiscalización.
 
- Proposta de resolución núm. 3 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á xunta de Galicia e ás Entidades Locais a avanzar decididamente na prevención da corrupción de acordo coas recomendacións emitidas polo Consello de Contas de Galicia
 
- Proposta de resolución núm. 4 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a aproveitar a reforma da lexislación en materia de réxime orzamentario operada a través do artigo 9 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, para incluír na próxima rendición da Conta Xeral unha memoria cun contido máis axustado ás recomendacións do Consello de Contas.
 
- Proposta de resolución núm. 5 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar mellorando o investimento per cápita en sanidade e a mantelo por riba da media española, así como a manter a Galicia entre as comunidade autónomas que maior porcentaxe do seu PIB dedican á sanidade pública tal e como, tanto o Consello de Contas e o Ministerio de Sanidad, nos seus informes, acreditan que fixo no exercicio 2017.
 
- Proposta de resolución núm. 6 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a manter o control sobre o gasto do SERGAS en actividade concertada con medios alleos, mantendo o gasto real neste concepto en todo caso por debaixo do 6% do total do gasto real do SERGAS, tal e como o Consello de Contas acredita nos seus informes que leva acontecendo desde 2009.
 
- Proposta de resolución núm. 7 do G.P. Popular de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a completar a adaptación dos contratos de prestación de servizos sanitarios á nova lexislación en materia de contratos, estendendo os acordos marco de prestación sanitaria que xa foron formalizados nos últimos anos en varias áreas sanitarias ata acadar a cobertura do total do territorio galego, así como a mellorar o control interno destes contratos e dos concertos singulares como o do hospital POVISA a través dos novos servizos administrativos de control creados na nova estrutura orgánica do SERGAS aprobada mediante o Decreto 137/2019, coa fin de facer seguimento da execución destes contratos, identificar aspectos de mellora e analizar as reclamacións presentadas.
 
- Proposta de resolución núm. 8 transaccionada do G.P. do Bloque Nacionalista Galego
 
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a avanzar no compromiso de cumprimento das recomendacións contidas nos informes de fiscalización do sector público de Galicia que conteñen a fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de 2017.
 
- Proposta de resolución núm. 9 transaccionada do G.P. do Bloque Nacionalista Galego
 
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a cumprir as recomendacións pendentes que se reiteran no último Informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial (Exercicio 2017) e que xa se incluían no anterior.
 
- Proposta de resolución núm. 10 transaccionada do G.P. dos Socialistas de Galicia
 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a coordinarse coas deputacións provinciais para reforzar as medidas de coordinación e información coas entidades locais, coa finalidade de incrementar a súa participación no financiamento de proxectos no marco europeo, nomeadamente daqueles concellos con menores posibilidades por falta de medios materiais ou humanos.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020
 
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-28T11:07:00Z 2020-10-28T11:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3149/
A conselleira de Medio Ambiente entrega a memoria das Directrices de Ordenación do Territorio ao presidente do Parlamento


 

Santiago, 26 de outubro de 2020.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento a memoria das Directrices de Ordenación do Territorio, correspondente ao ano 2019.
 
Deste xeito, dase cumprimento ás previsións normativas contempladas no artigo 11 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 176/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o Plan de Seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-26T10:16:00Z 2020-10-26T10:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3148/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 21 de outubro de 2020


 
4.1 728 (11/PNP-000036)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 13 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dos cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que acometa, canto antes, os cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da COVID-19 con plenas garantías e seguridade xurídica”.
 
4.2 850 (11/PNP-000056)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 14 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se restablezan todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola covid-19, tanto nas conexións interiores na propia comunidade galega como nas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas, e para que se lles poida ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020

4.5 2403 (11/PNP-000235)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos servizos ferroviarios suprimidos con motivo do estado de alarma e a modernización e mellora da rede ferroviaria de Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo en materia ferroviaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que:
 
1.- Restableza todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver coas conexións interiores na propia Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nomeadamente coas cidades de Barcelona e Madrid, ofrecendo servizos acordes ao incremento da demanda por parte dos usuarios. 
 
2. Incremente o cadro de persoal de maquinistas e dote do persoal necesario aos servizos ferroviarios que se prestan nestas liñas co obxectivo de ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios.
 
3. Un plan extraordinario de investimentos para a modernización e mellora da rede ferroviaria galega que inclúa con carácter prioritario as seguintes liñas:
- Ourense-Lugo
- Lugo Coruña-Ferrol
- Coruña-Ferrol
- Ferrol-Ribadeo
- Vigo-Ourense
- Vigo-Porto”.
 
4.3 966 (11/PNP-000072)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co previsible inicio das competicións deportivas federadas non profesionais en Galicia e as exixencias sanitarias derivadas da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Aprobar unha liña específica de subvencións dirixida a clubes federados de ámbito autonómico, para facer fronte ás esixencias sanitarias derivadas da covid-19.
 
2. Dirixirse ao Consejo Superior de Deportes para que posibilite os mecanismos de axuda e financiamento para o sector deportivo non profesional de ámbito estatal”.

4.4 2375 (11/PNP-000231)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa situación de Alcoa en San Cibrao, a aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo e a creación dunha tarifa eléctrica galega.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central as seguintes actuacións:
 
1.-  Aprobar de forma inmediata e sen máis dilacións un Estatuto do Consumidor electrointensivo que realmente supoña unha solución para o sector da industria electrointensiva, é dicir, que garantice un prezo estábel, predicíbel e asumíbel. Para iso, será necesario mellorar o borrador presentado, actuando sobre a peaxe de transporte, cunha bonificación do 100% e tamén coa subida ao 100% a bonificación dos cargos xa previstos e complementariamente elevando ao máximo  permitido a compensación por CO2.
 
2.- A adoptar cantas medidas sexan necesarias á maior brevidade posible, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venda a un inversor privado que garantice un proxecto industrial viable, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao”.
 
4.6 2469 (11/PNP-000244)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de posibilitar a reversión aos concellos da titularidade dos terreos portuarios, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente e sexan susceptibles de utilización municipal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a abrir un procedemento normativo que permita a negociación bilateral voluntaria dos concellos coa entidade Portos de Galicia para, nos formatos e medidas que ambas administracións acorden, ofrecer a posibilidade de reverter a titularidade de terreos portuarios cara os concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa  residual ou inexistente e teñan posibilidades de utilización municipal”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-21T14:12:00Z 2020-10-21T14:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3147/
Declaración institucional do Parlamento de Galicia con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza 2020

 
No Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o Parlamento de Galicia e as deputadas e deputados que representamos á cidadanía galega queremos reiterar o noso compromiso unánime coa necesidade de seguir avanzando na loita contra a pobreza e a exclusión social, na que no ano 2019 se atopaba o 24,3 % da poboación galega.
 
Somos conscientes de que hoxe este dato é unha aspiración optimista. A nova lexislatura comeza cunha emerxencia sanitaria e social que empobrecerá a milleiros de galegas e galegos se non hai un compromiso político e orzamentario da Xunta de Galicia e dos concellos e deputacións.
 
Sabemos que a crise sanitaria da covid-19 afectou e está a afectar de xeito significativo as persoas e familias cos ingresos máis baixos, con traballos precarios e baixa intensidade laboral e con outros factores de risco como a discapacidade, monoparentalidade, violencia machista (en especial por prostitución, trata ou explotación sexual), etnia, persoas maiores ou con dependencia, poboación rural, migrantes ou refuxiadas. Trátase especialmente de mulleres, mocidade, nenos e nenas. Pero os impactos socioeconómicos non só se fan notar nunha intensificación da vulnerabilidade daquelas persoas que xa a atopaban con anterioridade, senón que as circunstancias sobrevidas están a levar a unha situación de serio risco de pobreza a persoas que non o experimentaran ata o momento. 
 
Queremos recoñecer de novo o esforzo, a solidariedade e o civismo da cidadanía galega. Nos peores anos da crise económica e agora na emerxencia provocada pola pandemia. Sabemos da súa vulnerabilidade e temor pola situación.
 
Este exemplo interpélanos e obríganos a seguir avanzando nun modelo social no que non se permita deixar ninguén á marxe, e no que dende os poderes públicos se garanta a loita contra a desigualdade, os dereitos constitucionais e a inclusión social. Reiteramos o noso compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas, asumidos polo Estado español e as comunidades autónomas. En especial co primeiro, no que se establece que “Para 2030, reducir polo menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos de todas as idades que viven na pobreza”.
 
A recuperación económica permitiu recuperar políticas e orzamentos de rendas mínimas, inclusión social, emprego ou vivenda. Non podemos permitirnos frear os esforzos para garantir o dereito a unha vida digna ás galegas e galegos.  Cremos vital para o futuro demográfico de Galicia evitar a transmisión interxeracional da pobreza e que o 80 por cento das nenas e nenos que hoxe viven en familias na pobreza estean condenados a sufrila o resto da súa vida, así como as súas fillas e fillos.
 
Queremos ter presentes as demandas das propias persoas en situación de pobreza, reivindicadas baixo lemas como «As persoas primeiro» ou «Somos persoas, non expedientes»: loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade desde unha óptica afastada do asistencialismo e que asegure a inclusión social; compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo; e coordinación política e técnica entre as administracións e as organizacións especializadas que reduza drasticamente a burocracia.
 
Conmemoramos este día cando asistimos ao aumento de discursos interesados de odio e desprezo ás persoas mais vulnerables. A fenómenos de racismo, xenofobia, machismo, LGTBIfobia ou aporofobia (odio ás persoas en pobreza). Pero de novo temos que agradecerlle á cidadanía galega a súa lección de respecto e tolerancia para que estes discursos políticos apenas teñan presenza na nosa comunidade.
 
As persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais.
 
Tampouco o son da súa exclusión as persoas con discapacidade, migrantes, refuxiadas ou da comunidade xitana, as mozas e mozos tutelados ou as persoas privadas de liberdade.
 
Ninguén é culpable do seu sufrimento. Non o son as mulleres vítimas de violencia machista. Nin pola súa orientación ou identidade sexual.
 
Ningunha persoa é inútil, xa sexa moza, desempregada, xubilada ou se atope sen fogar, todas son quen de achegar ao crecemento, enriquecemento e cohesión da sociedade.
 
As persoas que sofren e denuncian estas e outras moitas mentiras ou as que afirman que «o máis perigoso dos prexuízos é cando ti mesmo os cres» non están soas.
 
Os poderes públicos temos a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.
 
Temos tamén o compromiso de difundir e poñer o foco nas experiencias positivas e nos exemplos maioritarios de harmonía e convivencia normalizada, loitando contra a desinformación e evitando a instrumentalización ou as visións distorsionadas das persoas que viven situacións de exclusión social. 
 
Nin a pobreza nin a exclusión social se combaten de xeito individual. É un obxectivo que implica ao conxunto da sociedade, e é a nosa responsabilidade contribuír, desde diferentes ámbitos, intensidades e formas, a que o academos.
 
Neste Día Internacional para a Erradicación da Pobreza facemos un chamamento para non caer na ignorancia dos prexuízos, e de seguir avanzando na inclusión urxente das persoas que non se atopan en igualdade de condicións para a consecución dunha vida digna.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-20T11:29:00Z 2020-10-20T11:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3146/
Normas de funcionamento da Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19

Normas de funcionamento da Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19
 
(aprobadas pola Comisión o día 19 de outubro de 2020)
 
I.- Obxecto e duración
 
Artigo 1
 
A Comisión créase co obxecto de estudar, analizar e realizar propostas de actuación política con base na experiencia da xestión dos últimos meses e dirixidas á reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise orixinada pola pandemia da covid-19, coa finalidade de protexer á cidadanía fronte á crise e promover o progreso da comunidade.
 
Artigo 2
 
A Comisión créase para a concreta función de estudio prevista no artigo 1 e extinguirase ao remate do labor encomendado e, en todo caso, ao concluír a lexislatura.
II.- Organización

Artigo 3
 
A Mesa é o órgano de goberno da Comisión e terá as seguintes atribucións:
 
a)  Recompilar todo tipo de información sobre o obxecto da Comisión. Esta información deberá estar a disposición dos membros da Comisión á maior brevidade posible.
b)  Organizar as actividades que se consideren necesarias para dotar a Comisión de toda a información que sexa de interese para a elaboración do ditame.
c)  Preparar os documentos que deban ser sometidos á deliberación da Comisión.
d)  Propoñerlle á Comisión un Plan de traballo, escoitadas as persoas portavoces dos grupos parlamentarios presentes na Comisión e unha vez remitidos por aquelas as correspondentes propostas de plan de traballo.
e)  Executar os acordos tomados pola Comisión.
f)  Aquelas que en calquera momento lle asigne a Comisión.
 
III.- Funcionamento
 
Artigo 4
 
A Comisión será convocada pola súa presidencia, oída a súa Mesa e de acordo coa Presidencia do Parlamento, por iniciativa propia, a petición de dous grupos parlamentarios ou dunha quinta parte das deputadas e dos deputados da Comisión.
 
Artigo 5
 
1.- A Comisión e a súa Mesa entenderanse validamente constituídas cando asistan a metade máis un das deputadas e dos deputados pertencentes a estes órganos.
2.- Os acordos adoptaranse por maioría.
 
IV.- Medios de acción
 
Artigo 6
 
A Comisión poderá exercer as facultades previstas no artigo 44.1 do Regulamento da Cámara. Estas facultades, atribuídas á Comisión no seu conxunto, poderán delegarse na súa Mesa, ao abeiro do disposto na resolución da Mesa do Parlamento do 11 de abril de 1986.
 
Artigo 7
 
A Comisión aprobará un plan de traballo, no que figurará o calendario xeral de actividades, para o cal se establecerá unha duración de tres meses, debendo rematar tal labor antes de que remate o mes de xaneiro de 2021.
 
V.- Ditame
 
Artigo 8
 
A Comisión aprobará un proxecto de ditame que conterá as conclusións ás que chegue.
 
Artigo 9
 
Se a Comisión designara unha ponencia, esta elaborará o proxecto de ditame.
 
Artigo 10
 
Redactado o proxecto de ditame, remitirase á Comisión para o seu debate e, se é o caso, a súa aprobación.
 
Artigo 11
 
As deputadas e os deputados da Comisión poderán presentar emendas ao proxecto de ditame dentro dos cinco días hábiles seguintes a súa remisión.
 
Artigo 12
 
O proxecto do ditame coas emendas presentadas será obxecto de debate no seo da Comisión, para a súa aprobación definitiva por aquela.
 
Artigo 13
 
Os grupos parlamentarios e as deputadas e os deputados da Comisión poderán formular votos particulares ao ditame cando discrepasen do seu contido. Os votos particulares deberán presentarse á Mesa da Comisión dentro dos cinco días hábiles seguintes á finalización do ditame.
 
Artigo 14
 
1.- O ditame cos votos particulares que houbese seranlles remitidos á Mesa do Parlamento, nos cinco días hábiles seguintes á súa terminación, para os efectos da súa tramitación e aprobación no Pleno, se fose procedente.
 
2.- O ditame cos votos particulares que houbese, serán publicados no BOPG.
 
Disposición derradeira
 
En todo o non previsto nestas normas aplicarase supletoriamente o Regulamento do Parlamento de Galicia.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-19T16:26:00Z 2020-10-19T16:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3145/
Visita protocolaria do novo comisario da Policía Autonómica ao Parlamento de Galicia

 

Santiago, 19 de outubro de 2020.- O comisario xefe da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena, efectuou hoxe unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante a reunión, que se produce pouco despois da toma de posesión de Rubal Pena  como responsable da Policía Autonómica, o presidente do Parlamento desexoulle éxito neste novo cometido e expresoulle o seu agradecemento polo labor que desenvolven os axentes da unidade.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-19T13:10:00Z 2020-10-19T13:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3144/
EAPN Galicia entrega ao presidente do Parlamento unha proposta de declaración institucional e as conclusións dun encontro sobre a pobreza


Santiago, 19 de outubro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara á presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto López, acompañada polo vicepresidente e pola tesoureira da organización, Daniel Bóveda Castro e Patricia Blanco Riveiro.
 
No encontro, a delegación de EAPN Galicia entregou ao presidente do Parlamento unha proposta de declaración institucional con motivo do Día Internacional para erradicación da pobreza, que se celebrou o 17 de outubro, así como as conclusións do XI Encontro de Participación de persoas en pobreza que tivo lugar recentemente.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-19T10:48:00Z 2020-10-19T10:52:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3143/
Acordos da Comisión 8ª., Pesca e Marisqueo, celebrada o 16 de outubro de 2020

 
A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de elección, designación e proposta
nomeamento

Elección membros da Mesa
 
Elección de vicepresidente

- 2730 (11/CEEM-000021)
Don José Alberto Pazos Couñago (P)

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 800 (11/PNC-000049)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 13 máis
Sobre a petición da Xunta de Galicia ao Goberno central para que propoña en Bruxelas un plan de recuperación da cigala para o golfo de Biscaia e augas ibéricas
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta de Galicia a reclamar do Goberno central que leve a propoñer en Bruxelas un Plan de Recuperación da Cigala para o Golfo de Biscaia e augas ibéricas que contemple os seguintes aspectos:
 
- Establecemento dun TAC anual que permita a apertura e explotación da pesquería en condicións sostibles e acordes cunha análise rigorosa do estado do recurso.
 
- Adecuación de medidas técnicas de explotación que acompañen esta apertura, de xeito que se materialice a vontade de adecuación ao estado do recurso que o sector ten. Entre outras, sería conveniente o establecemento dun límite máximo de capacidade e  esforzo pesqueiro, de vedas espazo-temporais para a protección das femias reprodutoras, maior supervisión dos desembarques de cigala, así como o establecemento dun procedemento para a mellora da recompilación de datos científicos e dun procedemento para a revisión anual da poboación da cigala”.

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 1363 (11/PNC-000125)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións precisas para solucionar a problemática que está a xerar a diminución dos recursos pesqueiros na Pobra do Caramiñal, a consecuencia da modificación da dinámica das correntes mariñas
BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a poñer en marcha de inmediato  todas as actuacións que sexan precisas para  analizar posibles solucións á situación do porto da Pobra pola modificación da dinámica das correntes mariñas, e a avaliar entre elas a apertura definitiva de varias canles de corrente no peirao comercial, de xeito que favorezan o desenvolvemento do marisco nas concesión de O Areal e Os Raposiños”.

- 2298 (11/PNC-000228)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a recuperación da produción marisqueira da ría de Ferrol, así como a protección social e económica das persoas mariscadoras
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego e este ao central a iniciar de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da producción marisqueira na ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellería do Mar e a estación de bioloxía mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social das mariscadoras e mariscadores, pactadas co sector."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-16T15:22:00Z 2020-10-19T16:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3142/
Campaña de sensibilización sobre a vacinación antigripal no Parlamento de Galicia

Santiago, 14 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá unha xornada de animación á vacinación antigripal que contou coa participación do presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira; o conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, así como deputadas e deputados dos tres grupos parlamentarios.
A xornada, organizada por iniciativa do presidente do Parlamento, xurdiu para colaborar na concienciación da sociedade respecto á importancia da vacinación antigripal, máxime no actual contexto da covid-19.
Tanto o conselleiro de Sanidade como o presidente do Parlamento agradeceron a participación das deputadas e deputados neste acto de concienciación e animaron ao conxunto da sociedade a seguir os exemplo dos seus representantes políticos.
Santalices insistiu en que a posible coincidencia  da gripe e da covid-19 fai especialmente útil a campaña de vacinación antigripal deste ano de cara a evitar que as dúas doenzas se solapen e para que, “aínda que temos un sistema sanitario robusto”, este “non sufra tensións”. “Se estamos vacinados –afirmou Santalices- o risco de ter que acudir ao hospital é moito menor”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-14T13:02:00Z 2020-10-14T13:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3141/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 20 de outubro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de outubro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de outubro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1.  Solicitudes de creación de comisións de investigación
 
1.1       Das deputadas e dos deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX lexislatura e retomados sen conclusión na X lexislatura (doc. núm. 2616, 11/SCI-000002)
 
 1.2     Das deputadas e dos deputados do G.P. Popular de Galicia, para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX e X Lexislatura  (doc. núm. 3391, 11/SCI-000003).
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 1411 (11/CPP-000005)
 Do Sr. conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
2.2 1417 (11/CPP-000011)
 Da Sra. conselleira de Política Social, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Punto 3. Mocións
 

3.1 3196 (11/MOC-000002)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nas residencias privadas de persoas maiores. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1435, publicada no BOPG n.º 15, do 16.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
 
3.2 3383 (11/MOC-000003)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no ensino. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 961, publicada no BOPG n.º 11, do 04.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
 
3.3 3395 (11/MOC-000004)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos incendios forestais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 1966, publicada no BOPG n.º 19, do 22.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
 
3.4 3396 (11/MOC-000005)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 828, publicada no BOPG n.º 11, do 04.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
 
3.5 3397 (11/MOC-000006)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luís Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemas detectados na implementación do protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 465, publicada no BOPG n.º 9, do 02.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 06.10.2020)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 728 (11/PNP-000036)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 13 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dos cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
4.2 850 (11/PNP-000056)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 14 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se restablezan todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola covid-19, tanto nas conexións interiores na propia comunidade galega como nas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas, e para que se lles poida ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
4.3 966 (11/PNP-000072)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co previsible inicio das competicións deportivas federadas non profesionais en Galicia e as exixencias sanitarias derivadas da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
4.4 2375 (11/PNP-000231)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa situación de Alcoa en San Cibrao, a aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo e a creación dunha tarifa eléctrica galega.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
4.5 2403 (11/PNP-000235)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos servizos ferroviarios suprimidos con motivo do estado de alarma e a modernización e mellora da rede ferroviaria de Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo en materia ferroviaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
4.6 2469 (11/PNP-000244)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de posibilitar a reversión aos concellos da titularidade dos terreos portuarios, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente e sexan susceptibles de utilización municipal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 1686 (11/INT-000092)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa garantía da asistencia sanitaria á cidadanía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
5.2 2246 (11/INT-000129)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa distribución das transferencias non finalistas aos concellos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
5.3 2817 (11/INT-000163)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa contratación de profesionais sanitarios para afrontar a covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 3401 (11/POPX-000005)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego do Auto ditado pola Audiencia Nacional o día 1 de outubro de 2020, respecto da fusión das caixas de aforro
 
6.2 3402 (11/POPX-000006)
      Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego 
                 Sobre as actuacións previstas para blindar as residencias de persoas maiores
                 diante da covid-19
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
  
7.1 2603 (11/POP-000318)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 6 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da ruptura das negociacións para a venda das plantas de Alcoa na Mariña lucense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
7.2 3398 (11/PUP-000076)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Seco García, Martín
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia diante da crise da planta de Alcoa en San Cibrao

7.3 3399 (11/PUP-000077)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto do uso de todas as súas competencias para facer respectar os acordos de mantemento da actividade, emprego e investimentos nos centros de XEAL-Ferroatlántica de Cee e Dumbría e nas centrais hidroeléctricas
 
7.4 925 (11/POP-000272)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre as medidas concretas que adoptou a Xunta de Galicia para axudar os traballadores afectados por un ERTE
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 2.09.2020
 
7.5 1591 (11/POP-000124)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
 Sobre as razóns da ligazón da área de Igualdade á de Emprego na nova consellaría creada na Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
7.6 2839 (11/POP-000343)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para defender os postos de traballo da empresa Maderas Iglesias, do Porriño
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
7.7 721 (11/POP-000227)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 6 máis
 Sobre cal é a avaliación do funcionamento, a actividade e o resultado das medidas de prevención da covid-19 implantadas a través da creación do rexistro de viaxeiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 2.09.2020
 
7.8 2645 (11/POP-000312)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
 Sobre as actuacións xudiciais que se están a levar a cabo no Centro Tecnolóxico da Carne
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
7.9 2680 (11/POP-000319)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre a posición do Goberno galego respecto da ampliación dos servizos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia ás fins de semana e festivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-13T18:21:00Z 2020-10-13T18:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3140/
Santalices convida a ANFACO-CECOPESCA a trasladar propostas á comisión de reactivación do Parlamento

 
 
Santiago, 9 de outubro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía en Vigo no acto de entrega das Medallas de ANFACO-CECOPESCA 2020, onde convidou a esta organización e aos seus asociados a trasladar as propostas do sector aos diferentes órganos da Cámara.
 
Santalices recordou que estas propostas poden resultar especialmente interesantes tanto para a Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19, constituída onte, como para a Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo.
 
A Lexislatura das persoas
 
O titular da Cámara galega reiterou que a Lexislatura recentemente constituída deberá ser a das persoas, o que obriga aos diferentes grupos parlamentarios a buscar puntos de encontro, máxime nun escenario marcado pola covid-19, no que á crise sanitaria se suma a crise social e económica derivadas da pandemia.
 
Insistiu Santalices en que o Parlamento e os seus 75 deputados e deputadas teñen a obriga de facerse presentes no día a día da sociedade galega, ao tempo que animou á cidadanía a achegarse á Cámara a través dos diferentes mecanismos de participación habilitados.
 
Recordou que o Parlamento de Galicia recibiu, no ano 2017,  a Medalla de Ouro de ANFACO-CECOPESCA como recoñecemento ao labor da institución.
 
No acto celebrado este mediodía no Círculo de Empresarios de Galicia, o presidente do Parlamento entregou unha das medallas de bronce de ANFACO-CECOPESCA a Visitación Cancela Rodriguez, traballadora de Calvo Conservas desde 1972. Tamén recibiron cadansúa medalla de bronce Ángeles Santos Tubío, traballadora de Jealsa desde 1974; e Josefa Costa Nieto, traballadora de Calvo Conservas desde 1971. A Medalla de Prata desta edición correspondeu a Clara Eugenia Aguilera García, eurodeputada e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo; mentres que a Medalla de Ouro foi outorgada á Axencia Galega de Innovación.
O acto foi presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-09T15:48:00Z 2020-10-09T18:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3139/
Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 9 de outubro de 2020

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 9 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 2110 (11/PNC-000205)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co labor desenvolvido por todas as persoas e institucións que denunciaron o espolio e participaron na recuperación para o patrimonio público do pazo de Meirás, así como a demanda que debe formular o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego acorda como resolución facer un recoñecemento público do labor realizado por todas as persoas e entidades que durante décadas e nomeadamente nos últimos anos denunciaron o espolio e participaron no proceso de recuperación do Pazo de Meirás
 
Asemade, o Parlamento insta o goberno galego a solicitar o goberno do Estado que pida a execución provisional da sentenza do xulgado de primeira instancia da Coruña que establece que o Pazo de Meriás forma parte do patrimonio público”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-09T14:26:00Z 2020-10-09T14:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3138/
Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 8 de outubro de 2020

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 8 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 794 (11/PNC-000047)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a exixencia da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado do cumprimento, co cofinanciamento do 50%, da Lei de dependencia
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a esixir do Goberno do Estado que cumpra co cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia así como a pagar a contía adebedada a Galiza desde a entrada en vigor da devandita lei, para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa.
 
Así mesmo, o Parlamento insta a Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias para reducir a listaxe de agarda e o tempo de tramitación dos expedientes relativos á Lei de dependencia até cumprir cos prazos máximos establecidos na lexislación vixente.”
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 1945 (11/PNC-000186)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a presentación por parte da Xunta de Galicia dun informe cos resultados definitivos do estudo serolóxico autonómico en relación coa covid-19
BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a presentar un informe cos resultados definitivos do estudo serolóxico da Xunta de Galicia, con datos abertos e con plena disposición de consulta para calquera que o precise.”
 
- 2449 (11/PNC-000253)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, no actual período de sesións, do plan de saúde mental anunciado polo presidente da Xunta de Galicia no debate de investidura. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a que presente no Parlamento galego no actual período de sesións o Plan de Saúde Mental anunciado polo Presidente da Xunta e que no mesmo se contemple a dotación orzamentaria, persoal, cronograma de aplicación e avaliación, para poñer fin á desplanificación e dano á saúde e aos recursos sanitarios e sociais realizados nos últimos once anos.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-08T14:22:00Z 2020-10-08T14:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3137/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de outubro de 2020

5.3 1841 (11/PNP-000170)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e á Comisión Europea en relación co impacto para a frota pesqueira de Galicia da decisión de inserir o marraxo dientuso no Apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas da Fauna e Flora Silvestres, CITES
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central e da Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo dientuso que non leven ao quebranto económico da frota e que teña en conta todas as medidas de xestión sostible que as diferentes ORP e a UE teñen adoptado en favor desta especie.”
 
5.4 1932 (11/PNP-000177)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de recuperar para o patrimonio público as esculturas do Mestre Mateo, en poder da familia Franco, pertencentes ao Concello de Santiago de Compostela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Pleno do Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
1.- Proseguir o camiño aberto da recente sentenza sobre o Pazo de Meirás, froito do traballo coordinado da iniciativa social e das institucións, co obxecto de investigar e documentar o espolio das estatuas de Xeremías/Abraham e Ezequiel/Isaac declaradas BIC e estudar as vías para a súa recuperación por parte do Concello de Santiago.
 
2.- Crear un grupo de traballo co concello de Santiago, aberto á participación da Deputación da Coruña e do Goberno do Estado, así como de especialistas nos ámbitos xurídico e histórico e asociacións de defensa do patrimonio, que valore as liñas de acción de cara á recuperación das esculturas, tendo en conta os antecedentes xudiciais deste caso e a recente sentenza sobre o Pazo de Meirás”.
 
5.5 2083 (11/PNP-000194)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de incluír as máscaras e os hidroxeles desinfectantes na listaxe de bens aos que se lles aplica o tipo reducido do IVE do 10% ou o superreducido do 4%
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a modificación de artigo 91 da Ley 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, para incluír as máscaras, e hidroxeles desinfectantes no listado de bens aos que se lles aplica o tipo reducido do IVE do 10 % ou superreducido do 4 %”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-07T13:11:00Z 2020-10-07T13:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3136/
Declaración institucional de apoio ás persoas con fibrose quística e ás súas familias

A fibrose quística, tamén coñecida polas súas siglas (FQ), é unha enfermidade crónica, hereditaria e dexenerativa que afecta principalmente o sistema dixestivo e respiratorio ao se espesaren todos os fluídos do organismo. As persoas con FQ presentan obstrucións respiratorias, dixestivas e doutros tipos que, co tempo, poden derivar en infeccións graves, chegando en moitos casos a ser necesario un transplante bipulmonar. En calquera caso, ao non existir cura polo momento, a esperanza de vida destas persoas vese moi limitada e a súa actividade cotiá e laboral, mediatizada pola enfermidade. A ciencia avanza tamén neste campo e, afortunadamente, a investigación permite agora tratamentos que melloran extraordinariamente a calidade e esperanza de vida das persoas que a padecen, mais aínda queda moito camiño para chegar a unha cura, polo que é moi importante seguir investindo en investigación. 
 
Calcúlase que a incidencia da fibrose quística en España é de un caso cada 5.000 nacidos vivos. Ademais, un de cada 35 individuos é portador san do xene da enfermidade, o que supón que entre 1,5 e 2 millóns de persoas son portadoras dun xene de FQ no noso país, punto importante xa que existe un 25 % de probabilidade de transmitir o xene da FQ aos fillos e fillas cando ambos os proxenitores son portadores sans da enfermidade.
 
Porén, ao tratarse dunha enfermidade rara a súa visibilidade é menor, polo que todos os esforzos para que sexa coñecida redundarán en favor da detección precoz da fibrose quística en neonatos, así como na maior atención ás persoas que a padecen, que son arredor de 2.500 en España. Unha alta porcentaxe delas son nenas e nenos. Para elas e eles contraer calquera outra enfermidade que teña efectos no sistema respiratorio é especialmente perigoso. Por tanto, o regreso aos colexios destas nenas e nenos tras a crise da covid-19 é un aspecto de especial preocupación que deberá ser considerado con especial coidado polo sistema educativo.
 
A Asociación Internacional de Fibrose Quística (Cystic Fibrosis Worldwide, CFWW) e a Fundación Española de Fibrose Quística (FuEFQ) promoven o 8 de setembro como Día Mundial da enfermidade. O Parlamento de Galicia, con motivo do Día Mundial da Fibrose Quística, manifesta a súa solidariedade con todas as persoas afectadas por esta enfermidade e declara o compromiso da Cámara coas necesidades especiais de atención que requiren para poder desenvolver a súa vida con toda a normalidade posible. Neste sentido, o Parlamento de Galicia avoga por que se poñan en marcha as medidas necesarias para que se promova o acceso destas persoas á medicación que precisen e a creación e recoñecemento de unidades multidisciplinares que axuden a mellorar a atención deste colectivo con equidade. Así mesmo, o Parlamento de Galicia manifesta o seu recoñecemento e apoio ás investigacións en novos medicamentos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades raras e crónicas e, en particular, das persoas con fibrose quística.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-06T14:18:00Z 2020-10-06T14:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3135/
Santalices amosa o seu apoio á campaña de concienciación sobre a artrite

• Recibiu esta mañá á presidenta da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra no marco da campaña “Outubro, mes da artrite e espondiloartrite”

Santiago, 5 de outubro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou esta mañá o seu apoio e o da institución que dirixe á campaña de concienciación sobre a artrite impulsada, durante este mes de outubro, pola Coordinadora Nacional de Artrite canda o resto de asociacións de pacientes de toda España.
 
Santalices Vieira así llo manifestou a Mabel Avendaño, presidenta da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, coa que se reuniu no seu despacho da Cámara, e á que ofreceu a posibilidade de organizar algunha actividade de concienciación sobre estas doenzas na sede do poder lexislativo galego.
 
Desde o ano 2009, a Coordinadora Nacional de Artrite e as restantes organizacións de pacientes, organizan  a campaña “Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite”, que comeza o 1 de outubro co Día Nacional da Artrite. Con estas iniciativas, os seus impulsores buscan sensibilizar e informar á poboación sobre a artrite reumatoide, a artrite psoriásica, a artrite ideopática xuvenil, a espondilite anquilisante e a espondiloartrite.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-05T12:17:00Z 2020-10-05T12:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3134/
O Parlamento recibe a Memoria de 2019 da Fiscalía Superior de Galicia

Santiago, 5 de outubro de 2020.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2019.
 
Coa entrega da Memoria Anual de 2019 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, previsiblemente,  cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-05T11:09:00Z 2020-10-05T11:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3133/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 2 de outubro de 2020

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 2 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 1829 (11/PNC-000173)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación respecto da necesidade de adoptar medidas en relación coa pesca accidental de cetáceos
BOPG n.º 19, do 22.09.2020

 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a pedir ao Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación que se fagan estudos máis exhaustivos sobre a eficacia da necesidade de adopción de medidas de protección dos cetáceos, así como a propor a adopción de medidas desde un punto de vista de proporcionalidade dos posibles danos que cada arte de pesca pode orixinar na interactuación con estas especies."
 
 
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
 
Elección membros da Mesa
 
Elección de presidente
 
- 2063 (11/CEEM-000016)
Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
Elección da Presidencia da Comisión
 
Presidente:
Don José Manuel Balseiro Orol, do G.P. Popular de Galicia (P)

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-02T13:45:00Z 2020-10-02T13:49:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3132/
Visitas guiadas á mostra bibliográfica sobre Carballo Calero no Parlamento de Galicia

Santiago, 2 de outubro de 2020.- As persoas interesadas en visitar a “Mostra Bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero”, aberta ao público no Parlamento de Galicia con  libros e documentos do arquivo persoal do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano xa o poden solicitar na Cámara galega.
 
Para garantir o mantemento da distancia social e demais medidas de prevención da covid-19 durante a visita á exposición, o Parlamento de Galicia optou por xestionar as visitas mediante solicitude previa, que pode efectuarse por correo electrónico (presidencia@parlamentodegalicia.gal) ou por teléfono (981  55 13 39 ou 981 55 13 80).
 
A mostra, inaugurada onte canda a presentación do libro Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións, editado polo Parlamento, foi coordinada por Pilar García Negro, na súa condición de experta na figura do homenaxeado.
 
A exposición está integrada por medio cento de libros e máis dunha vintena de documentos entre os que se inclúen o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos e dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outro material pertencente ao arquivo de Carballo Calero, depositado no Parlamento de Galicia, desde 1997, xunto coa súa biblioteca.
 
As visitas á mostra –situada nun dos corredores do pazo do Hórreo e na sala Carballo Calero da Biblioteca do Parlamento- poderán efectuarse en grupos integrados por un máximo de 5 persoas (4 visitantes e guía).

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-02T12:25:00Z 2020-10-28T11:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3131/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 1 de outubro de 2020

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 1 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 844 (11/PNC-000055)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre as medidas encamiñadas a reducir o IVE turístico para a recuperación económica dos profesionais do sector en Galicia
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación coa emenda de adición do G.P. do Bloque Nacionalista Galego doc. núm. 2620 e resulta aprobada, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno central a:
 
1.º) Reducir o IVE turístico, una medida fundamental para a recuperación económica dos centos de miles de profesionais do sector turístico en Galicia.
 
2.º) Reducir o IVE cultural ao 4% como medida necesaria para a recuperación dun sector relacionado co sector turístico."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 1980 (11/PNC-000220)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre o impulso por parte do Goberno galego da convocatoria da Mesa de traballo para a transición enerxética xusta, co fin de abordar e planificar a resposta á situación actual, así como de deseñar o desenvolvemento económico e industrial alternativo para a zona das Pontes
BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Sométese a votación a emenda de substitución do G.P. do Bloque Nacionalista Galego doc. núm. 2740, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a convocatoria urxente da Mesa de traballo para a transición enerxética xusta para As Pontes, así como a constitución dunha mesa específica para tratar a problemática do persoal da industria auxiliar de Endesa, co obxecto de concretar o número de traballadores/as afectados/as e a súa garantía de emprego."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 1032 (11/PNC-000080)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da garantía e axilización da execución dos fondos Feder para acadar a cobertura mínima de acceso á internet de 100 Mbps para a totalidade da cidadanía
BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno central para demandarlle que garanta e axilice a execución dos fondos FEDER para acadar o obxectivo de cobertura mínima de acceso a internet de 100 Mbps para o 100% da cidadanía."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-01T14:44:00Z 2020-10-01T14:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3130/
O Parlamento de Galicia rende homenaxe a Carballo Calero cun libro e unha mostra bibliográfica

• O presidente da Cámara recorda a participación do homenaxeado no Anteproxecto de Estatuto do Seminario de Estudos Galegos de 1931, iniciativa pioneira para “dotar a Galicia dun sistema institucional sólido”
 
• Subliña que “homes e mulleres como don Ricardo inzaron de galeguismo este noso Fogar de Breogán, daquela en condicións infinitamente máis adversas que as actuais”
 
• O Parlamento abre ao público unha mostra con bibliografía e documentos varios de Carballo Calero, entre os que figura o seu carné de socio do Seminario de Estudos Galegos ou dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outros

Santiago, 1 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia presentou hoxe o libro Ricardo Carvalho Calero, Orador. Discursos e leccións, editado pola Cámara galega para homenaxear ao autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2020. Ao tempo, o Parlamento inaugurou, na propia Biblioteca Carballo Calero da Cámara, unha mostra bibliográfica do intelectual, que estará aberta ao público durante os próximos meses.
 
No acto de presentación, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, sinalou que para o Lexislativo é un “privilexio” ser, desde 1997, o depositario da biblioteca persoal, o legado documental e epistolar de Carballo Calero, unha honra “á que queremos corresponder coa edición do volume que hoxe presentamos” e coa mostra configurada a partir dunha escolma dese material.
 
Recordou Santalices que o libro foi elaborado de acordo coa familia do homenaxeado e coordinado pola profesora e ex-deputada Pilar García Negro, experta na vida e obra de Carballo Calero.
 
O volume recompila diferentes discursos e leccións de Ricardo Carballo Calero, contido que, segundo Santalices enlaza cunha das esencias do parlamentarismo: a palabra.
 
Anteproxecto de Estatuto de Autonomía
 
O presidente da Cámara recordou que Carballo Calero e Lois Tobío deron forma ao Anteproxecto de Estatuto do Seminario de Estudos Galegos de 1931, a partir das achegas encargadas a un grupo de traballo integrado tamén por Bóveda, Paz Andrade e Risco. Por iso, “desde as institucións galegas estamos en débeda cos seus autores, polo seu labor pioneiro de cara a dotar a Galicia dun sistema institucional sólido”.
 
Santalices referiuse tamén ao compromiso galeguista de Carballo Calero e dos restantes galeguistas históricos, “protagonistas dunha vida trufada de renuncias e de servizo á causa galega”, con “Galicia e os galegos por riba de todo”. Apuntou que “homes e mulleres como Don Ricardo inzaron de galeguismo este noso Fogar de Breogán, daquela en condicións infinitamente máis adversas que as actuais”.
 
Mostra bibliográfica
 
A presentación do libro celebrouse no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia e contou coa participación, entre outros, da autora da obra, Pilar García Negro; de familiares de Carballo Calero; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.
 
A Mostra Bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero, coordinada tamén por Pilar García Negro, está configurada cronoloxicamente e integrada por medio cento de libros e máis dunha vintena de documentos varios entre os que se inclúen o carné de socio do Seminario de Estudos Galegos e dúas cartas de Otero Pedrayo, entre outros materiais.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-10-01T13:57:00Z 2020-10-01T16:44:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3128/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o próximo día 6 de outubro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 6 de outubro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de setembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Ditame da Comisión do Estatuto dos Deputados, do 18 de setembro de 2020, sobre as declaracións de actividades das deputadas e deputados da XI Lexislatura
 
Punto 2. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2019 (doc. núm. 1744, 11/IVAL-000001)
 Publicación do Informe anual, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
Punto 3. Comparecencias
 
3.1 1638 (11/CPP-000014)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, por petición propia, para informar do inicio do curso 2020-2021 no ensino e na universidade en Galicia e as actuacións ante a covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 Acumúlase na anterior  a seguinte:
 
3.2 1741 (11/CPP-000015)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, por petición das deputadas e dos deputados  do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para explicar o caos que se está a producir no inicio de curso e que cada día denuncian máis axentes da comunidadade educativa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
3.3 2607 (11/CPP-000018)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar sobre as liñas estratéxicas do seu departamento en materia de vivenda
 
Punto 4. Moción
 
 2520 (11/MOC-000001)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 na atención presencial da Atención primaria. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 1420, publicada no BOPG nº n.º 12, do 08.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 22.09.2020)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 1157 (11/PNP-000097)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
 Sobre a procura polo Goberno galego dun amplo acordo co sector turístico co fin de establecer un plan de choque para salvar o turismo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
5.2 1507 (11/PNP-000138)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
 Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia para elaborar unha proposta de cara á negociación da distribución dos fondos europeos para abordar as consecuencias da covid-19, para a súa defensa por parte da Xunta de Galicia diante do Goberno central mediante negociacións bilaterais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
5.3 1841 (11/PNP-000170)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e á Comisión Europea en relación co impacto para a frota pesqueira de Galicia da decisión de inserir o marraxo dientuso no Apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas da Fauna e Flora Silvestres, CITES
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
5.4 1932 (11/PNP-000177)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de recuperar para o patrimonio público as esculturas do Mestre Mateo, en poder da familia Franco, pertencentes ao Concello de Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
5.5 2083 (11/PNP-000194)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 7 máis
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de incluír as máscaras e os hidroxeles desinfectantes na listaxe de bens aos que se lles aplica o tipo reducido do IVE do 10% ou o superreducido do 4%
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
5.6 2147 (11/PNP-000203)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa dedicación e o esforzo de todas as persoas, entidades e institucións que fixeron posible a recuperación para o patrimonio público do pazo de Meirás
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 465 (11/INT-000005)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a consideración do Goberno galego respecto de se o borrador do protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 dá resposta ás necesidades dos centros, así como sobre os problemas detectados na implementación dese protocolo no inicio do curso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
6.2 828 (11/INT-000033)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a política do Goberno galego en materia de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
6.3 961 (11/INT-000037)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
6.4 1435 (11/INT-000073)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nas residencias de persoas maiores privadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
6.5 1966 (11/INT-000110)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 2601 (11/POPX-000003)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da crise municipal no Concello de Ourense
 
7.2 2602 (11/POPX-000004)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para paliar a crise industrial que está a vivir Galicia, nomeadamente ante a grave situación de Alcoa
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 1630 (11/POP-000128)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para posibilitar a viabilidade e o mantemento dos postos de traballo da conserveira Thenaisie Provoté, no concello do Grove
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
8.2 2570 (11/PUP-000071)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel
 Sobre as actuacións que está a defender o Goberno galego diante da crise de Alcoa
 
8.3 2596 (11/PUP-000072)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
 Sobre as actuacións que está a desenvolver o Goberno galego en relación coa situación de Alcoa, en San Cibrao, na provincia de Lugo
 
8.4 848 (11/POP-000254)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Candia López, María Elena e 6 máis
 Sobre as medidas que puxo en marcha a Xunta de Galicia para garantir a sostibilidade do sector do transporte público por estrada e para favorecer unha mobilidade segura
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
8.5 2597 (11/PUP-000073)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da implantación do Plan de transporte metropolitano de Galicia na Área metropolitana de Vigo
 
8.6 1231 (11/POP-000082)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
 Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para evitar o empeoramento ou supresión do servizo de comedor escolar do CEIP As Mercedes, de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
8.7 1736 (11/POP-000147)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da posible incidencia na calidade da educación pública das alternativas ofrecidas ao alumnado do Colexio de Educación Infantil e Primaria Frei Luis de Granada, de Sarria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20, do 23.09.2020
 
8.8 927 (11/POP-000273)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
 Sobre as iniciativas que desenvolveu o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para previr os riscos derivados da pandemia da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
8.9 438 (11/POP-000001)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación actual de Galicia ante os agromos da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 4, do 19.08.2020

8.10 1825 (11/POP-000281)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e 2 máis
 Sobre o plan de conciliación integral elaborado pola Xunta de Galicia para o caso de que as familias deban exercer o coidado dos menores nos casos de suspensión da actividade lectiva a consecuencia da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-29T16:09:00Z 2020-09-29T17:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3127/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 24 de setembro de 2020

 
A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de setembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 653 (11/PNC-000027)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 13 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa creación dunha fundación de investigación agraria aplicada de Galicia sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural así como para desenvolver o seu plan estratéxico
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra ninguna abstención.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a crear una Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural e a desenvolver un plan estratéxico da mesma."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 752 (11/PNC-000039)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa garantía da saúde das persoas nas vendimas e traballos do outono do sector agrogandeiro
BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
Sométese a votación separada por puntos coa incorporación -como engádega- da emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 2410) como punto 3:
 
Puntos 1 e 2: resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 en contra e 0 abstencións
 
Punto 3: Aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a redactar un protocolo de actuacións para dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras, xa que a falta dun protocolo pon en risco o principal motor da economía do medio rural, a produción de alimentos, o benestar animal e a protección do noso entorno."
 
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-24T16:05:00Z 2020-09-24T16:06:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3126/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 24 de setembro de 2020

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 24 de setembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 795 (11/PNC-000048)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia nacional fronte ao reto demográfico
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico."

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-24T13:43:00Z 2020-09-24T13:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3125/
Teresa Egerique Mosquera toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 

Santiago, 23 de setembro de 2020.- Teresa Egerique Mosquera tomou posesión este mércores como deputada do Partido Popular por Pontevedra no Parlamento de Galicia. Substitúe a Marta María Fernández-Tapias Núñez.
 
Nacida en Vigo no ano 1976, Teresa Egerique Mosquera é licenciada e doutora en Ciencias da Información e máster en Imaxe e Consultoría Política. Con experiencia profesional como redactora en informativos, xefa de prensa no Porto de Vigo, así como profesora asociada na Universidade de Vigo.
 
É desde o ano 2011 concelleira no Concello de Vigo. Forma parte da Executiva Rexional do PP de Galicia desde o ano 2013 e desde maio de 2016 preside a Comisión de Cultura.
 
Deputada autonómica na X lexislatura foi voceira do GPP nas áreas de pesca, cultura e portos.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-23T13:33:00Z 2020-09-23T13:34:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3124/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2020

 

 
4.2 614 (11/PNP-000022)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Queixas Zas, Mercedes
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir a conciliación diante de novos gromos e da repunta da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia  a:
 
1. Aprobar unha liña de medidas encamiñadas a garantir o dereito de conciliación perante novos gromos e repuntas da COVID-19 que inclúa, como mínimo:
 
a)  Axudas directas extraordinarias para o coidado de menores e persoas dependentes.
 
2.  Dirixirse ao Goberno español para o instar á aprobación dun permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas crianzas estean en corentena”.

4.3 727 (11/PNP-000035)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da retirada da limitación das taxas de reposición do persoal do sistema sanitario público co obxecto de permitir ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da covid-19
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal do sistema sanitario público, permitindo ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da COVID-19”.
 
4.5 910 (11/PNP-000065)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre a solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno central da fixación dun prezo eléctrico competitivo para os consumidores electrointensivos e o compromiso para que o plan industrial para Alcoa poida optar ao Fondo Europeo de Recuperación
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 2.09.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno Central para:
 
1. Fixar un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para consumidores electrointensivos, incrementar ata o máximo que autoriza a Unión Europea as compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión da demanda que substitúa á poxa por interrompebilidade.
 
2. Amosar o seu compromiso de avaliar que proxectos do plan industrial de Liberty para as fábricas de Alcoa poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-22T17:40:00Z 2020-09-22T17:45:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3123/
Toman posesión tres novos deputados do Parlamento de Galicia


Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá, como punto preliminar, a toma de posesión de tres novos deputados, que cuben as vacantes rexistradas no hemiciclo como consecuencia de renuncias presentadas. Trátase de José Luis Ferro Iglesias e e Marta Rodríguez Vispo-Rodríguez, deputado/a do PPdeG por Ourense, e de Rubén Lorenzo Gómez deputado do PPdeG pola Coruña.
 
José Luis Ferro Iglesias naceu en Cartelle en  1970. É licenciado en Ciencias da Relixión pola Universidade de Navarra. Docente de Educación Primaria. Profesor de  Formación  vial.
 
Foi concelleiro de Cultura do Concello de Celanova entre 2011 e 2012; neste último ano accedeu á alcaldía, cargo que exerceu ata 2019.

Presidente local do PP de Celanova desde 2013 ata a actualidade. Foi vocal da Comisión de Cultura da FEMP de 2015 a 2019 e vocal na FEGAMP na mesma época.
 
Rubén Lorenzo Gómez naceu en Carballo no ano 1982. É técnico en Comercio e Márketing. Concelleiro en Carballo desde 2019. Vocal da xestora  do PP de Carballo.
 
Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez naceu en Ourense no 1961. É licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Diplomada en Sanidade. Especialista en Xestión e Administración Sanitaria. Diploma Directivo da Xunta de Galicia.
 
Funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) desde 2002 ata 2005. Concelleira no Concello de Ourense (2007-2011).Pertence ao Comité Executivo do PP de Ourense.
 
Deputada no Parlamento de Galicia desde a VIII lexislatura. Na IX Lexislatura  ocupou a vicepresidencia da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e na X foi presidenta da mesma Comisión e  portavoz do GPP na área de Saúde Pública e Farmacia e na  Comisión de estudo sobre Políticas de  Discapacidade.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-22T10:32:00Z 2020-09-22T10:34:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3122/
Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 17.09.2020

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de setembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 803 (11/PNC-000051)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España do incremento do continxente arancelario de lombos de atún e do control das importacións
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1, resulta aprobado por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
Punto 2, resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
1. O incremento do continxente arancelario de lombos de atún erga omnes da Unión Europea, de 55.000 toneladas ao 0% de arancel, no marco das negociacións que se levarán a cabo para a apertura e modo de xestión de continxentes arancelarios autónomos para produtos da pesca no período 2021-2023.
 
2. A demanda de comprobación rigorosa e exhaustiva para que as importacións realizadas cara á Unión Europea neste ámbito cumpran escrupulosamente a igualdade de normas respecto dos productos xerados polas industrias europeas, así como se teña especial vixilancia no sostemento dun marco igualitario de produción e traballo."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 1199 (11/PNC-000102)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre o destino, polo Goberno galego, da totalidade do importe máximo establecido na convocatoria de axudas publicada na Orde da Consellería do Mar do 4 de agosto de 2020 a axudas para apoiar a sustentabilidade do sector do marisqueo a pé durante ese ano
BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a destinar a totalidade do importe máximo (5.214.413,48 euros) establecido na Orde do 4 de agosto de 2020, a axudas para apoiar a sustentabilidade do sector do marisqueo a pé durante o ano 2020."
 
- 1253 (11/PNC-000110)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 3 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento do establecido no artigo 10 da Orde da Consellería do Mar do 24 de maio de 2016 polos grupos de acción local do sector pesqueiro, nomeadamente polo GALP 4, beneficiario dunha subvención para a ampliación do Museo do Mar de Noia
BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse aos GALP, nomeadamente ao GALP 4, para lembrarlles os deberes dos beneficiarios que establece o artigo 10 da Orde da Consellería do Mar do 24 de maio de 2016, relativo ao cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela en canto aos obxectivos, realización das actividades ou adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención."
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-17T14:23:00Z 2020-09-17T14:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3121/
Acordo da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 17.09.2020

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de setembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 907 (11/PNC-000065)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 12 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno central en relación coa carga de traballo para Navantia, así como sobre o desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno central na demanda de carga de traballo para Navantia, así como do desenvolvemento dos investimentos necesarios para dispor dun Estaleiro 4.0 que lle permita seguir competindo e acadando novos contratos para o naval galego."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-17T14:03:00Z 2020-09-17T14:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3120/
O comisario xefe de Santiago de Compostela visita o Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 15 de setembro de 2020.- O comisario xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, Cástor Vázquez, efectuou este mediodía unha visita protocolaria de presentación ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lle desexou unha xestión exitosa nesta responsabilidade.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-15T16:36:00Z 2020-09-15T16:36:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3119/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 22 de setembro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de setembro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de setembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto preliminar.

 
 Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia do novo deputado don Gonzalo Trenor López
 
Punto 1. Dación de conta dos asuntos tramitados pola Deputación Permanente desde a disolución da Cámara da X Lexislatura o 11 de febreiro de 2020
 
Punto 2. Solicitude de creación dunha Comisión de Investigación,  proposta polas deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, sobre a xestión da pandemia da covid-19 nas residencias de maiores e nos centros de discapacidade de Galicia
 815 (11/SCI-000001)
 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Punto 3. Comparecencia
 

 1409 (11/CPP-000003)
 Do Sr. vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 435 (11/PNP-000001)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre a constitución dunha comisión parlamentaria de seguimento da pandemia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
4.2 614 (11/PNP-000022)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Queixas Zas, Mercedes
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir a conciliación diante de novos gromos e da repunta da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
4.3 727 (11/PNP-000035)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 13 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da retirada da limitación das taxas de reposición do persoal do sistema sanitario público co obxecto de permitir ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da covid-19
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
4.4 771 (11/PNP-000043)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a creación, logo do cumprimento dos requisitos regulamentarios establecidos, dunha comisión parlamentaria de investigación sobre os feitos e contaxios da Covid-19 acontecidos nas residencias de maiores durante a primeira vaga, coa a achega da información precisa sobre os pasamentos de usuarios de residencias galegas polo virus
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
4.5 910 (11/PNP-000065)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
 Sobre a solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno central da fixación dun prezo eléctrico competitivo para os consumidores electrointensivos e o compromiso para que o plan industrial para Alcoa poida optar ao Fondo Europeo de Recuperación
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
4.6 1272 (11/PNP-000111)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto económico que está a ter para a comunidade educativa a obrigatoriedade do uso de máscaras e material de seguridade e limpeza como consecuencia da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 465 (11/INT-000005)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a consideración do Goberno galego respecto de se o borrador do protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 dá resposta ás necesidades dos centros, así como sobre os problemas detectados na implementación dese protocolo no inicio do curso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
5.2 961 (11/INT-000037)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
5.3 1420 (11/INT-000072)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 na atención presencial da Atención Primaria.
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 1849 (11/POPX-000001)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a rectificación da xestión educativa tralo fracaso do Goberno galego no inicio do curso escolar
 
6.2 1864 (11/POPX-000002)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre a disposición do presidente da Xunta de Galicia a un diálogo real para acadar un gran acordo de país que permita erguer Galicia nun momento excepcional
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
  
7.1 1822 (11/PUP-000066)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 9 máis
 Sobre a resposta dada polo Goberno central á demanda da Xunta de Galicia de carga de traballo para Navantia
 
7.2 1028 (11/POP-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do establecemento dalgún tipo de axuda directa para as persoas autónomas e pemes que lles permita afrontar as consecuencias económicas derivadas da crise da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
7.3 1231 (11/POP-000082)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
 Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para evitar o empeoramento ou supresión do servizo de comedor escolar do CEIP As Mercedes, de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
7.4 884 (11/PUP-000047)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Porro Martínez, María Corina e 6 máis
 Sobre os criterios e a finalidade que tiveron as medidas de cribado para a detección da covid-19 realizadas a determinados colectivos nos últimos meses
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
7.5 975 (11/POP-000044)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a cifra exacta de rastrexadores existentes na actualidade en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 04.09.2020
 
7.6 1824 (11/PUP-000067)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre os erros que xeraron unha situación de contaxio masivo por Covid-19 nas residencias de maiores, como nas do Incio e de Outeiro de Rei
 
7.7 1827 (11/PUP-000069)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Armada Pérez, José Antonio e 6 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da orixe e das causas dos distintos lumes que asediaron a provincia de Ourense na segunda fin de semana de setembro de 2020
 
7.8 1831 (11/PUP-000070)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís e González Albert, María
 Sobre a opinión da Consellería do Medio rural respecto das causas da reiteración dos lumes en Galicia, nomeadamente na provincia de Ourense, e as medidas previstas ao respecto
 
7.9 1202 (11/POP-000078)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre a consideración polo Goberno galego da posibilidade de reinvestir no propio sector marisqueiro a parte que poida quedar sen adxudicar do orzamento destinado á convocatoria de axudas da Consellería do Mar publicada na Orde do 4 de agosto de 2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
 
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-15T14:29:00Z 2020-09-15T16:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3118/
A valedora do Pobo entrega ao presidente do Parlamento o Informe ordinario de 2019

Santiago, 11 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía da  valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, o Informe ordinario elaborado por esta institución correspondente ao exercicio de 2019.
 
Coa entrega do Informe do Valedor do Pobo ao Parlamento de Galicia. Ano 2019, comeza a tramitación parlamentaria do documento, que previsiblemente será cualificado pola Mesa da Cámara da vindeira semana, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-11T12:27:00Z 2020-09-11T12:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3117/
Santalices reclama a deputadas e deputados “predisposición absoluta” para o acordo na XI Lexislatura

• O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a sesión solemne de apertura da XI Lexislatura, na que o titular da Cámara reiterou “esta deberá ser a Lexislatura das persoas, especialmente as máis vulnerables”
 
• Insta aos integrantes da Cámara a “dedicaren polo menos tanto esforzo a forxar acordos  como a escenificar as diferenzas”
 
• O presidente do Parlamento subliña que “a exemplaridade das persoas que exercen cargos públicos  tórnase unha esixencia ineludible”
 
Santiago, 8 de setembro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, pronunciou este mediodía a declaración institucional de apertura da XI Lexislatura da Cámara, acto que marcha o inicio do traballo ordinario da institución coa composición xurdida das eleccións do pasado 12 de xullo.
 
Para Santalices Vieira, formar parte do Parlamento de Galicia é “unha honra e unha responsabilidade que debería situarse por riba dos intereses partidistas e dos postulados ideolóxicos nos que, lexítima e democraticamente, milita cadaquén”.
 
Animou a deputadas e deputados a “utilizaren con intensidade todas as posibilidades” regulamentarias e recordou que as únicas iniciativas parlamentarias que carecen de posibilidade de ver a luz son as que non se rexistran.
 
O titular da Cámara galega adiantou que, como sucedeu ata o de agora, na Lexislatura que comeza, calquera decisión da Presidencia ou dos diferentes órganos que compoñen a Cámara  “estará sempre sustentada no parecer favorable  dos servizos xurídicos”. Porque, na súa opinión, “unha democracia  que non respecta a lei, non pode nin debe considerarse unha democracia plena.
 
Os desafíos da covid-19
 
Santalices Vieira insistiu en que “nin este Parlamento nin ningunha outra Cámara poden permanecer alleos” á crise e os desafíos derivados da covid-19.  “Esta –agregou- deberá ser a lexislatura das persoas, especialmente a das persoas máis vulnerables, como as que padecen en carne propia os efectos da covid-19 nas súas diferentes manifestacións, directas ou colaterais”.
 
Neste escenario, o presidente do Parlamento subliñou en que “a nosa predisposición para o acordo e a procura de consensos amplos  nos asuntos de interese xeral para o país debería ser absoluta”.
 
Convidou a deputados e deputadas a “dedicaren polo menos tanto esforzo a forxar acordos como a escenificar as diferenzas”.
 
Exemplaridade
 
A xuízo de Santalices, “a exemplaridade das persoas que exercen cargos públicos, tórnase unha esixencia ineludible, tanto no exercicio das responsabilidades que nos foron encomendadas, como no noso proceder cotián no ámbito privado”.
 
“Precisamos continuar esforzándonos –agregou- por mudar a imaxe social do Parlamento de Galicia, co obxectivo último de conseguir que os galegos coñezan e valoren o traballo que aquí se fai”, na medida en que, “en excesivas ocasións”, a institución “segue a ser aínda percibida como afastada da rúa e desconectada dos problemas reais da xente”.
 
Nesta liña, e con independencia da achega de cada deputado ou deputada, Santalices adiantou que nesta lexislatura, o Parlamento deberá seguir desenvolvendo e afianzando diferentes liñas de traballo, algunhas xa iniciadas no pasado. Sinalou, como exemplo, a necesidade de continuar afondando nos mecanismos de transparencia e participación cidadá, a dixitalización ou a accesibilidade, tanto virtual, a través das TIC, como física, mediante as obras que en breve se acometerán para suprimir barreiras físicas no Pazo do Hórreo.
 
Pacto constitucional
 
O presidente do Parlamento de Galicia lembrou que o autogoberno que Galicia exerce arestora é consecuencia do pacto constitucional formalizado e referendado no seu momento, “Nestes máis de 40 anos, e a pesar das obvias dificultades do presente, Galicia e España mudaron radicalmente, sempre para mellor, ata consolidaren unha democracia parlamentaria avanzada e un razoable estado de benestar, que todos debemos esforzarnos en perfeccionar”, afirmou.
 
Na declaración institucional, Santalices agregou que “contribuírmos, cadaquén desde as súas competencias e posibilidades, a restablecer, consolidar e acentuar o clima de estabilidade, liberdade, crecemento e benestar do que gozamos nas últimas décadas tórnase unha tarefa urxente, un desafío que a todos concirne, tamén desde Galicia; tamén desde este Parlamento”.
 
Recuperar a confianza nas institucións
 
“Urxe -co concurso de todos- restablecer o crédito social das institucións a partir de comportamentos individuais caracterizados  pola exemplaridade, a transparencia e a honestidade, cun escrupuloso respecto ao marco normativo do que nos dotamos”.
 
Antes de rematar, Santalices Vieira botou a vista atrás para recordar o primeiro Parlamento de Galicia e convidar ás deputadas e deputados de hoxe a “inspirarnos nas formas e no fondo daquel primeiro Parlamento de Galicia, no que a precariedade de medios se suplía decote cun escrupuloso respecto ás formas, unha oratoria coidada e unha permanente procura do consenso, como quedou acreditado coa aprobación, por unanimidade, de boa parte do corpus lexislativo sobre o que se puxo en marcha o noso autogoberno”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-08T13:56:00Z 2020-09-08T14:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3116/
Visita protocolaria do comandante militar aéreo de Santiago ao Parlamento de Galicia

Santiago, 7 de setembro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho ao coronel Pedro M. Díaz González, comandante militar aéreo e xefe do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela, que tomou posesión o pasado 26 de xuño.
 
No transcurso desta visita protocolaria de presentación, o presidente do Parlamento de Galicia trasladou ao comandante militar  aéreo de Santiago de Compostela os seus mellores desexos no exercicio desta responsabilidade e reiterou a lealdade institucional da Cámara galega ás Forzas Armadas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-07T13:41:00Z 2020-09-07T13:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3115/
Alberto Núñez Feijóo tomou posesión como presidente da Xunta no Parlamento de Galicia


Santiago, 5 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía o acto de toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia na XI Lexislatura.
 
O acto celebrouse no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, onde o titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, deu lectura ao Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo.
 
De seguido, Núñez Feijóo prometeu  o seu cargo como presidente da Xunta e tomou a palabra nun acto organizado respectando distancia social e outras medidas orientadas a previr a propagación da coviD-19.
 
De feito, ao Salón dos Reis accedeu só a cuarta parte dos convidados que tradicionalmente se daban cita neste mesmo espazo noutras tomas de posesión, mentres que as restantes persoas se situaron noutra sala, nos corredores e no patio interior do pazo do Hórreo, onde seguiron o desenvolvemento do acto a través de pantallas.
 
O acto rematou coa interpretación do Himno de Galicia.
 
O vídeo do acto está dispoñible no seguinte enlace: http://mediateca.parlamentodegalicia.es/library/items/acto-toma-posesion-presidente-xunta-galicia-2020-09-05--1
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-05T14:16:00Z 2020-09-05T19:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3114/
O Parlamento de Galicia elixe presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo

 
 

Santiago, 3 de setembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta tarde, por maioría absoluta, con 42 votos, a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
 
Coa votación e posterior proclamación do resultado por parte do presidente da Camara, conclúe a sesión de investidura do presidente da Xunta, que deu comezo o pasado martes no Parlamento de Galicia.
 
Unha vez proclamado o resultado, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará o resultado da elección á Súa Maxestade o Rei, para o seu nomeamento mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia,  conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. A comunicación a Súa Maxestade o Rei e ao presidente do Goberno efectuarase esta mesma tarde por correo electrónico, enviando unha certificación con sinatura dixital. 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-09-03T19:09:00Z 2020-09-03T19:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3113/
Convocatoria do Pleno do Parlamento previsto para o próximo día 1 de setembro de 2020, ás 9:30 horas

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 1 de setembro de 2020, ás 9:30 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de agosto de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
 Punto único.- Proposta de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, presentación do seu programa de goberno e elección, de conformidade co disposto no artigo 15.3 do Estatuto de autonomía de Galicia.
 
Santiago de Compostela,  27 de  agosto de 2020
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia: Xunta de Portavoces celebrada o día 27 de agosto

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-27T13:04:00Z 2020-08-27T13:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3112/
O presidente do Parlamento propón a Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia

• O titular do Parlamento de Galicia recibiu a Núñez Feijóo para trasladarlle o resultado da rolda de consultas celebrada esta mañá coas portavoces dos grupos parlamentarios
 
• A proposta será trasladada á Mesa e Xunta de Portavoces para convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 1 e 3 de setembro
 
Santiago, 24 de agosto de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, proporá a Alberto Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta logo da rolda de contactos, que tivo lugar esta mañá, cos portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na Cámara galega.
 
Coa celebración da rolda de contactos dase cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento da Cámara e ponse en marcha o procedemento para a investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
 
Logo de constatar que Feijóo contará co respaldo maioritario da Cámara a través do apoio dos 42 deputados do Grupo Parlamentario Popular, o presidente do Parlamento convocará a Mesa e Xunta de Portavoces para trasladar o resultado da rolda de consultas e convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 1 e 3 de setembro.
 
DATA ACTUACIÓN
  • Xoves, 27 de agosto: Mesa-Xunta de Portavoces
  • Martes, 1 de setembro: Debate e votación da investidura (inicio)
  • Xoves, 3 de setembro: Debate e votación da investidura (continuación)
    (transcorridas 48h - art. 136.3º e 5º RPG)
  • Xoves, 3 de setembro: Comunicacións elección presidente Xunta a O Rei
  • Venres, 4 de setembro: Publicación elección no BOPG, DOG e BOE
  • Sábado, 5 de setembro: Toma de posesión da Presidencia da Xunta
     (art. 19 Lei 1/1983)
  • Martes 8 de setembro: Sesión solemne de apertura da XI Lexislatura


Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-24T13:50:00Z 2020-08-24T14:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3111/
O presidente do Parlamento convoca aos portavoces dos grupos parlamentarios para as consultas previas á designación de candidato á Presidencia da Xunta

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, vén de convocar, a través dunha carta remitida esta mañá, aos portavoces dos grupos parlamentarios para a celebración da rolda de consultas que concluirá coa proposta de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.
 
A rolda de consultas celebrarase o vindeiro luns, 24 de agosto, a partir das 10,30 horas. Na primeira das reunións, Santalices Vieira recibirá ao representante do PSdeG-PSOE, seguido do BNG (11,00 h) e do PPdeG (11,30 h.).
 
Esta rolda de consultas responde ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia, que sinala o seguinte: “O presidente do Parlamento, consultados os representantes designados polos partidos ou polos grupos políticos con representación parlamentaria, propoñerá de entre os membros do Parlamento un candidato á Presidencia da Xunta. A proposta deberá formularse como máximo no termo de trinta días desde a constitución do Parlamento ou o cesamento do presidente”.

Previsión de actividades do presidente do Parlamento de Galicia para o luns 24 de agosto de 2020 - Parlamento de Galicia
 
· 10,30 h.- Reunión co representante do PSdeG-PSOE.

· 11,00 h.-  Reunión coa representante de BNG.

· 11,30 h.-  Reunión co representante do PPdeG.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-19T13:29:00Z 2020-08-19T13:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3110/
A Mesa e Xunta de Portavoces do Parlamento toman coñecemento do calendario de investidura e apertura da XI Lexislatura

Santiago, 17 de agosto de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, trasladou esta mañá aos integrantes da  Mesa e Xunta de Portavoces da cámara  o calendario previsto de cara á investidura e a solemne sesión de apertura da XI Lexislatura, entre outras cuestións.
 
O calendario previsto é o seguinte:
 
· Xoves 20 de agosto: Constitución das comisións permanentes lexislativas e da Deputación Permanente.
 
· Luns, 24 de agosto:  Presidencia
[Consultas da Presidencia do Parlamento cos representantes dos grupos para candidatura á Presidencia da Xunta].

· Xoves, 27 de agosto: Mesa-Xunta de Portavoces.

· Martes, 1 de setembro:  Debate e votación da investidura [inicio].

· Xoves, 3 de setembro:  Debate e votación da investidura [continuación]
(transcorridas 48h - art. 136.3º e 5º RPG).
 
· Venres, 4 de setembro: Comunicacións da elección do presidente da Xunta a O Rei
[Publicación da elección no BOPG, DOG e BOE].

· Sábado, 5 de setembro: Toma de posesión da Presidencia da Xunta (art. 19 Lei 1/1983).

· Martes 8 de setembro: Sesión solemne de apertura da XI Lexislatura.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-17T13:58:00Z 2020-08-17T14:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3109/
Convocatoria da Xunta de Portavoces prevista para o día 17 de agosto de 2020, ás 11:30 horas

A Xunta de Portavoces, celebrará sesión o próximo día 17 de agosto de 2020, ás 11:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte:

Punto 1. Constitución da Xunta de Portavoces.
Punto 2. Audiencia sobre a fixación do número de membros de cada grupo parlamentario na composición das Comisións e da Deputación Permanente.
Punto 3. Fixación paridade na composición do Goberno.
Punto 4. Calendario sesións investidura e apertura de lexislatura.
Punto 5. Audiencia sobre a asignación de escanos no salón de sesión.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-14T14:30:00Z 2020-08-14T14:30:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3108/
Constituída a XI Lexislatura do Parlamento de Galicia

• O presidente da Cámara anima a deputadas e deputados a facer discursos con “contido e argumentación sólida”
 
Santiago, 7 de agosto de 2020.-  O Parlamento de Galicia celebrou esta mañá a sesión constitutiva da XI Lexislatura da Cámara. O acto comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.
 
A composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte:
 
Presidencia:  Miguel Ángel Santalices Vieira
Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso
Vicepresidencia 2ª: María Monserrat Prado Cores
Secretaría:  María Corina Porro Martínez
Vicesecretaría:  Marina Ortega Otero
 
Cara o final do Pleno, o presidente da Cámara agradeceu, nunha breve intervención, a súa reelección para presidir a Cámara e xustificou as medidas implantadas no Hemiciclo para a prevención da covid-19, ao tempo que trasladan á sociedade a necesidade de cumprir a normativa e respectar as recomendacións sanitarias neste ámbito.
 
Desde a súa experiencia, Santalices Vieira recomendou a deputadas e deputados articular discursos parlamentarios “que teñan contido e argumentación sólida”,  sen estridencias, “desde as discrepancias lóxicas, pero mantendo a dignidade da Cámara”.  Amosouse convencido de que a lexislatura que comeza será “a das persoas” e  fixo votos por estar á altura da confianza recibida, tanto él como o resto de deputadas e deputados.
 
Antes de rematar a sesión, o Pleno da Cámara gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da covid-19 e escoitouse o himno galego.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-07T13:57:00Z 2020-08-11T12:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3107/
Sesión constitutiva XI Lexislatura do Parlamento de Galicia (venres, día 7 de agosto de 2020, ás 11.00 horas)

Presidencia
 
Por acordo da Xunta Electoral de Galicia, do 27 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 151 do 29 de xullo de 2020), fanse públicos os resultados xerais e por circunscrición, así como a relación de deputadas e deputados proclamados electos nas eleccións ao Parlamento de Galicia do día 12 de xullo de 2020.
 
A Presidencia, en execución do disposto no artigo 4 do Decreto 72/2020, do 18 de maio, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións (Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 19 de maio de 2020), lémbralles ás deputadas e aos deputados electos:
 
— Que a sesión constitutiva do Parlamento de Galicia terá lugar o venres día 7 de agosto de 2020, ás 11.00 horas, no pazo do Parlamento, en Santiago de Compostela.
 
— Que antes desa data deberán presentar no Rexistro Xeral da Cámara a súa credencial expedida pola Xunta Electoral provincial correspondente e as súas declaracións de actividades e bens e dereitos.
 
O que se publica para xeral coñecemento e para os efectos do previsto no artigo 7 do Regulamento do Parlamento de Galicia.
 
 
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020
 

Miguel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-08-03T13:47:00Z 2020-08-05T13:49:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3106/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia prevista para o 31 de xullo de 2020

A Presidencia, logo das solicitudes formuladas polo G.P. dos Socialistas de Galicia, o G.P. Grupo Común da Esquerda, o G.P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Mixto, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 31 de xullo de 2020, ás 12:30 horas, coa seguinte orde do día:
 
Punto 1. Escrito do G. P. dos Socialistas de Galicia, do G.P. Grupo Común da Esquerda, do G.P. do Bloque nacionalista Galego e do G.P. Mixto, polo que solicitan a convocatoria urxente da Deputación Permanente coa comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia para dar conta da situación en relación co rebrote do covid-19 na Mariña de Lugo (doc. núm. 64465) (10/SCDP-000021)

Punto 2. Escrito do G.P. dos Socialistas de Galicia e do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, polo que solicitan a convocatoria urxente da Deputación Permanente coa comparecencia da Conselleira de Educación para explicar o inicio do curso escolar 2020-2021 e das medidas que vai adoptar para garantir a seguridade fronte á covid-19 (doc. núm. 92) (11/SCDP-000001)

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-07-29T13:25:00Z 2020-07-29T13:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3105/
A ONCE colaborará co Parlamento de Galicia en materia de formación e accesibilidade das persoas con discapacidade visual

• O presidente do Parlamento de Galicia e o  delegado territorial da ONCE asinan un protocolo de colaboración para canalizar o apoio do Lexislativo galego ás persoas con discapacidade visual
 
• As medidas abranguen desde o apoio á inserción e a adaptación do contorno laboral para persoas con discapacidade visual na Administración parlamentaria, ata a adaptación de materiais e a formación da persoal  encargado do programa de visitas guiadas á institución ou a elaboración dun manual de boas prácticas
 
Santiago, 14 de xullo de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o delegado territorial de Galicia da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Manuel Martínez Pan, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a realización de actividades de asesoramento na promoción da accesibilidade universal e no apoio á inserción laboral de persoas con discapacidade visual no ámbito do lexislativo autonómico.
 
No marco deste protocolo, o Parlamento de Galicia intensificará a súa aposta pola integración das persoas con discapacidade visual a través dunha dobre estratexia.
 
Por unha banda, a ONCE colaborará co Parlamento para facilitar a adaptación e o desenvolvemento das funcións dos postos de traballo que podan ser desempeñados por persoas con discapacidade visual no ámbito da Administración parlamentaria, ben como persoal funcionario de carreira ou laboral fixo e interino ou laboral de carácter temporal, ben como persoal en prácticas e/ou formación.
 
A colaboración entre a ONCE e o Parlamento de Galicia tamén abrangue o desenvolvemento de medidas orientadas a facilitar a accesibilidade universal na sede da Cámara galega, con intervencións específicas  no ámbito dos programas de visitas guiadas e actos sociais que se celebren no Pazo do Hórreo, a mellora da accesibilidade física neste edificio e a súa contorna, a adaptación das guías didácticas e outros recursos divulgativos, ou a formación do persoal encargado para axeitar as actividades que se desenvolvan ás necesidades das persoas con discapacidade visual.
 
Manual de boas prácticas
 
Entre outras medidas, tamén se contempla a elaboración dun guión/manual de boas prácticas na interacción coas persoas con discapacidade visual, que inclúa pautas específicas que garantan a súa participación en igualdade de condicións respecto ao conxunto da cidadanía.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-07-14T12:28:00Z 2020-07-14T12:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3104/
Siro López doa ao Parlamento de Galicia a súa colección de caricatura política

• O presidente do Parlamento e mailo caricaturista asinaron esta mañá o contrato de doazón da colección, titulada  Historia da Autonomía galega en caricatura (1985-2006) e integrada por 1.155 debuxos orixinais, que pasará a engrosar os fondos artísticos e documentais da Cámara galega
 
• Santalices agradece a xenerosidade de Siro López pola cesión desinteresada da súa obra, que se integra no patrimonio público da Comunidade Autónoma
 
Santiago, 23 de xuño de 2020.- O Parlamento de Galicia  asumiu hoxe a titularidade da colección Historia da Autonomía galega en caricatura (1985-2006) integrada por 1.150 debuxos orixinais de Siro López Lorenzo e publicados no xornal La Voz de Galicia. A colección foi cedida gratuitamente por Siro López ao Parlamento de Galicia, que ve enriquecidos, desde xeito, os seus fondos artísticos e documentais.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asinou este mediodía con Siro López Lorenzo o contrato de cesión da colección. O Parlamento asume todos os dereitos de explotación das obras cedidas, incluídos os de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación.
 
Agradecemento
 
Santalices Vieira agradeceu a xenerosidade de Siro López por ceder desinteresadamente esta colección ao Parlamento de Galicia. “Poucas institucións, por non dicir ningunha, poden resultar mais acaídas que o Parlamento para custodiar unha colección de caricatura política que percorre algo máis de vinte anos da historia política da Comunidade Autónoma, dúas décadas na que a autonomía medrou e se afianzou definitivamente entre as galegas e galegos”, afirma Santalices.
 
“Agradecemento infinito, por tanto, a Siro Lopez pola súa xenerosidade co Parlamento de Galicia e co conxunto das galegas e galegos, na medida en que a súa colección se integra, desde hoxe, no patrimonio público da Comunidade Autónoma”, engade o titular da Cámara galega.
 
O Parlamento de Galicia conta cunha das máis completas e variadas  coleccións de arte contemporánea da Comunidade, composta, fundamentalmente, por pintura e escultura; obras en propiedade, pero tamén doazóns e cesións temporais. Ademais, a Cámara custodia o legado bibliográfico e documental de Ricardo Carballo Calero, os irmáns  Vilar Ponte, e de Elena Quiroga e Dalmiro de la Válgoma, entre outros.
 
A sinatura do contrato de doazón desta colección tivo lugar na denominada Sala das Letras Galegas do Parlamento de Galicia, un espazo no que se exhiben as efixies dos persoeiros homenaxeados o Día das Letras Galegas de cada ano, desde a primeira edición celebrada en 1963.
 
As Medallas das Letras Galegas foman parte da colección de arte  do Parlamento de Galicia e son obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor e medallista Manuel Ferreiro Badía.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-06-23T12:16:00Z 2020-06-23T12:23:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3103/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia prevista para o 19 de xuño de 2020

A Presidencia, logo das solicitudes formuladas polos grupos parlamentarios dos Socialistas de Galicia, do Grupo Común da Esquerda, do Bloque Nacionalista Galego e Mixto, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 19 de xuño de 2020, ás 12:30 horas, coa seguinte orde do día:

Punto 1. Escrito do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, do Grupo Común da Esquerda, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e do Grupo Parlamentario Mixto, polo que solicitan a comparecencia do Sr. conselleiro de Industria para explicar as medidas que adoptou e vai adoptar a Xunta de Galicia para impedir a perda dos empregos en Noa Madera (doc. núm. 64334)
(10/SCDP-000019)

Punto 2. Escrito do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, do Grupo Común da Esquerda, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e do Grupo Parlamentario Mixto, polo que solicitan a comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia para dar conta da situación na que se atopa a CRTVG (doc. núm. 64337) (10/SCDP-000020)

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-06-16T13:56:00Z 2020-06-16T14:01:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3102/
O Parlamento de Galicia convoca oito bolsas de formación práctica para titulados universitarios

• O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir da  publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia no día de hoxe

Santiago, 15 de xuño de 2020.- O Parlamento de Galicia vén de publicar unha nova convocatoria de bolsas formación práctica dirixidas a titulados universitarios nas modalidades de arquivo biblioteca e documentación (2 bolsas); comunicación institucional (1); publicacións (2); recursos humanos e contratación (1); e xestión parlamentaria (1).
 
Tamén se convoca unha bolsa adicional nunha das modalidades previstas reservada para persoas con discapacidade igual ou superior  ao 33%, no marco da estratexia do Parlamento dirixida a apoiar a  integración laboral deste colectivo.
 
As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B100641.pdf)
e na propia web do Parlamento. As persoas interesadas poden presentar as  solicitudes no prazo de un mes contado a partir da publicación da convocatoria, este luns, 15 de xuño, no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200615/AnuncioO900-050620-0004_gl.pdf).
 
As titulacións para aspirar ás bolsas terán que estar obtidas no ano académico 2014-2015 ou posteriores.
 
Cada unha destas bolsas terá unha duración de doce meses.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-06-15T09:49:00Z 2020-06-15T10:07:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3101/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia prevista para o 4 de xuño de 2020

A Presidencia resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 4 de xuño de 2020, ás 11:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto 1. Debate da solicitude do escrito dos grupos parlamentarios dos Socialistas de Galicia, Grupo Común da Esquerda, do Bloque Nacionalista Galego e Mixto, polo que solicitan a celebración dunha sesión da Deputación  Permanente do Parlamento de Galicia co obxecto de que compareza o presidente da Xunta para dar conta das medidas que ten previsto adoptar para evitar o peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao e garantir o emprego, así como para garantir a continuidade da antiga fábrica de Alcoa na cidade da Coruña (doc. núm. 64279).

 
Punto 2. Comparecencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria ao obxecto de avaliar a situación que atravesa a factoría de Alcoa, en San Cibrao (doc. núm 64278).


Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2020
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-06-02T11:56:00Z 2020-06-02T12:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3100/
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en memoria das vítimas da COVID-19

Santiago, 27 de maio de 2020.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas por mor da COVID-19, no marco do loito oficial declarado onte. A concentración estivo encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado por portavoces, deputadas e deputados e persoal da Cámara. Tamén participou a valedora do pobo e persoal desta institución. O presidente do Parlamento reiterou, como veu facendo nas diferentes sesións da Deputación Permanente celebradas nas últimas semanas, as súas condolencias ás familias que perderon algún ser querido por mor da COVID-19, ao tempo que expresou o seu recoñecemento a todos os profesionais sanitarios e de outras ramas de actividade que garanten funcionamento dos servizos básicos. Santalices Vieira trasladou tamén unha mensaxe de afecto ás familias das persoas falecidas por causas diferentes á pandemia e que por mor do estado de alarma non puideron velar nin despedirse dos seus seres queridos. Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-27T12:51:00Z 2020-05-28T10:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3099/
O rexistro do Parlamento recupera a actividade presencial con cita previa para a presentación física de documentación

• Recoméndase priorizar a presentación telemática fronte á entrega física
 
• O persoal ao servizo da Administración Parlamentaria comeza hoxe a reincorporacion aos seus postos nun proceso gradual, por quendas e articulado en tres fases
 
Santiago, 25 de maio de 2020.-  Os diferentes servizos do Parlamento de Galicia comezaron hoxe a reincorporación gradual do seu persoal logo de máis de dous meses de teletraballo por mor da COVID-19.
 
Deste xeito, o rexistro da Cámara -que neste tempo funcionou exclusivamente de xeito telemático- volve funcionar nas súas dependencias habituais, aínda que para a presentación física de documentación deberá solicitarse cita previa no enderezo electrónico rentrada@parlamentodegalicia.es ou chamando ao teléfono 981 55 13 00, extensións 2092 ou 2093. As modalidades telemática e da sede electrónica continúan operativas e seguen a recomendarse como primeira opción.

O protocolo de reincorporación do persoal do Parlamento de Galicia, aprobado pola Mesa logo das reunións celebradas polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, con representantes sindicais no marco da mesa de negociación, determina tres fases atendendo aos principios de prudencia, retorno gradual e por quendas, nun contorno de estritas medidas de seguridade e hixiene para garantir a protección da saúde das persoas, e unha permanente avaliación dos riscos.  O paso dunha a outra fase será determinado por un comité de coordinación, coa colaboración do servizo de prevención de riscos laborais.
 
Unha comisión mixta paritaria, integrada por representantes da Administración parlamentaria e das organizacións sindicais que ratificaron o protocolo de reincorporación, encargarase do seguimento das medidas acordadas e, se fose o caso, de propoñer a revisión das que se consideren necesarias.
 
Fases
 
Na primeira fase, a reincorporación do persoal efectuarase por quendas, con alternancia diaria entre o traballo presencial e o teletraballo, tendo en conta criterios como as necesidades dos servizos, o persoal que tiña autorizado o teletraballo antes da COVID-19 ou o feito de que algunhas persoas podan pertencer a grupos de risco sanitario.
 
O persoal non incorporado na primeira quenda e o incorporado nos días non presenciais continuará prestando servizo na modalidade de teletraballo.
 
O Parlamento de Galicia efectuou axustes nas súas dependencias para evitar os contaxios e minimizar os riscos sanitarios.
 
A tal efecto, ademais de contar cun protocolo específico para reforzar a limpeza e desinfección  das superficies, instaláronse dispensadores de xel hidroalcohólico, alfombras desinfectantes para o calzado, sistema de control de temperatura corporal no acceso, cartelería informativa específica e mamparas de separación dos espazos de traballo. Tamén se habilitaron entradas e saídas diferenciadas e colocouse sinalización para canalizar a circulación das persoas no interior do edificio respectando a distancia de seguridade, entre outras medidas.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-25T10:19:00Z 2020-05-25T10:51:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3098/
O persoal do Parlamento de Galicia comezará a súa reincorporación o 25 de maio

 
• Será gradual, por quendas e en tres fases
 
Santiago, 19 de maio de 2020.- O persoal do Parlamento de Galicia, que se mantén en situación de teletraballo desde o pasado 16 de marzo por mor da COVID-19, comezará a reincorporarse aos seus postos a partir do próximo 25 de maio.
 
A decisión foi ratificada este mediodía pola Mesa da Deputación Permanente, logo das reunións celebradas polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, con representantes sindicais no marco da mesa de negociación, que respaldaron a medida.
 
O protocolo de reincorporación aprobado pola Mesa determina que o 25 de maio volverá a habilitarse o rexistro físico do Parlamento de Galicia –durante os dous últimos meses funcionou exclusivamente de maneira telemática-, ao tempo que comezará a primeira fase da reincorporación do persoal.
 
Tres fases
 
A reincorporación do persoal ao servizo da Administración Parlamentaria efectuarase en tres fases atendendo aos principios de prudencia, retorno gradual e por quendas, nun contorno de estritas medidas de seguridade e hixiene para garantir a protección da saúde das persoas, e unha permanente avaliación dos riscos.  O paso dunha a outra fase será determinado por un comité de coordinación, coa colaboración do servizo de prevención de riscos laborais.
 
Unha comisión mixta paritaria, integrada por representantes da Administración parlamentaria e das organizacións sindicais que ratificaron o protocolo de reincorporación, encargarase do seguimento das medidas acordadas e, se fose o caso, de propoñer a revisión das que se consideren necesarias.
 
Na primeira fase, a reincorporación do persoal efectuarase por quendas, con alternancia diaria entre o traballo presencial e o teletraballo, tendo en conta criterios como as necesidades dos servizos, o persoal que tiña autorizado o teletraballo antes da COVID-19 ou o feito de que algunhas persoas podan pertencer a grupos de risco sanitario.
 
O persoal non incorporado na primeira quenda e o incorporado nos días non presenciais continuará prestando servizo na modalidade de teletraballo.
 
Nos últimos días, o Parlamento de Galicia efectuou axustes nas súas dependencias para evitar os contaxios e minimizar os riscos sanitarios.
 
A tal efecto, ademais de contar cun protocolo específico para reforzar a limpeza e desinfección  das superficies, instaláronse dispensadores de xel hidroalcohólico, alfombras desinfectantes para o calzado, sistema de control de temperatura corporal no acceso, cartelería informativa específica e mamparas de separación dos espazos de traballo. Tamén se habilitaron entradas e saídas diferenciadas e colocouse sinalización para canalizar a circulación das persoas no interior do edificio respectando a distancia de seguridade, entre outras medidas.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-19T14:13:00Z 2020-05-19T15:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3097/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o 13 de maio de 2020

A Presidencia, logo da solicitude formulada no doc. núm. 64169, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 13 de maio de 2020, ás 10:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto 1. Comparecencia
 
 64141 (10/SCDP-000016)
 do señor conselleiro de Cultura e Turismo, a petición propia, para dar conta do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19.
Publicación da iniciativa BOPG  núm. 629, do 08-05-2020
 
Punto 2. Preguntas
 
2.1 63905 (10/PODP-007681)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a valoración pola Xunta de Galicia do tratamento da información na CRTVG durante a pandemia da covid-19
 Publicación da iniciativa BOPG  núm. 627, do 30-04-2020
 
2.2 64122 (10/PODP-007766)
 Grupo Parlamentario PODPular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 7 máis
 Sobre a valoración pola Xunta de Galicia da coordinación no Centro de Coordinación Operativa das actuacións da Administración autonómica, do mando único estatal e das entidades locais galegas durante a emerxencia sanitaria provocada pola covid-19
Publicación da iniciativa BOPG  núm. 629, do 08-05-2020
 
2.3 64006 (10/PODP-007704)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Chao Pérez, Luca
 Sobre as razóns polas que o Goberno galego non ten posto en funcionamento axudas directas a autónomos que tiveron que pechar as súas actividades por mor da crise sanitaria
Publicación da iniciativa BOPG  núm. 629, do 08-05-2020
 
2.4 64125 (10/PODP-007769)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a valoración polo Goberno galego da actuación do Goberno central en relación á situación das industrias electrointensivas
Publicación da iniciativa BOPG  núm. 629, do 08-05-2020
 
2.5 63970 e c.e 64168 (10/PODP-007696)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as previsións do Goberno galego ante posibles escenarios próximos na evolución de contaxios do virus SARS-CoV-2 tanto en termo inmediato como nunha segunda onda de contaxios
 Publicación da iniciativa BOPG  núm. 627, do 30-04-2020
 
2.6 63835 (10/PODP-007663)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre a actuación inspectora e sancionadora da Xunta de Galicia nos centros de atención a maiores nos últimos anos
 Publicación da iniciativa BOPG  núm. 627, do 30-04-2020
 
2.7 63877 (10/PODP-007673)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 3 máis
 Sobre as actuacións que ten pensado levar a cabo o Goberno galego nas residencias de maiores por mor da pandemia da covid-19
 Publicación da iniciativa BOPG  núm. 627, do 30-04-2020
 
2.8 63907 (10/PODP-007682)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre o impacto do coronavirus nas residencias de maiores na comunidade autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa BOPG  núm. 627, do 30-04-2020
 
2.9 64140 (10/PODP-007782)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 7 máis
 Sobre os fondos cos que contará a Xunta de Galicia neste exercicio para xestionar o tramo autonómico das subvencións a entidades sociais con cargo ao 0,7% social do IRPF
Publicación da iniciativa BOPG  núm. 629, do 08-05-2020
 
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-08T16:01:00Z 2020-05-08T16:01:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3096/
Convocatoria da Deputación Permanente para o 7 de maio de 2020

A Presidencia, logo da solicitude formulada pola Xunta de Galicia no doc. núm. 64038, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 7 de maio de 2020, ás 11:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Comparecencia do presidente da Xunta de Galicia para informar sobre a situación actual derivada da pandemia da covid-19 e as previsións da Xunta de Galicia ao respecto, doc. núm. 64038 (10/SCDP-000015)

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-05T09:53:00Z 2020-05-05T09:55:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3095/
Bandeiras a media hasta no Parlamento en sinal de loito polas vítimas do COVID-19

 
 
Santiago, 1 de maio de 2020.- As bandeiras ondean a media asta no Parlamento de Galicia, desde este venres, 1 de maio, en sinal de loito polas vítimas mortais  da pandemia provocada polo coronavirus COVID-19.
 
A medida enmárcase na declaración de loito oficial na Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 e 31 de maio de 2020 por mor dos pasamentos  provocados como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-05-01T12:12:00Z 2020-05-01T12:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3094/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o día 29 de abril de 2020

A Presidencia, logo da solicitude formulada pola Xunta de Galicia no doc. núm. 63988, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 29 de abril de 2020, ás 10:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Comparecencias:

1 Do conselleiro de Facenda, para informar das medidas adoptadas no ámbito financeiro e orzamentario ante a situación motivada pola pandemia do COVID-19 (doc. núm. 63988, 10/SCDP-000014).

2 Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para dar conta das actuacións da consellería durante a crise sanitaria provocada pola pandemia ocasionada polo COVID-19 (doc. núm. 63988, 10/SCDP-000014).

 
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-04-27T14:56:00Z 2020-04-27T15:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3093/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o 22 de abril de 2020

A Presidencia, logo da solicitude formulada pola Xunta de Galicia no doc. núm. 63829, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 22 de abril de 2020, ás 10:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Comparecencias:
1 Do conselleiro de Sanidade, para informar sobre a evolución da pandemia polo novo coronavirus COVID-19 en Galicia e as actuacións realizadas desde o sistema sanitario (doc. núm. 63829, 10/SCDP-000013).

2 Da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, para informar das medidas adoptadas no ámbito educativo ante a situación motivada pola pandemia do COVID-19 (doc. núm. 63829, 10/SCDP-000013).

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa  convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2020
 
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-04-20T14:02:00Z 2020-04-20T14:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3092/
O Parlamento de Galicia transfire á Xunta unha partida de 2 millóns de euros

 
• No escenario derivado do COVID-19, Santalices trasladou a proposta á Mesa da Deputación Permanente, que lle deu a súa aprobación por unanimidade

Santiago, 3 de abril de 2020.- O Parlamento de Galicia  transferirá á Xunta, con carácter inmediato, unha partida de 2 millóns de euros procedentes do remanente de tesourería da institución para contribuír ás necesidades orzamentarias derivadas da pandemia provocada polo COVID-19.
 
A medida foi aprobada esta mañá, por unanimidade, pola Mesa da Deputación Permanente por proposta do presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A partida de 2 millóns de euros transferida á Xunta é consecuencia da xestión racional dos recursos ordinarios do Parlamento de Galicia, caracterizada polo aumento da tramitación pública de licitacións respecto daquelas necesidades habituais da Cámara, mais tamén de outras actuacións puntuais e menores e da permanente procura dunha mellor relación calidade-prezo. A medida obrigará, non obstante, a axustar aínda máis a programación orzamentaria da Cámara.
 
Outras medidas
 
De maneira paralela, o presidente da Cámara cursou indicacións para minimizar o gasto ordinario da institución e reforzar o aforro. Asemade, os servizos económicos da Cámara están a axilizar a tramitación de toda a facturación para que os provedores cobren nun prazo aínda menor respecto ao habitual da institución, que ata o de agora oscilaba entre os 15 e 20 días.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-04-03T13:17:00Z 2020-04-03T13:19:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3091/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o 3 de abril de 2020

A Presidencia, logo da solicitude formulada pola Xunta de Galicia no doc. núm. 63782,resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 3 de abril de 2020, ás 11:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único

Comparecencias:

 
1.1 Do vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para informar sobre os acordos adoptados no seo do CECOP e a colaboración institucional na situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 (doc. núm. 63782,
10/SCDP-000009).

1.2 Da conselleira de Política Social ao obxecto de analizar as medidas adoptadas nas residencias de maiores e persoas con discapacidade para facer fronte á pandemia do COVID-19 (doc. núm. 63782, 10/SCDP-000009).

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2020
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-04-01T18:08:00Z 2020-04-01T18:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3090/
Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o 26 de marzo de 2020

A Presidencia, á vista da Resolución da Presidencia do día 23 de marzo de 2020 (doc. núm. 19241), e logo da solicitude formulada pola Xunta de Galicia no doc. núm. 63758, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 26 de marzo de 2020, ás 12:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Comparecencia do presidente da Xunta de Galicia para informar sobre a evolución da pandemia do COVID-19 e as medidas adoptadas respecto desta situación pola Xunta de Galicia (doc. 63758, 10/SCDP-000007)

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2020
 
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-03-25T12:59:00Z 2020-04-01T18:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3089/
O Parlamento de Galicia activa o teletraballo para o seu persoal e limita a presenza na sede da Cámara

 
• Persoal alleo ao Parlamento non poderá acceder ao Pazo do Hórreo e pídese aos grupos que activen o teletraballo para o seu persoal
 
• O rexistro prestarase de modo telemático a través da sede electrónica da institución

Santiago, 15 de marzo de 2020.- Atendendo ás instruccións distadas polo Goberno central e pola Xunta de Galicia para frear a propagación do coronavirus, o Parlamento de Galicia activou o teletraballo para o seu persoal, a partir de mañá luns, para limitar ao mínimo imprescindible a presenza física de persoal na sede da institución.
 
Ningunha persoa allea ao Parlamento poderá aceder á sede da Cámara, ao tempo que se pediu aos grupos parlamentarios que activen o teletraballo do seu persoal, limitando a presenza física no Pazo do Hórreo ao máximo e, en todo caso, a un maximo dun traballador/a por grupo político.
 
O rexistro do Parlamento de Galicia seguirá funcionando con normalidade na modalidade telemática a través da sede electrónica da institución, pero non prestará atención presencial.
 
Estas medidas están a ser coordinadas polo Grupo de Coordinación creado o pasado ventres pola Deputación Permanente do Parlamento de Galicia no marco do Plan de Continxencias da Cámara fronte ao coronavirus.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-03-15T21:37:00Z 2020-03-15T21:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3088/
O Parlamento de Galicia activa un Plan de Continxencia fronte ao coronavirus

 
• As visitas guiadas á institución están suspendidas desde o xoves e poténciase o teletraballo do persoal
 
Santiago, 13 de marzo de 2020.- A Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobou, na súa reunión de hoxe, un Plan de Continxencia fronte ao coronavirus na Cámara galega.
 
O documento crea un Grupo de Coordinación no seo do Comité de Seguridade e Saúde do Parlamento para monitorizar, propoñer ou acordar, se foxe o caso, as medidas que se teñan que aplicar en función das recomendacións das autoridades sanitarias.
 
Entre outras medidas, o Plan de Continxencia potencia a opción do teletraballo para o persoal ao servizo da Administración parlamentaria e recomenda limitar as visitas e reunións na sede parlamentaria, limitándoas ás estritamente necesarias e priorizando sempre a utilización de medios telemáticos.
 
O Plan de Continxencia determina diferentes medidas hixiénicas como a supresión do material reutilizable que se usaba como soporte paras as acreditacións que se entregan ao persoal que visita a Cámara, que se substituirán por etiquetas adhesivas dun só uso.
 
O Parlamento de Galicia instalou cartelería informativa con recomendacións das autoridades sanitarias en relación co coronavirus
 
Tamén están suspendidas as diferentes modalidades de visitas guiadas ao Parlamento de Galicia, ao tempo que se deixan de organizar as charlas divulgativas que ex-deputados/as da Cámara ofrecían en diferentes centros educativos.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-03-13T13:16:00Z 2020-03-13T13:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3087/
Santalices gaba a “valentía e integridade” de personalidades como Otero Pedrayo ou Carballo Calero “comprometidos coa causa da liberdade e do galeguismo”

 
• O presidente do Parlamento asistiu en Trasalba á presentación do epistolario entre Otero Pedrayo e Carballo Calero, dispoñible na web grazas á colaboración entre a Fundación Otero Pedrayo e o Consello da Cultura Galega
 
• As cartas están depositadas no Parlamento de Galicia e na Fundación Penzol

Santiago, 7 de marzo de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta mañá en Trasalba na presentación do epistolario dixitalizado de Ramón Otero Pedrayo a Ricardo Carballo Calero, un proxecto materializado no marco dun convenio de colaboración entre a Fundación Otero Pedrayo e o Consello da Cultura Galega.
 
O traballo foi acometido de acordo coa familia de Carballo Calero e permite acceder, na web, a un total de 167 cartas entre os dous persoeiros. Destas, 85 cartas (as enviadas por Otero e recibidas por Carballo) están depositadas no Parlamento de Galicia e as 82 restantes (enviadas por Carballo a Otero) son custodiadas pola Fundación Penzol.
 
A Biblioteca de Carballo Calero no Parlamento
 
Santalices confesou que o acto de hoxe supón unha “regalía” na medida en que o Parlamento de Galicia custodia a biblioteca e o legado documental de Ricardo Carballo Calero, “perfectamente catalogado e a disposición de calquera estudoso interesado en afondar na súa figura e na época  que lle tocou vivir”.
 
Recordou o presidente do Parlamento de Galicia que os protagonistas do acto celebrado esta mañá, Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero, ao igual que outros coetáneos, foron “persoas comprometidas coa causa da liberdade e do galeguismo”, que afrontaron as dificultades de aquel momento “cunha enteireza, valentía e integridade realmente exemplares”.
 
Insistiu o titular do Lexislativo autonómico en que “a Galicia actual está en débeda cos galeguistas históricos que antes e durante a ditadura, nuns casos desde a Galicia territorial, noutros desde a emigración ou desde o exilio, trazaron a senda do que é a Galicia actual”.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-03-07T14:44:00Z 2020-03-07T14:47:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3086/
Santalices anima a que as familias actúen como “viveiros de galeguismo” para inculcar aos máis novos “a semente da nosa lingua, cultura e identidade”

 
• “Espallar galeguismo é plenamente compatible coa nosa condición de españois e europeos”, afirma
 
• O presidente do Parlamento participou no Museo do Pobo Galego na presentación do libro Galicia, de hoxe noutros corenta anos, que recolle parte dos relatorios dun foro do mesmo título
 
Santiago, 27 de febreiro de 2020.- “Nos nosos días, e nos que han de vir, cómpre que as familias e os fogares sexan e actúen como viveiro de galeguismo, para inculcar aos máis novos a semente da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa historia e da nosa identidade seguindo, a escala doméstica, o ronsel deste benemérito Museo do Pobo Galego”. Así o manifestou hoxe o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na presentación do libro Galicia, de hoxe noutros corenta anos, que recompila parte dos relatorios pronunciados nun foro do mesmo título celebrado no Museo do Pobo Galego en 2017.
 
O volume foi editado co patrocinio do Parlamento de Galicia pola “orixinalidade da proposta”. A coordinación da obra correu a cargo de Manuel Blanco Desar que, no propio libro, amósase convencido de que “imos cara unha Galicia mestiza, tanto por necesidade como por vocación”.
 
A xuízo do presidente do Parlamento, esa mestizaxe “esixirá un esforzo de cada un de nós e dos nosos descendentes para manter e cultivar os nosos sinais de identidade, de cara a evitar o seu desdebuxamento na sociedade global do mañá”.
 
Sen exclusións nin sectarismos
 
Para Santalices, esta tarefa constitúe unha “obriga moral” que debe abordarse “son exclusións nin sectarismos, porque espallar galeguismo é plenamente compatible coa nosa condición de españois e europeos de pleno dereito”, e resulta compatible tamén con aprender inglés ou calquera outra lingua estranxeira, “cantas máis mellor”.
 
“A capacidade para preservar a nosa identidade ao tempo que nos abrimos ao mundo será, sen dúbida, unha das claves para gañarlle a batalla ao futuro”, agregou.
 
Afinidade con Iberoamérica
 
Na súa intervención, Santalices apuntou tamén a “condición e o potencial de Galicia como terra de acollida”, especialmente para as persoas procedentes de Iberoamérica como consecuencia dos lazos de sangue, culturais e  lingüísticos, tanto cos países de lingua castelán como cos lusófonos.
Amosouse convencido de que o devalo demográfico e a sostibilidade do estado de benestar constitúen dous dos principais retos aos que se enfronta a sociedade actual.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-27T20:08:00Z 2020-02-27T20:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3085/
O embaixador de Cuba en España visita o Parlamento de Galicia

 

Santiago, 27 de febreiro de 2020.- O embaixador de Cuba en España,  Gustavo Machín Gómez, visitou esta tarde o  Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira,
 
Durante o encontro, Santalices recordou os intensos vínculos de Galicia con Cuba, que conta aínda hoxe cunha notable presenza galega, ao  tempo que se interesou pola situación da colonia galega asentada na illa.
 
O embaixador acudiu acompañado pola cónsul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán, e pola conselleira económica e comercial da embaixada, Janet Fernández Padilla. Tamén asistiu ao encontro o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-27T18:40:00Z 2020-02-27T18:41:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3084/
A Mesa da Deputación Permanente adopta os acordos organizativos derivados da disolución do Parlamento de Galicia


Santiago,14 de febreiro de 2020.- A Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia reuniuse esta mañá para, entre outras cuestións, adoptar os acordos organizativos derivados da disolución da Cámara  e tomar coñecemento da composición actualizada da propia Deputación Permanente (http://www.parlamento.gal/Composicion/Organos/1000004/deputacion-permanente).
 
Na reunión desta mañá, a Mesa da Deputación Permanente acordou, declarar caducados todos os acordos pendentes de exame e resolución pola Cámara, agás os seguintes:
 
• Aqueles que, estatutariamente e regulamentariamente, lle corresponde coñecer á Deputación Permanente.
 
• As peticións individuais ou colectivas que os cidadáns teñan presentado ante o Parlamento.
 
• As proposicións de lei de iniciativa lexislativa popular que se atopan pendentes:
 
- Proposición de lei de iniciativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia (doc. núm. 339, 10/PPLI-000001).
 
- Proposición de lei de iniciativa popular, de loita contra o cambio climático a nivel autonómico para a mellora do bosque autóctono e a recuperación do medio rural sostible (doc. núm. 56526, 10/PPLI-000005).
 
- Proposición de lei de iniciativa popular, reguladora dos comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios (doc. núm. 60152, 10/PPLI-000006).
 
• Os informes dos órganos pendentes de tramitación e singularmente:
 
- A Memoria do Consello de Contas de 2018 (doc. núm. 52969; 10/MCON-000004.)

- Os informes de fiscalización que acompañan a Memoria do Consello de Contas (doc. núm. 52969; 10/ICON-000004).

- O Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2020 (doc. núm. 60307, 10/CPAT-000004).

- Dación en conta ante a comisión do estado de execución do orzamento (doc. núm. 60400, 23.12.2019; 10/ESEX-000014).

- Dación de conta ante a comisión da situación das operacións de crédito e préstamos vixentes a 30 de xuño de 2019 e a información sobre os avais vixentes correspondentes ao mesmo período (doc. núm. 52961; 10/IIGA-000011).
 
• O procedemento de designación dunha conselleira ou dun conselleiro do Consello de Contas por falecemento de dona Beatriz Rodríguez Fraga (doc. núm. 53954, 20.08.2019; 10/DMCC-000002).
 
• Os procedementos de control do principio de subsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Europea.
Desde a entrada en vigor do decreto de disolución do Parlamento, os deputados titulares e suplentes da Deputación Permanente prorrogan as súas funcións ata a constitución do novo Parlamento.
 
Os restantes deputados e deputadas perden esa condición. Atendendo unha solicitude unánime de todos os grupos parlamentarios, a Mesa da Deputación Permanente acordou aboarlles, ata a data de celebración das Eleccións ao Parlamento de Galicia, unha indemnización compensatoria equivalente á asignación fixa contemplada no réxime económico (2.067,13 € brutos/mes, suxeitos a tributación), incompatible con calquera outra retribución. Ao deixar o Parlamento de Galicia, os deputados non teñen dereito a prestación por desemprego. A indemnización acordada é considerablemente inferior á determinada noutras Cámaras para casos similares.
 
A modo de exemplo, o Parlamento Vasco contempla, para os deputados que teñan desempeñado esa responsabilidade durante polo menos un ano, unha indemnización de cese por renuncia equivalente a unha retribución mensual. Dispoñen dunha remuneración de transición entre lexislaturas (fixada en 9.893,36€ en agosto de 2016, ao remate da X Lexislatura). E, a maiores, para suplir a ausencia de prestación por desemprego, o seu Regulamento contempla unha prestación económica temporal, equivalente ao 40% da mensualidade do salario base do deputado, cunha duración mínima de tres meses e máxima de doce.
 
Equipamento informático
 
A Mesa da Deputación Permanente tamén acordou iniciar o procedemento de contratación para a adquisición de material informático para o Parlamento de Galicia. A licitación inclúe nun único lote os ordenadores destinados ao persoal do Parlamento en situación de teletraballo e aos deputados de deputados da vindeira lexislatura.
 
A licitación nun lote único busca reducir o importe da adxudicación, sen limitar a concorrencia. É dicir, ao tratarse dun lote maior, agárdanse mellores ofertas económicas por parte das empresas. Non se renovan as impresoras, xa que se seguirán utilizando as da lexislatura que remata.

Esta licitación responde á necesidade de dispoñer con urxencia de equipos de substitución para o persoal con teletraballo e para os deputados da XI Lexislatura.
 
O Servizo  de Tecnoloxías da Información do Parlamento ten advertido que os equipos que utiliza o persoal con teletraballo están obsoletos debido á súa antigüidade e que os que utilizaron os deputados na X Lexislatura quedarán obsoletos este mesmo ano, ao perder a garantía e o servizo de soporte ante avarías. Unha vez que os equipos carecen de mantemento por parte do fabricante xorden  problemas de seguridade e privacidade. No caso de aparecer vulnerabilidades críticas, non existirían correccións para as mesmas.
 
O Parlamento de Galicia está obrigado, en virtude do Esquema Nacional de Seguridade e da propia política de seguridade da institución, a dispoñer de equipamento actualizado cos últimos parches de seguridade que eviten vulnerabilidades.

A antigüidade e obsolescencia destes equipos, unida ao feito de que podan conter datos de carácter persoal, aconsella que podan ser adquiridos, ao remate da Lexislatura, polos seus usuarios. O hipotético aforro que podería lograrse coa entrega dos equipos vellos veríase contrarrestado/anulado polo notable incremento da carga de traballo que implica o baleirado/formateado individualizado de cada un deses equipos por parte dos servizos técnicos do Parlamento de Galicia. Súmanse, a maiores, os problemas derivados da obsolescencia e da ausencia de soporte técnico para os equipos antigos.
 
O prezo de adquisición dos equipos antigos foi determinado polos servizos técnicos do Parlamento a partir do seu valor residual, tomando como base o prezo de adquisición inicial (960,53 euros) e o tempo durante o que os equipos contan con servizo de soporte e mantemento ante avarías. O valor residual de cada equipo quedou fixado en 220,12 euros a xaneiro de 2020, importe que deberán aboar os deputados que opten por adquirir os portátiles que viñan utilizando.
 
O artigo 55 do Regulamento do Parlamento de Galicia sinala que “A Deputación Permanente velará polos poderes da Cámara cando estea expirado o mandato parlamentario, cando o Parlamento estea disolto ou non estea reunido por vacacións ou por calquera causa de forza maior que impida reunir o Pleno (...)”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-14T14:05:00Z 2020-02-14T14:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3083/
O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio contra a violencia machista logo do asasinato dunha muller en Lugo


Santiago, 10 de febreiro de 2020.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en sinal de repulsa contra a violencia machista e en memoria da muller asasinada en Lugo.
 
A concentración estivo encabezada polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e contou coa participación de membros da Mesa, deputadas e deputados, persoal do Parlamento, dos grupos parlamentarios e do Valedor do Pobo, así como xornalistas acreditados.
 
Santalices Vieira amosouse desgustado pola sucesión de crimes machistas e animou ao conxunto da sociedade a “estar atentos á mínima situación que se atisbe de que pode producirse un crime de violencia machista; pido a todo o mundo que esteamos especialmente atentos e á mínima denunciemos, porque isto tamén é unha obriga da sociedade”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-10T12:56:00Z 2020-02-10T12:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3082/
Acordos da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 7 de febreiro de 2020

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 7 de febreiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 62402 (10/PNC-004971)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego respecto das colaboracións económicas e convenios entre a Xunta de Galicia e a fundación privada Cipri Gomes
BOPG n.º 599, do 29.01.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento acorda instar a Xunta de Galicia a remitir ao Parlamento Galego no prazo máximo de 15 días toda a documentación referente a todas e cada una das axudas, subvencións ou convenios de colaboración entre as diversas consellarías e organismos desta administración e a Fundación Cipri Gomes desde o ano 2010."
 
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
 
Elección da vicepresidenta da Mesa da Comisión
-  (10/CEEM-000052)
 
Dona Marta Nóvoa Iglesias (G.P. Popular de Galicia)

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-07T14:15:00Z 2020-02-07T14:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3081/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 6 de febreiro de 2020

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 6 de febreiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

 
Aprobación sen modificacións
 
- 8289 (10/PNC-000871)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 7 máis
Sobre o inicio pola Axencia de Turismo de Galicia das xestións necesarias para o desenvolvemento dun estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago en Galicia
BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 1 voto en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que a Axencia de Turismo de Galicia inicie as xestións necesarias para o desenvolvemento dun estudo que permita coñecer o impacto socieconómico do Camiño."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 26075 (10/PNC-002006)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a declaración do Entroido de Viana do Bolo como festa de interese turístico nacional
BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Apoiar a declaración do Entroido de Viana do Bolo como de "interese turístico nacional".

2. Realizar todos os trámites recollidos na Orde ITC/1763/2006, do 3 de maio, para solicitar ao Goberno de España a declaración do Entroido de Viana do Bolo como Festa de Interese Turístico Nacional."
 
- 59832 (10/PNC-004776)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da situación na que se atopan a empresa Muebles Hermida, no concello de Lourenzá, e o seu persoal
BOPG n.º 576, do 13.12.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a mediar diante da crise na empresa Muebles Hermida, no Concello de Lourenzá, na procura dunha solución que garanta o mantemento da actividade e os postos de traballo."


 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-06T14:11:00Z 2020-02-06T14:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3080/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 5 de febreiro de 2020


5.3 60646 (10/PNP-004519)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Jove González, Xan Xosé e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para incrementar as posibilidades de pesca do sector do xeito, garantindo a sostenibilidade da especie en augas interiores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a que no exercicio das competencias que lle son propias, estableza un plan de xestión propio para a arte do xeito, de tal forma que se incrementen as posibilidades de pesca para o sector,e se garanta á sostenibilidade da especie en augas interiores”.
 
5.4 60768 (10/PNP-004527)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reclamar do Goberno español que rectifique a decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes as estacións ferroviarias de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela e tome as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nas estacións afectadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno español que rectifique a decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes as estacións ferroviarias de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela e tome as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nas estacións afectadas”.
 
 
5.8 61990 (10/PNP-004619)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 15 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas solicitudes prioritarias fixadas na Axenda Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o 31 de outubro de 2020.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 594, do 22.01.2020.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar perante o novo Goberno de España as demandas prioritarias fixadas no documento de Axenda Galicia aprobado polo Consello da Xunta de 31 de outubro de 2019, nomeadamente:
 
1. O pago da débeda pendente con Galicia no relativo á mensualidade do IVE de 2017 aínda non transferida (200 millóns de euros) e aos incentivos ás comunidades con bo desempeño financeiro (170 millóns de euros).
 
2. A negociación dun novo sistema de financiamento autonómico que pondere nunha maior medida cuestións como o envellecemento e a dispersión da poboación, cun efecto directo no custo de prestación dos servizos e, en consecuencia, das necesidade efectivas de gasto.
 
3. A aprobación á maior brevidade da comprometida Estratexia Nacional fronte ao reto demográfico.
 
4. A defensa perante as institucións europeas da non diminución abrupta dos Fondos de Cohesión asignados a Galicia, así como a defensa dos intereses do noso sector pesqueiro no proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea.
 
5. A realización en Galicia das infraestruturas ferroviarias pendentes, nomeadamente a finalización do AVE nos prazos comprometidos, así como as súas conexións con Lugo ou Vigo, os investimentos relacionados coa inclusión no trazado do Corredor Atlántico Europeo, as actuacións de intermodalidade nas estacións ferroviarias, a planificación do ancho de vía, o reforzo dos servizos de viaxeiros ou a integración dos servizos ferroviarios co sistema autonómico de transporte metropolitano.
 
6. A transferencia á Xunta de Galicia da titularidade de AP-9 e AP-53, convenientemente financiadas para asumir os custos das actuacións, obras e rebaixas de peaxes comprometidas nas mesmas, así como daquelas outras transferencias que, contando co respaldo do Parlamento de Galicia, permitan unha mellor xestión desde a proximidade e dentro do marco constitucional e estatutario.
 
7. A realización dos restantes compromisos para atender as necesidades de Galicia en materia de estradas, particularmente as relacionadas coas autovías Lugo-Santiago, Ourense-Lugo, Vigo-O Porriño, A-8, A-57 ou autovía da Mariña así como actuacións demandadas noutras estradas como a FE-14, a variante de Ponteareas ou os tramos de concentración da accidentes identificados na rede estatal.
 
8. A execución e financiamento das obras hidráulicas de interese xeral do Estado, incorporando a estas o sistema de abastecemento da cidade de Vigo e da área sur da provincia de Pontevedra, así como a execución dos compromisos na dragaxe da Ría do Burgo e a implicación das confederacións hidrográficas no apoio aos concellos para o exercicio das súas competencias en materia de augas.
 
9. Un trato respecto ao financiamento e asunción de débedas contraídas para as autoridades portuarias galegas que sexa igualitario co acordo que se ten contraído ao respecto da autoridade portuaria valenciana.
 
10. A aprobación á maior brevidade posible dun Estatuto para os consumidores electrointensivos que recolla as demandas efectuadas por Galicia, así como a posta en marcha do resto de medidas necesarias para favorecer un prezo eléctrico estable que permita a continuidade de empresas como Alcoa.
 
11. A posta en marcha, a través da integración de Galicia nos correspondentes convenios e plataformas europeas, de  medidas efectivas para garantir unha transición ecolóxica xusta que evite o peche acelerado da central térmica das Pontes e busque unha alternativa industrial ao peche da de Meirama; ao tempo que se convoquen novas poxas de renovables que permitan incrementar aínda máis a potencia de enerxías renovables instalada en Galicia.
 
12. A adopción de medidas que rematen coas incertezas xeradas ao respecto do regulamento da Lei de Costas e que garantan a continuidade das concesións o autorizacións de usos no dominio público-marítimo terrestre.
 
13. O remate da incerteza respecto ao futuro do sector da automoción, evitando incrementar a fiscalidade da tecnoloxía diésel e cumprindo o compromiso de conectar Vigo coa rede de transporte de 220 kv a través da subestación eléctrica de Balaídos, fundamental para a competitividade da industria da automoción galega.
 
14. A consecución de carga de traballo para os estaleiros públicos de Navantia ata que non comece o corte de chapa para o contrato das fragatas F-110 así como o impulso do estaleiro 4.0 en para reforzar a competitividade das instalacións de Navantia Ferrol.
 
15. A toma áxil de medidas en relación co sector pesqueiro, resolvendo as dificultades burocráticas derivadas da aplicación da nova normativa estatal en materia de control de horarios laborais e promovendo os cambios que permitan facilitar a concesións de axudas a confrarías a través do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
 
16. O inicio dos traballos para un Pacto pola Educación que garanta a estabilidade e reforce a equidade do sistema, priorizando a aprobación dun modelo de acceso á profesión docente semellante ao MIR e a coordinación entre as comisións encargadas de elaborar as probas de acceso á universidade co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no conxunto do Estado.
 
17. A adopción de medidas para paliar a escaseza de profesionais da sanidade pública en prazas de difícil cobertura ou especialidades deficitarias como medicina de familia ou pediatría, comezando polas que xa foran acordadas en abril de 2018 polo consello interterritorial.
 
18. O incremento da achega da administración xeral do Estado no cofinanciamento das prestacións de dependencia ata chegar a ser equitativa coa que fai a administración autonómica, así como o incremento da achega estatal para compensar os gastos de transporte en consideración ás particularidade do territorio galego.
 
19. A necesaria colaboración económica por parte do Goberno central para estender a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos a todas as familias galegas.
 
20. A toma de medidas en materia de servizos sociais que permitan, por unha banda compensar á administración autonómica por gastos derivados de actuacións estatais (gastos das entidades que traballan coa discapacidade), recuperar fondos comprometidos que foron reducidos no actual exercicio (pobreza infantil, menores estranxeiros non acompañados), incrementar contías de programas insuficientes para atender a demanda actual en Galicia (plan concertado ou plan de desenvolvemento xitano) e cumprir os compromisos relativos á participación estatal no Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade.
 
21. A resposta á demanda conxunta de Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de creación dun novo xulgado do Social en Lugo.
 
22. En materia de seguridade, a incorporación de novos axentes á Unidade de Policía Adscrita a Galicia ata completar a súa dotación e a ampliación das taxas de reposición de efectivos que permitan levar a cabo a comarcalización dos parques de bombeiros das cidades.
 
23.  A axilización da execución dos fondos europeos destinados a cumprir os obxectivos de cobertura de banda larga fixados pola Unión Europea para 2020.
 
24. O apoio por parte da administración xeral do Estado ás candidaturas galegas a Patrimonio Mundial (Ribeira Sacra, Cíes-Illas Atlánticas e Ferrol da Ilustración) así como o remate dos compromisos adquiridos con investimentos culturais como o Museo Arqueolóxico de Ourense, a Biblioteca de Vigo ou a estratexia de dotacións culturais e turísticas nos faros galegos.
 
25. A aprobación dun plan estratéxico por parte do Goberno de España para o Xacobeo 2021 que recolla o cumprimento de compromisos por parte da administración xeral do Estado en materia de patrimonio cultural, seguridade viaria, promoción turística, delimitación e sinalización, así como a ampliación do Consello Xacobeo”
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-05T14:21:00Z 2020-02-05T14:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3079/
María Dolores Candedo Gunturiz toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Santiago, 4 de febreiro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de María Dolores Fátima Candedo Gunturiz como deputada da Cámara galega. Candedo Gunturiz concorreu ás Eleccións Autonómicas na lista electoral de En Marea pola circunscrición electoral da Coruña e incorporouse ao Grupo Mixto. Substitúe a José Manuel Lago Peñas.
 
Mª Dolores Candedo Gunturiz naceu en Medellin (Colombia) en 1960. Pedagoga de formación, desenvolve a súa traxectoria profesional no ámbito universitario.
 
Foi docente na USC e na UVigo inicialmente, e logo trasladouse á UDC, universidade na que desenvolveu diferentes responsabilidades, entre elas a de decana da Facultade de Ciencias da Educación. Posteriormente e ata a actualidade, combinou o seu labor docente coa responsabilidade de adxunta de titulacións na reitoría da UDC.
 
O seu ámbito de interese e estudo  relaciónase coa educación en valores, a igualdade de oportunidades no sistema educativo, os modelos lingüísticos, e as políticas sociais en xeral.
 
Boa parte da súa formación e traballo pedagóxico desenvólvese no ámbito do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Incorporouse recentemente ao Colectivo Renda Básica da Coruña.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-02-04T10:30:00Z 2020-02-04T10:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3078/
Acordos da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na súa sesión do 31 de xaneiro de 2020

A  Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na súa sesión do 31 de xaneiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
 
Elección de secretario da Mesa da Comisión
-  (10/CEEM-000051)
 
Don Julio Torrado Quintela (G.P. dos Socialistas de Galicia)
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-31T13:00:00Z 2020-02-06T14:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3077/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de xaneiro de 2020


 

4.4 59184 (10/PNP-004403)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as medidas que debe demandar o Goberno galego ao Goberno central co fin de simplificar o proceso de retorno dos españois e das súas familias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado, para que, con carácter de urxencia, adopte as seguintes medidas respecto dos españois e as súas familias no proceso de retorno:
 
1.- Flexibilice e simplifique a obtención de permisos de residencia e traballo para as parellas mixtas ou con fillos sen nacionalidade facilitando así a súa plena integración. Mesmo creando un procedemento especial de autorización de residencia de carácter temporal para familiares de españois sen nacionalidade, que lles permita establecerse e consolidar a posteriori un permiso definitivo.
 
2.- Flexibilice e axilice a homologación de títulos universitarios obtidos no exterior por cidadáns españois para simplificarlles o retorno, para a continuidade dos seus estudos e, sobre todo, para facilitarlles a súa incorporación ao mercado laboral.
 
3.- Flexibilice o troco do carné de conducir con todos os países onde residen os nosos cidadáns.
 
4.- Suprima as taxas de expedición de pasaporte ou doutra documentación requirida para o seu retorno, naqueles países que atravesen situacións de grave crise económica e social, que ocasiona que sexan moi difíciles ou imposibles de asumir”.
 
 
4.8 61449 (10/PNP-004561)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para esixir ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa das Pontes
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 590, do 15.01.2020
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que esixa ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa das Pontes para establecer a folla de ruta que garanta un futuro para as 750 familias que dependen da actividade da central térmica que Endesa ten nesta localidade, non aceptando a tramitación do expediente de peche presentado pola empresa ata que conclúan as probas con distintas mesturas de combustibles e existan alternativas viables para o mantemento do seu emprego”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-29T15:26:00Z 2020-01-29T15:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3076/
Declaración institucional sobre o Día de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto

 
O 1 de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa 42ª sesión plenaria, reafirmou que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e innumerables membros doutras minorías morreron asasinados, será sempre unha advertencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos.
 
E tamén decidiu designar o 27 de xaneiro, en recordo da liberación polas tropas soviéticas aliadas do Campo de Exterminio de Auschwitz-Birkenau o día 27 de xaneiro de 1945, como Día Internacional de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto, todas elas vítimas do nazismo, entre as que se contan tamén galegos e galegas.
O Holocausto é o resultado dun programa de persecución, encarceramento e exterminio levado a cabo polo nazismo que asasinou a máis de seis millóns de persoas. Tivo a súa orixe no intento de eliminación da disidencia política e ideolóxica e derivou nun xenocidio que contou coa colaboración da Ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado español despois da derrota da República en 1939 e tras a instauración dun réxime fascista.
 
En particular, este Parlamento quere lembrar os máis de 10.000 republicanos españois que terminaron deportados nos campos nazis pola colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiográficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galicia e morreron alí ou foron liberados pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu país de orixe.
 
Por todo isto, o Parlamento de Galicia fai súa a declaración da Asemblea Xeral das Nacións Unidas na que rexeitou toda negación, xa sexa parcial ou total, do Holocausto como feito histórico. E condenou sen reservas, condena que tamén este Parlamento fai súa, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e teñan lugar onde teñan lugar.
 
Chama á Xunta a traballar arreo contra os posibles brotes de racismo, xenofobia, antisemitismo e outras discriminacións baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e os cidadáns e as súas organizacións a permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holocausto poida asentar entre nós nin en ningún lugar do mundo.
 
 

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-29T11:21:00Z 2020-01-29T11:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3075/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de febreiro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de febreiro de 2020, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de xaneiro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres (10/SCNP-000002)
Publicación do ditame e dos votos particulares, BOPG n.º 592, do 20.01.2020
 
Punto 2. Texto lexislativo
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Mixto, de bebidas azucradas (doc. núm. 57343, 10/PPL-000043)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 17.10.2019
 
Punto 3. Comparecencia
 
 62533 (10/CPP-000120)
 Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre actuacións de mellora nos hospitais comarcais
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 62806 (10/MOC-000177)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de sanidade pública (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 59917, publicada no BOPG n.º 578, do 17.12.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)

4.2 62867 (10/MOC-000178)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a política do Goberno galego en relación cos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas termináis (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 59959, publicada no BOPG n.º 578, do 17.12.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)

4.3 62916 (10/MOC-000179)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 59392, publicada no BOPG n.º 572, do 04.12.2019, e debatida na sesión plenaria do 28.01.2020)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 40693 (10/PNP-004271)
Grupo Parlamentario Mixto
Sobre o recoñecemento e regulación polo Goberno galego da figura de Enfermería Escolar e o impulso dun acordo entre as consellarías con competencias en materia de educación e sanidade para a dotación dunha praza aos centros públicos e privados concertados de ensino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 17.10.2019
 
5.2 60188 (10/PNP-004496)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación do proxecto de construción dun centro comercial, dunha nova cidade deportiva e dunha zona verde segundo o previsto no convenio asinado entre o Real Club Celta de Vigo e o Concello de Mos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
5.3 60646 (10/PNP-004519)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Jove González, Xan Xosé e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para incrementar as posibilidades de pesca do sector do xeito, garantindo a sostenibilidade da especie en augas interiores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
5.4 60768 (10/PNP-004527)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reclamar do Goberno español que rectifique a decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes as estacións ferroviarias de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela e tome as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nas estacións afectadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
5.5 60792 (10/PNP-004529)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que debe levara cabo o Goberno galego para retomar o proxecto de construción do Museo da Romanización de Galicia no cuartel de San Fernando en Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
5.6 60973 (10/PNP-004535)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para declarar a caducidade do procedemento para a actualización e reapertura da mina de Touro por sobrepasar os prazos para a súa tramitación sinalados no artigo 33.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
5.7 61815 (10/PNP-004598)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para reactivar as transferencias pendentes do Estado, así como para impulsar a reforma da estrutura do Estado aos sentimentos nacionais de pertenza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 

5.8 61990 (10/PNP-004619)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 15 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas solicitudes prioritarias fixadas na Axenda Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o 31 de outubro de 2020.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 
Punto 6. Interpelacións
 

6.1 59241 (10/INT-002026)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co sector cultural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
6.2 59818 (10/INT-002046)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co incumprimento das obrigas reflectidas na Lei de vivenda de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 576, do 13.12.2019
 
6.3 61707 (10/INT-002102)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre a regulación dos xogos e apostas en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
  
7.1 62567 (10/POPX-000187)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da rectificación das políticas que a cidadanía galega está a contestar nas rúas
 
7.2 62568 (10/POPX-000188)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre a opinión do Goberno galego respecto do mantemento da afirmación de que esta é a lexislatura do rural
 
7.3 62569 (10/POPX-000189)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a opinión do Goberno galego respecto dos resultados da súa xestión en materia de sanidade pública despois de once anos de goberno
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 62551 (10/PUP-000297)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do contido do Informe de fiscalización do Tribunal de Contas sobre as demoras na execución do AVE a Galicia
 
8.2 62562 (10/PUP-000298)
Grupo Parlamentario Mixto
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para non escoitar as demandas cidadás respecto do proxecto de construción da estación intermodal de Ourense
 
8.3 60398 (10/POP-007080)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre se o Goberno galego ten estudado algunha medida para evitar a perda de postos de traballo en EMESA
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
8.4 61594 (10/POP-007392)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre que medidas pensa tomar o Goberno galego ao respecto da situación de EMESA
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 
8.5 60617 (10/POP-007137)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 7 máis
Sobre a valoración que fai  a Xunta sobre os resultados para Galicia do último informe PISA
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
  
8.6 62524 (10/PUP-000295)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
Sobre as melloras inmediatas que vai levar a cabo o Goberno galego para rectificar a deterioración sanitaria na comarca de Valdeorras
 
8.7 62545 (10/PUP-000296)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 6 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia do actual grao desenvolvemento do Plan galego de atención primaria e dos seus resultados
 
8.8 61635 (10/POP-007398)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a fase na que se atopa o informe sobre o fenómeno da soidade en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 
8.9 60474 (10/POP-007107)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego das actuacións levadas a cabo desde a sinatura desta nova addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Empresa Pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
8.10 61661 (10/POP-007421)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Vilar Chento, Óscar
Sobre a notificación aos beneficiarios das axudas agroambientais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 594, do 22.01.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
 
 
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2020
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-28T18:05:00Z 2020-02-03T10:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3074/
Ana Belén García Vidal toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia


Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Ana Belén García Vidal como deputada do Grupo Parlamentario Popular pola circunscrición da Coruña, posto no que substitúe a Beatriz Mato Otero.
 
Natural de Noia, onde reside, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e foi concelleira no Concello de Noia entre os anos 2015 e 2019.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-28T10:19:00Z 2020-01-28T11:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3073/
O Parlamento de Galicia mellorará o seu acceso cun proxecto que suprime barreiras arquitectónicas e separa o fluxo rodado do peonil

 
• O presidente da Cámara presentou hoxe o anteproxecto gañador do concurso de ideas, que agora deberá desenvolverse para iniciar as obras, previsiblemente, o vindeiro verán

Santiago, 27 de xaneiro de 2020.- A sede do Parlamento de Galicia contará proximamente cun acceso renovado que permitirá eliminar as barreiras que actualmente dificultan o acceso de persoas con mobilidade reducida, separará o fluxo peonil do rodado e evitará que os visitantes da Cámara deban agardar á intemperie para acreditarse.
 
Ese era o obxectivo do concurso de ideas convocado pola Cámara  para mellorar a accesibilidade do Pazo do Hórreo e suprimir barreiras arquitectónicas, do que resultou gañadora a proposta presentada por Tejedor y Otero Arquitectos, S.L.P.
 
O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentou este mediodía o anteproxecto seleccionado polo xurado e adxudicado pola Mesa da Cámara, ao tempo que inaugurou unha exposición integrada polos diferentes anteproxectos presentados ao concurso de ideas para a mellora da accesibilidade para unha sede aberta do Parlamento de Galicia. Para Santalices, esta exposición enmárcase na transparencia que caracteriza a xestión do Parlamento e vai moito máis aló das  esixencias legais establecidas para procedementos deste tipo.
 
“Necesidade evidente”
 
Segundo o presidente do Parlamento, a mellora dos accesos e a supresión das barreiras arquitectónicas o Pazo do Hórreo –comprometida tempo atrás cos colectivos que presentan ás persoas con discapacidade-, resulta “unha necesidade evidente”.
 
Explicou que a Administración parlamentaria optou por convocar un concurso de ideas, un proceso laborioso desde o punto de vista da tramitación pero que, en cambio, permite unha maior participación do sector, alentando así o talento e a creatividade dos profesionais da arquitectura.
 
Presentáronse ao concurso de ideas un total de 43 anteproxectos, dos que catro foron excluídos por non se axustaren ás bases do concurso.
 
Conforme á proposta do xurado (integrado por nove persoas   (seis delas arquitectos) o segundo premio correspondeu a Muñiz Mas Alfaya, S.L.P.; o primeiro accésit foi para  Miguel Ángel Gilabert Campos; o segundo accésit para Pilar Cano-Lasso Carretero; e o terceiro accésit para Rubén Rodríguez Iglesias.
 
Agora, o estudio gañador do concurso de ideas deberá redactar o proxecto arquitectónico definitivo para a execución das obras, que contarán cun orzamento máximo de 1,6 millóns de euros e, de continuar  a tramitación segundo o previsto, poderían comezar no verán deste ano.
 
Do anteproxecto gañador, o xurado destaca que integra a nova edificación como parte do basamento do edificio do Parlamento, utiliza a pedra como material básico da intervención canda elementos máis lixeiros e diáfanos, ao tempo que racionaliza e xerarquiza o acceso ao edificio, evitando a interferencia entre o fluxo rodado e peonil. O anteproxecto favorece a eficiencia enerxética nos novos espazos.
 
Superar as dificultades actuáis
 
A solución técnica adoptada no seu momento para facilitar o acceso ordinario ao pazo do Hórreo presenta, arestora, notables carencias, especialmente para as persoas con diversidade funcional.
 
Na actualidade, o control de acceso está separado da entrada do edificio. Estes dous puntos están unidos por unha rampa dunha pendente próxima ao 20%, e cun pavimento irregular, circunstancias que dificultan a accesibilidade, especialmente para as persoas con problemas de mobilidade.
 
Ao tempo, nin a caseta de seguridade, nin a rampa que a comunica coa entrada ao edificio contan con elementos de protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas, polo que os grupos de persoas que visitan o Parlamento se ven obrigados a facer cola á intemperie. Esta carencia resulta especialmente molesta nos días de chuvia e afecta especialmente ás visitas escolares, de grupos da terceira idade e persoas con diversidade funcional. A maiores, o espazo de circulación de persoas é compartido co tráfico rodado de vehículos que saen do aparcamento do recinto.
 
Ademais dos problemas en materia de accesibilidade que presenta o edificio, a intervención resulta necesaria para poder atender o crecente volume de persoas que acoden ao Parlamento, tanto para participar na actividade institucional, como nas diferentes modalidades de visitas (portas abertas, visitas guiadas ou o Coñece as túas institucións dirixido ao estudantado galego).
 
No acto celebrado este mediodía no Parlamento, Santalices foi precedido no uso da palabra pola presidenta do xurado do concurso de ideas, a letrada María Aneiros; e polo representante do anteproxecto gañador do concurso, Julio Otero Cruz.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-27T13:51:00Z 2020-01-27T14:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3072/
Minuto de silencio contra a violencia machista no Parlamento

Santiago, 27 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en sinal de repulsa contra a violencia machista e en memoria da muller asasinada o pasado sábado na Pastoriza.
 
Encabezados polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, participaron nesta concentración deputadas e deputados, persoal do Parlamento, dos grupos parlamentarios e do Valedor do Pobo, así como xornalistas acreditados na institución.
 
Nada máis ter coñecemento do suceso, o presidente do Parlamento condenou este novo caso de violencia machista, expresando a súa “rabia, indignación e impotencia”, ademais de trasladar a súa condolencia á familia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-27T12:32:00Z 2020-01-27T12:34:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3071/
Acordos da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2020

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 59701 (10/PNC-004763)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Lago Peñas, José Manuel e Torregrosa Sañudo, Julia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas recomendacións reflectidas na Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018, elaborada polo Consello Económico e Social de Galicia
BOPG n.º 576, do 13.12.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para facer efectivas as recomendacións do CES recollidas na Memoria sobre a Situación Económica e Social de Galicia 2018 e, de xeito específico, ante a desaceleración experimentada pola Economía galega no ano 2018, insta á Xunta de Galicia a adoptar as medidas que sexan precisas para reorientar a economía galega cara un novo modelo de crecemento, acelerando o paso cara unha economía verde, con alto contido tecnolóxico e xeradora de novas fontes de emprego, que permita avanzar na redución da taxa de desemprego, na mellora das condicións de traballo e na corrección da desigualdade crecente.
 
As medidas que adopte a Xunta de Galicia deben velar e impulsar unha transición ordenada e xusta, que non deixe atrás a ninguén, solicitando ao Goberno de España que asuma esta prioridade de transición ordenada e xusta e demande os fondos necesarios para levala a cabo.”
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 57434 (10/PNC-004567)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Porritt Lueiro, María Teresa e Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre a dotación polo Goberno galego dos recursos humanos e materiais necesarios para o rigoroso cumprimento do procedemento administrativo común das administracións públicas, establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro
BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a poñer en marcha todos os recursos, humanos e materiais, necesarios para cumprir rigorosamente co procedemento administrativo común, por mandato legal establecido na Lei 29/2015."
 
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proposición de lei para presentar perante o Congreso
 
Designación da Ponencia
 
- 57950 (10/PPLC-000018)
Grupo Parlamentario Mixto
Villares Naveira, Luis
Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, de modificación da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido
BOPG n.º 556, do 31.10.2019
 
G.P. Popular de Galicia
Dona Jackeline Elizabeth Fernández Macías (titular)
Dona María Guadalupe Murillo Solís(suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia
Dona María Teresa Porritt Lueiro (titular)
Dona Matilde Begoña Rodríguez Rumbo (suplente)
 
G.P. da Alternativa Galega de Esquerda
Dona Julia Torregrosa Sañudo (titular)
Don Antón Sánchez García (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
Dona Noa Presas Bergantiños (titular)
Dona Olalla Fernández (suplente)
 
G.P. Mixto:
Dona Paula Vázquez Verao (titular)
Don Francisco Casal Vidal (suplente)
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-24T14:21:00Z 2020-01-24T14:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3070/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 22 de xaneiro de 2020

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 60310 (10/PNC-004828)
Grupo Parlamentario Mixto
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre os medios dos que dispoñen os concellos de Alta Montaña para facer fronte ás nevadas, estudando solucións e alternativas
BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover mecanismos de coordinación e colaboración coas entidades locais e outras administración co ánimo de completar as necesidades de intervención e dotación de medios materiais que poidan ter os concellos para melloar a vialidade invernal nas vías da nosa comunidade, aplicando criterios de selección que atendan aos riscos identificados no PLATERGA e demais instrumentos de planificación de emerxencias."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-22T15:56:00Z 2020-01-22T15:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3069/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 28 de xaneiro de 2020

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 28 de xaneiro de 2020, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de xaneiro de 2020, a orde do día da sesión é a
seguinte:
 
Punto Preliminar.  
 
Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia da nova deputada dona Ana Belén García Vidal

Punto 1.    Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia (doc. núm. 60034, 10/PL-000021)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 17.12.2019
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. Mixto, de reforma da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, de despenalización da eutanasia e axuda ao suicidio (doc. núm. 57326, 10/PPLC-000017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 17.10.2019
 
Punto 2.    Comparecencia
 
 61984 (10/CPP-000119)
 Do señor vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para informar da axenda galega plantexada diante diante do Goberno Central para a súa concreción e execución
 
Punto 3.    Mocións
 
3.1 60303 (10/MOC-000174)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación do sector naval. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 57041, publicada no BOPG n.º 547, do 16.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 17 de decembro de 2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
3.2 60306 (10/MOC-000176)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos servizos hospitalarios de urxencias (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 59274, debatida na sesión plenaria celebrada o 18 de decembro de 2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
3.3 60315 (10/MOC-000175)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a política do Goberno galego ante a crise xerada polo peche das centrais térmicas de carbón (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 57809, debatida na sesión plenaria do 18 de decembro de 2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 52569 (10/PNP-004623)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 sobre as medidas en relación cos danos provocados polo xabaril
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 579, do 18.12.2019
 
4.2 58789 (10/PNP-004373)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa implantación de novas titulacións nos campus universitarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 564, do 19.11.2019
 
4.3 58933 (10/PNP-004379)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a postura do Parlamento de Galicia respecto do acordo da Asemblea de Madrid no que se insta á ilegalización de determinados partidos políticos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
4.4 59184 (10/PNP-004403)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
 Sobre as medidas que debe demandar o Goberno galego ao Goberno central co fin de simplificar o proceso de retorno dos españois e das súas familias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
4.5 59871 (10/PNP-004465)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co estaleiro Barreras e o sector naval da ría de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 17.12.2019
 
4.6 60166 (10/PNP-004492)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co baixo nivel de execución orzamentaria que presenta o Instituto Galego de Promoción Económica nos anos 2016, 2017 e 2018, así como a consecución dos seus obxectivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
4.7 60232 (10/PNP-004528)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Villares Naveira, Luis e Casal Vidal, Francisco
 Sobre a creación polo Instituto Galego de Promoción Económica dun programa de liquidez para o adianto aos traballadores dos salarios pendentes de pagamento cando a empresa é declarada insolvente ou en concurso de acredores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
4.8 61449 (10/PNP-004561)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para esixir ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa das Pontes
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 590, do 15.01.2020

Punto 5. Interpelacións
 
5.1 59392 (10/INT-002032)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación da atención primaria do sistema sanitario de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
5.2 59917 (10/INT-002049)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a sanidade pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 17.12.2019
 
5.3 59959 (10/INT-002050)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos dereitos e coas garantías da dignidade das persoas enfermas terminais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 17.12.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 

6.1 61986 (10/POPX-000184)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a posibilidade de ocultar a xestión levada a cabo polo Goberno galego durante unha década en relación coa defensa dos intereses de Galicia
 
6.2 61988 (10/POPX-000185)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre as conclusións extraídas polo Goberno galego respecto do conflito do paritorio de Verín
 
6.3 61991 (10/POPX-000186)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a asunción de responsabilidades polos problemas que se están a xerar co peche do paritorio de Verín
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 

7.1 60314 (10/POP-007072)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Rodríguez Estévez, David e 2 máis
 Sobre os medios dos que dispoñen os concellos de Alta Montaña para facer fronte ás nevadas, estudando solucións e alternativas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 584, do 07.01.2020
 
7.2 60770 (10/POP-007190)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 8 máis
 Sobre as xestións que ten feito a Xunta de Galicia desde que coñeceu a decisión do Goberno español de deixar sen servizo de venda de billetes presencial a partir do 31 de decembro oito estacións ferroviarias galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
7.3 61219 (10/POP-007324)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a organización e a seguridade do transporte escolar de varios centros da provincia de Ourense en xaneiro de 2020
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 590, do 15.01.2020
  
7.4 61955 (10/PUP-000293)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 2 máis
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da rectificación do actual proxecto de construción dunha estación intermodal en Ourense e a recuperación do inicialmente previsto
 
7.5 61959 (10/PUP-000294)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto das incidencias producidas no servizo público de transporte escolar na provincia de Ourense no reinicio da actividade dos centros educativos tralas vacacións do Nadal
 
7.6 60977 (10/POP-007245)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre si vai proceder o Goberno galego a declarar a caducidade do procedemento para a actualización e reapertura da mina de Touro por sobrepasar os prazos para a súa tramitacións sinalados no artigo 33.4 da Lei 13/2013 de avaliación ambiental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 587, do 10.01.2020
 
7.7 61333 (10/PUP-000288)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego ao respecto do anunciado polo Goberno do Estado en materia enerxética
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 590, do 15.01.2020
 
7.8 61953 (10/PUP-000292)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir o mantemento dos 225 postos de traballo e o futuro da actividade produtiva da empresa Isidro 1952
 
7.9 61157 (10/POP-007306)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do servizo de paridoiro nos hospitais comarcais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 590, do 15.01.2020
 
7.10 61215 (10/POP-007323)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 9 máis
 Sobre a previsión por parte do Goberno galego de actuacións de mellora no Hospital de Verín
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 590, do 15.01.2020
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-21T16:25:00Z 2020-01-21T16:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3068/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2020

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 59462 (10/PNC-004748)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 5 máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da modificación do Real decreto de ordenación pesqueira co fin de posibilitar o rexistro e uso, como auxiliares da 4ª lista, dos buques destinados ao marisqueo ou á extracción de recursos específicos como o percebe, as algas e os ourizos, así como flexibilizar as baixas por caladoiro e modalidade para a entrada da nova capacidade
BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a modificación do Real Decreto de Ordenación Pesqueira de cara a:
 
1. Proceder a considerar e dar abeiro á posibilidade de poder rexistrar e empregar como auxiliares de 4ª lista os buques que se utilizan para o marisqueo ou a extracción de recursos específicos coma o percebe, algas, ourizos, a similitude dos buques auxiliares de coral, empregados de facto para achegar aos pescadores alí onde se encontra o recurso.

2. Flexibilizar as baixas por caladoiro e modalidade para a entrada de nova capacidade, buscando solucións á escaseza de baixas”.

Aprobación con modificacións
 
- 55006 (10/PNC-004357)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas posibles consecuencias, para o sector marítimo-pesqueiro de Galicia, da eventual saída do Reino Unido da Unión Europea
BOPG n.º 528, do 11.09.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
-  Solicitar do goberno Central una xuntanza na que:
 
• Se estableza a coordinación de esforzos e o intercambio de información sobre a vía de atención ás necesidades previstas ante a posible nova situación.
 
• Habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.
 
•  Se diten as instrucións pertinentes para exercer o posible control dos buques de bandeira británica que atraquen nestes peiraos, a través das patrullas ou unidades do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil.
 
- Desenvolver, en colaboración co sector, un listado concreto e avaliable de ameazas e oportunidades consecuencia do Brexit para o sector da pesca en Galicia.
 
- Desenvolver dentro das súas competencias en materia de pesca, e a partir do estudo anterior, unha estratexia concreta, dotada orzamentariamente, para paliar e contrarrestar as ameazas que se determinen.
 
-  Desenvolver unha proposta concreta, para defendela ante a administración do Estado e da UE, de cara a futura negociación dun acordo pesqueiro co Reino Unido que entre outras cuestións abordará o acceso as augas e o reparto de cotas. Esta proposta deberá ser elaborada con urxencia dado que está previsto que a negociación se inicie antes de xullo de 2020.
 
-  Informar  a  este  Parlamento  dos  traballos  desenvoltos  e  as  conclusións  da  comisión especial do brexit, que teoricamente puxo en marcha o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia no mes de setembro, sobre a  situación da pesca e a súa comercialización na comunidade autónoma tras a saída do Reino Unido da Unión Europea.”
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40811 (10/PNC-003309)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a transferencia por parte do Goberno galego da titularidade do edificio da lonxa vella de Camariñas ao Concello
BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a una cesión de uso do edificio da lonxa vella de Camariñas ao Concello, a solicitude do ente local".
 
- 58213 (10/PNC-004651)
Grupo Parlamentario Mixto
Casal Vidal, Francisco e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a formación e protexer a saúde das mulleres redeiras, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co recoñecemento do coeficiente redutor da idade de xubilación a este colectivo e a súa homologación coas mulleres mariscadoras
BOPG n.º 557, do 06.11.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Seguir desenvolvendo formación para as redeiras dentro do programa orzamentario 422K da Consellería do Mar
 
2.- Mellorar as instalacións nas que as redeiras realizan o seu traballo, para conseguir que as  naves nas que realizan os traballos reúnan as condicións de salubridade comodidades mínimas.
 
3.- Dirixirse ao Goberno do Estado para realizar as modificacións no réxime especial  de  persoas  traballadoras  do  mar establecendo  o  recoñecemento  do coeficiente redutor para redeiras, así como a homologación das percebeiras e mariscadoras ao 0,15% nos termos sinalados polo Instituto Social da Mariña, para dar inicio conforme ao artigo 10 do Real Decreto 1698/2011.
 
4.- Reclamar do Goberno do Estado que este coeficiente redutor non implique incremento de cotas á Seguridade Social, sen que isto supoña unha redución da base de cotización.
 
5.-Eliminar, por parte do goberno do Estado, a condición do relevo xeracional imposta para a tramitación da modificación dos coeficientes redutores."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 50337 (10/PNC-004075)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan de acción do marisqueo Galicia 2030
BOPG n.º 483, do 05.06.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a poñer a disposición dos distintos grupos parlamentarios o Plan de acción do marisqueo Galicia 2030, ao que se referiu na emenda rexistrada co número 50167, en data 27/05/2019, e sometelo a debate na Comisión 8ª."
 
- 60114 (10/PNC-004806)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Jove González, Xan Xosé e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a dotación dun dique de abrigo ao porto de Meloxo, no concello do Grove
BOPG n.º 581, do 23.12.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar, á maior brevidade posible, os traballos que permitan dotar a Porto Meloxo dun dique de abrigo. O proxecto debe elaborarse e executarse en base as determinacións técnicas que permitan que esta infraestrutura non afecte ás concesións marisqueiras da contorna."
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-20T10:10:00Z 2020-01-20T10:16:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3067/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de xaneiro de 2020

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 59252 (10/PNC-004727)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da súa colaboración económica para garantirlles a gratuidade da educación infantil no tramo de idade de 0 a 3 anos a todas as familias galegas
BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado a colaboración económica para garantir a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos a todas as familias galegas."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-17T11:28:00Z 2020-01-17T11:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3066/
Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 15 de xaneiro de 2020

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 15 de xaneiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 59357 (10/PNC-004736)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 10 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento e ao Concello de Lugo en relación coa execución do proxecto de construción da estación intermodal de Lugo
BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1.- Esixir que o Ministerio de Fomento constrúa e financie a terminal ferroviaria da estación intermodal que presentou na cidade de Lugo en marzo de 2019. Isto é: unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.
 
2.- Demandar do Concello de Lugo e do Ministerio de Fomento, como administracións implicadas no desenvolvemento da estación intermodal de Lugo xunto coa Administración autonómica, que asinen, á maior brevidade, o convenio de colaboración a tres bandas proposto pola Xunta, similar ao xa asinado noutras cidades galegas que teñen as súas estacións intermodais en execución."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 56871 (10/PNC-004514)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 3 máis
Sobre a execución polo Goberno galego das melloras necesarias para garantir a seguridade viaria na estrada autonómica LU-636, que une Sarria con Becerreá
BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
Sométese a votación cunha emenda in voce do G. P. Popular de Galicia e resulta aprobada pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo as melloras necesarias na estrada autonómica LU-636 que une Sarria con Becerreá, incluíndo as obras e posterior sinalización, para garantir a seguridade neste tramo."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 56932 (10/PNC-004520)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a realización pola Xunta de Galicia dunha proposta para a retirada e tratamento dos lodos contaminados procedentes da dragaxe da canle do río Lérez non susceptibles de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría
BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
Sométese a votación por separado o texto da iniciativa como punto 1 e o punto 2 da emenda do G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 61500) cos resultados que se reflicten a seguir:
 
Punto 1: aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
Punto 2: rexeitado por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, sen modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a realizar una proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe da canle do río Lérez que pola súa potencial carga contaminante ou prexudicial non sexan susceptíbeis de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría."

- 58882 (10/PNC-004687)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento co fin de garantir a seguridade viaria na estrada N-120, no tramo comprendido entre Monforte de Lemos e Ourense
BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento a fin de que proceda a adoptar as medidas que de modo definitivo permitan garantir a seguridade viaria da estrada N-120, no tramo entre Monforte e Ourense, entre outras, a dotación de carrís adicionais que eliminen os riscos existentes na actualidade e a consolidación definitiva dos noiros das marxes da estrada."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-15T16:02:00Z 2020-01-15T16:06:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3065/
Visita protocolaria de despedida do xeneral xefe da Forza Loxística Operativa

Santiago, 8 de xaneiro de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse este mediodía no seu despacho da Cámara co xeneral Francisco Javier Sánchez Fernández,  xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), que efectuou unha visita de cortesía para despedirse, xa pasará á reserva o próximo 18 de xaneiro.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-08T13:53:00Z 2020-01-08T14:00:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3064/
O Parlamento de Galicia e a Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía exploran posibles vías de colaboración no ámbito da lusofonía

Santiago, 8 de xaneiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá á secretaria da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía, Mª del Carmen Lula, acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, que lle propuxeron diferentes vías de colaboración, nomeadamente no ámbito da lusofonía.
 
Santalices Vieira amosouse receptivo á proposta da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía e recordou que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, en 2014, a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos cos lusofonía, xurdida por iniciativa popular. A referida norma sinala, entre outros aspectos, que deberán ser promovidas as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2020-01-08T13:18:00Z 2020-01-08T13:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3063/
Santalices reivindica a “política con maiúsculas”, na que a estabilidade e o benestar das persoas “se antepoña ao tacticismo e os cálculos electoralistas”

 
• O presidente do Parlamento de Galicia exerceu como delegado rexio na Ofrenda da Translación
 
• Insiste en que blindar o estado de benestar constitúe unha necesidade apremiante, “pero tamén unha obriga moral para cantos somos partícipes do seu deseño e administración”
 
• Anima a recordar as dificultades do pasado e avoga pola solidariedade “tanto entre persoas como entre territorios”
 
• Unha “transición enerxética xusta que preserve a actividade económica e o emprego supón  un desafío para todos, e moi particularmente para Galicia, que contén o alento ante a ameaza dunha descarbonización abrupta que ameaza postos de traballo”
 
Santiago, 30 de decembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exerceu hoxe como delegado rexio na Ofrenda da Translación, unha cerimonia que se celebra desde 1646 e que, nesta ocasión, por mor das obras de restauración da Catedral de Santiago, se celebrou na Igrexa de San Francisco.
 
Na súa invocación ao Apóstolo Santiago, Santalices reivindicou a “política con maiúsculas, a que busca o acordo e responde e soluciona con intelixencia os problemas dos cidadáns; reivindicamos a política e os políticos que respectan o Estado de dereito e a separación de poderes consagrada pola carta magna aprobada por unha inmensa maioría de españois”.
 
Avogou por unha política que procure construír un futuro de oportunidades en lugar de tentar destruír  ao adversario. “Que a estabilidade política e o benestar das persoas se antepoña –dixo- agora e para sempre, ao tacticismo e os cálculos electoralistas”.
 
Compromiso xacobeo da monarquía española
 
O titular do Lexislativo galego agradeceu poder representar ao Rei nesta cerimonia que  que aúna “tradición, vocación e sentimento” e recordou   o “firme compromiso xacobeo” da monarquía española. Desexou “saúde e larga vida” ao rei Felipe VI e á súa familia, “para afrontar con sabeduría e acerto os altos cometidos que ten encomendados á fronte da Xefatura do Estado”.
 
O delegado rexio fixo votos para materializar un “clima propicio para o emprego e o benestar social, de maneira que as familias, nas súas diferentes tipoloxías, podan desenvolver o seu propio proxecto de vida”.
 
Insistiu en que “blindar o estado de benestar” constitúe unha necesidade apremiante, “pero tamén unha obriga moral para cantos somos partícipes do seu deseño e administración”.
 
Na súa intervención, na que empregou o galego e o castelán, Santalices Vieira  animou a “escoitar e interpretar correctamente” á mocidade, ao tempo que puxo en valor  a experiencia e os coñecementos que atesouran as persoas maiores.
 
Para o presidente do Parlamento de Galicia, dramas como a violencia de xénero evidencian un fracaso que “debe ser combatido sen tregua, quizais con estratexias novidosas, xamais desde a indiferenza, o conformismo ou, o que sería peor, o negacionismo que fere ás vítimas e define aos que o abandeiran”.
 
Fronte a aos brotes ou tentacións xenófobas, Santalices Vieira convidou  a facer memoria e “recordar as nosas dificultades do pasado” e avogou pola solidariedade “tanto entre persoas como entre territorios”.  Advertiu do “risco de demonizar aos nosos semellantes, xa sexa por razóns de índole económica, orixe, relixión ou ideoloxía”.
 
Cambio climático
 
O delegado rexio chamou a atención sobre os riscos derivados do cambio climático e apuntou que cada quen,  na medida das súas posibilidades, é corresponsable do novo rumbo que debe adoptarse para preservar o medio natural.
 
A articulación dunha “transición enerxética xusta que
preserve a actividade económica e o emprego supón –afirmou Santalices- un desafío para todos, e moi particularmente para esta Galicia nosa, que contén o alento ante a ameaza dunha descarbonización abrupta que ameaza moitos postos de traballo”.
 
Vixencia do bilingüismo
 
Cun autogoberno “plenamente consolidado que multiplicou as posibilidades de crecemento, proxección social, cultural e económica de Galicia, seguimos reivindicando as peculiariedades da nosa cultura, que ten como principal expoñente a lingua  galega”. Con todo, o oferente reivindicou a “plena vixencia  dos nosos dous idiomas oficiais –galego e castelán- que nos confiren o privilexio de poder comunicarnos con medio mundo”.
 
Insistiu tamén o presidente do Parlamento na “plena inserción de Galicia na España constitucional” e puxo de manifesto “a nosa pertenza, como socios de pleno dereito da Unión Europea, sabedores de que, nun mundo globalizado, o individualismo nos abocaría irremediablemente a un estrepitoso fracaso”.
 
O delegado rexio respaldou o retorno dos galegos e galegas, ben de primeira xeración ou dos seus descendentes, por tratarse dunha “prioridade que temos a obriga de apoiar coo expresión máxima de fraternidade”.
 
Santalices Vieira reivindicou os valores da cultura de occidente, “ás veces adormecidos, pero sempre exemplo de respecto e de pluralidade, valores que queremos para nós, para os nosos fillos e para o mundo enteiro”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-30T14:11:00Z 2020-01-02T10:41:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3062/
O Parlamento de Galicia instala pictogramas para facilitar a accesibilidade cognitiva das persoas con trastorno do espectro autista

 
• Os pictogramas responden ao marcado pensamento visual das persoas con TEA e constitúen o sistema que mellor se adapta ás necesidades deste colectivo
 
Santiago, 23 de decembro de 2019.- Facilitar a accesibilidade cognitiva das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) é o obxectivo dos pictogramas que se veñen de instalar o Parlamento de Galicia coa colaboración da Federación Autismo Galicia.
 
A medida enmarcase nun convenio asinado no seu momento entre o Parlamento de Galicia e a Federación Autismo Galicia para a promoción da accesibilidade das persoas con trastorno do espectro autista no ámbito da Cámara galega.
 
As persoas con TEA presentan alteracións da linguaxe, o que interfire na súa capacidade para interpretar e interactuar co mundo que os rodea. Para superar estas carencias, utilízanse Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC). Dentro destes sistemas, os pictogramas son os que mellor se adaptan ás persoas con autismo, dado o seu marcado pensamento visual.
 
Adaptación dunha guía didáctica
 
De xeito paralelo á sinalización con pictogramas, a Federación Autismo Galicia tamén colabora coa Cámara galega para adaptar e facer accesible para as persoas con TEA a guía didáctica “Coñece as túas institucións” dirixida ao alumnado que visita o Parlamento de Galicia. Autismo Galicia tamén asesorará aos profesionais encargados das visitas guiadas ao Parlamento de Galicia facilitando pautas de comunicación e suxerindo axustes para facilitar a comunicación coas persoas con TEA.
 
Ademais de facilitar a accesibilidade cognitiva no Pazo do Hórreo, con esta medida o Parlamento de Galicia busca concienciar ao conxunto da sociedade respecto ás necesidades específicas das persoas con TEA.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-23T10:41:00Z 2019-12-23T10:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3061/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de decembro de 2019

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de decembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 59460 (10/PNC-004747)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central respecto da aplicación e do alcance da obrigatoriedade do rexistro horario da xornada laboral a bordo dos buques pesqueiros, así como no sector marítimo-pesqueiro
BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada sen modificacións; punto primeiro, aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes con dereito a voto; punto segundo, aprobado por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado:
 
1. A aclaración sobre a aplicación e alcance da obrigatoriedade do rexistro diario da xornada a bordo dos buques pesqueiros.
 
2. Adecuar, tendo en conta as peculariedades laborais do sector pesqueiro, ou mesmo eliminar esta norma para o sector marítimo-pesqueiro en base á súa posible inviabilidade de aplicación."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 41623 (10/PNC-003392)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a execución por parte do Goberno galego, logo do acordo cos profesionais que utilizan as instalacións, das melloras necesarias para dignificar a situación do peirao de Portosín, no concello de Porto do Son
BOPG n.º 400, do 18.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a realizar de inmediato as melloras necesarias para dignificar a situación do periao de Portosín, logo de acordar as mesmas cos profesionais que utilizan a instalación."
 
 
 
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-20T13:21:00Z 2019-12-20T13:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3059/
O presidente do Parlamento de Galicia exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación

Santiago, 19 de decembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago, instaurada en 1646, durante o reinado de Felipe IV, e que se celebrada o 30 de decembro de cada ano. Nesa cerimonia litúrxica conmemórase  a translación do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Haifa ata o de Iria Flavia.
 
O xefe da Casa de S.M. o Rei, Jaime Alfonsín, vén de comunicar ao presidente do Parlamento a designación efectuada por Felipe VI. A cerimonia celebrarase o vindeiro 30 de decembro na Igrexa de San Francisco debido ás obras de restauración da Catedral de Santiago.
 
O presidente do Parlamento amosou o seu agradecemento ao monarca pola designación e afirmou sentirse “honrado” por ter ocasión de volver ostentar tal representación.
 
Santalices Vieira exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago (a que se celebra cada 25 de xullo) nos anos 2016 e 2018, ao tempo que presentou a Ofrenda da Translación de 2017 e 2018.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-20T12:27:00Z 2019-12-20T13:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3058/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 18 de decembro de 2019


 
3.2 59310 (10/PNP-004419)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación coa rede de transporte de mercadorías do noroeste peninsular, así como co desenvolvemento nel da rede transeuropea de transporte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:

 
 "O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Fomento:
 
1.- A elaboración e presentación, á maior brevidade, dun Plan Director de transporte de mercadorías para o noroeste peninsular que estableza unha programación para o desenvolvemento dunha rede ferroviaria de calidade e acorde cos requisitos establecidos para a rede principal da Rede Transeuropea de Transporte.
 
2.- A elaboración e presentación de proxectos concretos e de calidade, compatibles co Plan Director, que permitan modernizar a rede de mercadorías do noroeste español con fondos comunitarios.
 
3.- Solicitar fondos da nova convocatoria do CEF Multi-Annual Work Programme (MAP) para iniciar os proxectos necesarios para o desenvolvemento da rede transeuropea de transporte no noroeste peninsular. Nesta liña, a ter especialmente en conta o proxecto ferroviario da saída sur de Vigo, posible beneficiario destas axudas, ao tratarse dunha actuación estratéxica para Galicia e para o Norte de Portugal”.

3.4 59398 (10/PNP-004429)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de saúde mental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar e presentar, no prazo de seis meses, unha estratexia real de saúde mental en Galicia, acompañada coa dotación de recursos necesarios para o seu desenvolvemento efectivo a través do sistema galego de saúde”.
 
3.7 59520 (10/PNP-004441)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 14 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas reivindicacións da Xunta de Galicia ante o Goberno central referidas ao ingreso das contías do imposto sobre o valor engadido do ano 2017 pendentes de liquidación, así como a aprobación dos incentivos a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia:
 
1. Declara o seu apoio á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata a través dunha de estas dúas opcións:
 
a. Que habilite o financiamento previsto para compensar todas as cantidades do IVE correspondente á mensualidade non computada no 2017 a todas as CC.AA., deputacións provinciais e entidades locais, antes do 30 de decembro, empregando o sistema habitual de habilitación de recursos tributarios do sistema mediante minoración dos ingresos, ou de non poder realizarse do xeito anterior a través da correspondente modificación orzamentaria, ampliando os correspondentes créditos da Sección 36.
 
b. Nun contexto de prórroga como o actual e tendo en conta que no presente exercicio 2019 a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) xa esta a recadar 12 meses de IVE de xeito efectivo, mentres que so liquidou 11 na devandita liquidación do exercicio 2017, a anterior opción debería poder aplicarse (ao igual que se fixo coa actualización dos pagos a conta). Pero, en todo caso, de non estimarse como factible dita solución proponse que a Administración Xeral do Estado asuma un incremento transitorio do seu endebedamento, polo mesmo importe que a débeda do IVE non liquidado e que, posteriormente, unha vez implementado o mecanismo legal axeitado, deixe sen efecto esa débeda. Con este axuste contable o IVE sería igual á débeda que o Goberno central subscribiría e transferiría ás Comunidades Autónomas.
 
2. Declara o seu apoio á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.
 
3. Insta á Xunta de Galicia a dar traslado deste acordo ao Goberno de España e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados”. 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-18T16:37:00Z 2019-12-18T16:41:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3057/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 17 de decembro de 2019


 
2.1 59777 (10/MOC-000171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña. (Moción consecuencia da Interpelación nº 44596, publicada no BOPG nº 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 03.12.2019)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1.- Presentar no Parlamento un informe detallado do accidente do buque Blue Star, dende o seu inicio até o momento actual, no que como mínimo conste:
 
a) Por que saíu o buque do seu fondeadoiro en Ares, cando había alerta amarela pola intensidade do vento, mar de fondo e ondas de cinco metros.
 
b) Quen autorizou ou permitiu o movemento do buque, así como se foi monitorizado ou controlado o seu movemento.
 
c) En que momento se tivo coñecemento, ou se preveu, que o buque embarrancara.
 
d) Que medidas se adoptaron por este motivo, e en que momento; que dispositivo de salvamento marítimo se activou, e a partir de cando, en cada caso.
 
e) Que relación institucional mantivo o Goberno español (Subdelegación, capitanías, Salvamento Marítimo) coa Xunta de Galicia durante todo este proceso.
f) Cal foi a participación na Xunta de Galicia na toma de decisións.
 
g) Que investigación, obxectiva e neutral, se vai realizar para esclarecer os motivos e circunstancias que rodean o accidente.
 
h) Que se vai facer co “Blue Star”.
 
2.- Proceder a manter informado de xeito permanente ao sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectado (confrarías e agrupacións de Ares, Pontedeume, Miño, Sada, Lorbé e A Coruña).
 
3.- Poñer en marcha todas as medidas precisas para garantir a protección do ecosistema mariño e a actividade produtiva pesqueira marisqueira da ría de Ares.
 
4.- Poñer en marcha todas as accións precisas, incluídas liñas de axudas, para garantir, dun xeito áxil, as rendas do sector pesqueiro e marisqueiro da ría de Ares, diante da  comunicación ás confrarías da prohibición de faenar a menos dunha milla do lugar no que está embarrancado o “Blue Star”.
 
5.- Esixir a garantía de dotación de medios, sistemas e protocolos de control para enfrontar calquera incidente ou accidente marítimo que se poida producir no futuro na ría de Ares, na súa condición de zona de servizo ou fondeadoiro dos portos de A Coruña e Ferrol”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-17T21:56:00Z 2019-12-17T22:00:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3056/
O Pleno do Parlamento aproba a Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2020


 
 
Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou este mediodía a Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020, que ascenden a 10.149 millóns de euros.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-17T16:17:00Z 2019-12-17T16:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3055/
Santalices reitera o recoñecemento do Parlamento de Galicia “ao conxunto da emigración galega, coa que estamos en débeda”

 
• O presidente do Parlamento de Galicia recibiu este mediodía, canda o presidente da Xunta e a alcaldesa de Santander, o nomeamento como “Socio de Honra do Centro Galego de Santander”
 
Santiago, 14 de decembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía, canda o presidente da Xunta e a alcaldesa de Santander, o nomeamento como “Socio de Honra do Centro Galego de Santander”, coincidindo coa clausura das actividades conmemorativas do centenario da Casa de Galicia en Cantabria (1919-1929).
 
Na súa intervención, o xefe do Lexislativo galego agradeceu a distinción, que fixo extensiva aos 75 deputados e deputadas da Cámara e reiterou o recoñecemento da Galicia territorial e das súas institucións ao Centro Galego, polo seu centenario e pola súa “fecunda actividade ao servizo do sentimento e da cultura galega”.
 
Reiterou Santalices  o recoñecemento do Parlamento de Galicia ao “conxunto da emigración galega de todos os tempos” e insistiu en que “Galicia está en débeda cos seus emigrantes”. Recordou que esa  foi a razón que animou ao Parlamento de Galicia a conceder a súa medalla de 2019 ao conxunto da emigración galega.
 
Agregou que esa débeda coa emigración ten variables de índole económica, social e cultural e “nunca está de sobra recordalo para evitar que a amnesia involuntaria nos leve a esquecer a epopea protagonizada polo conxunto da emigración galega”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-14T15:06:00Z 2019-12-14T15:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3054/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia (Ordinario) previsto para o 17 de decembro de 2019


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 17 de decembro de 2019, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.

 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de decembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 57866, 10/PL000020
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 575, do 12.12.2019
 
1.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre o Proxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia (doc. núm. 53521, 10/PL000018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 522, do 30.08.2019
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 59777 (10/MOC-000171)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña. (Moción consecuencia da Interpelación nº 44596, publicada no BOPG nº 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 03.12.2019)
 
2.2 59840 (10/MOC-000172)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención pediátrica. (Moción consecuencia da Interpelación nº 58810, publicada no BOPG nº 564, do 19.11.2019, e debatida na sesión plenaria do 03.12.2019)
 
2.3 59867 (10/MOC-000173)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cambio climático. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 54378, publicada no BOPG nº 524, do 4.9.2019, e debatida na sesión plenaria do 3.12.2019)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 57104 (10/PNP-004221)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a erradicación das infravivendas en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
3.2 59310 (10/PNP-004419)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación coa rede de transporte de mercadorías do noroeste peninsular, así como co desenvolvemento nel da rede transeuropea de transporte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
3.3 59336 (10/PNP-004421)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión de suspender as gardas de pediatría e o servizo de paritorio no Hospital Comarcal de Verín
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
3.4 59398 (10/PNP-004429)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de saúde mental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
3.5 59474 (10/PNP-004437)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a apertura por parte da Xunta de Galicia dun proceso de diálogo coas organizacións sindicais que representan o profesorado para recuperar o horario lectivo de 18 e 21 horas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
3.6 59496 (10/PNP-004439)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
3.7 59520 (10/PNP-004441)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 14 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas reivindicacións da Xunta de Galicia ante o Goberno central referidas ao ingreso das contías do imposto sobre o valor engadido do ano 2017 pendentes de liquidación, así como a aprobación dos incentivos a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 57041 (10/INT-001926)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación do sector naval
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
4.2 57809 (10/INT-001976)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa crise xerada polo peche das centrais térmicas de carbón
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
4.3 59274 (10/INT-002029)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación cos servizos hospitalarios de urxencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 59988 (10/POPX-000181)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as razóns do Goberno galego para defender os intereses da banca e non os da Universidade pública galega
 
5.2 59989 (10/POPX-000182)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do mantemento da loita contra a crise demográfica con medidas como a do peche do paritorio de Verín
 
5.3 59990 (10/POPX-000183)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da rectificación da súa política sanitaria que está a provocar protestas dos profesionais e mobilizacións masivas en toda Galicia
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno

6.1 56708 (10/POP-006707)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a posición do Goberno galego respecto da posible operación especulativa encuberta baixo o proxecto de construción da cidade deportiva do Celta no concello de Mos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
6.2 59851 (10/PUP-000283)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Solla Fernández, Eva e Sánchez García, Antón
 Sobre as medidas que está a adoptar a Xunta de Galicia para evitar a situación que están a padecer as familias que residen nun bloque de vivendas de protección oficial na Patiña, no concello de Cambre, a consecuencia das prácticas especulativas de fondos de investimento
 
6.3 52633 (10/POP-006134)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
 Sobre o estado dos traballos para achegar ao conxunto do territorio os beneficios do Plan de transporte público de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 513, do 30.07.2019
 
6.4 56736 (10/POP-006730)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego diante do Goberno central en relación coa falta de solucións para o desenvolvemento dunha transición enerxética xusta e ordenada que non implique o peche das centrais térmicas sen ofrecer alternativas industriais en Galicia
 
6.5 59916 (10/PUP-000285)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e 4 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da mediación na crise da empresa Muebles Hermida, de Lourenzá, procurando un plan de viabilidade para garantir a súa actividade e postos de traballo
 
6.6 56688 (10/POP-006706)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as razóns do Goberno galego para non contabilizar o alumnado repetidor no cálculo das ratios de alumnado por aula
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
6.7 55804 (10/POP-006729)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Villares Naveira, Luis e 3 máis
 Sobre as razóns da Xunta de Galicia para apostar pola universidade privada en detrimento da pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
6.8 59532 (10/PUP-000282)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 7 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego dos procesos de oferta pública de emprego no ámbito do ensino en Galicia durante os últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 572, do 04.12.2019
 
6.9 59987 (10/PUP-000287)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención das recomendacións do Consello de Europa e derrogación do Decreto do plurilingüismo 
 
6.10 59220 (10/POP-006979)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilar Chento, Óscar e 3 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa praga de roedores detectada en varias zonas da provincia de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 569, do 27.11.2019
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-12T16:30:00Z 2019-12-12T16:41:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3053/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 17 de decembro de 2019 (Orzamentos)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 17 de decembro de 2019, ás  10:00  horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de decembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
   Punto único: Debate e  votación do ditame,  emitido   pola  Comisión 3.ª,  Economía, Facenda e  Orzamentos,  sobre o Proxecto de lei de  orzamentos  xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020   (10/PL-000019 doc. núm. 57865)
Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 575, do 12.12.2019
 
 
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-12T16:26:00Z 2019-12-12T16:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3052/
Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 12 de decembro de 2019

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 12 de decembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 58065 (10/PNC-004635)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego dunha guía para a consecución de vivendas intelixentes, con especial orientación á mellora da súa sostibilidade, da súa eficiencia enerxética e da súa accesibilidade
BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 3 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a elaborar una guía de vivendas e actuacións para acadar vivendas intelixentes, con especial orientación a mellora dos aspectos de sostenibilidade da vivenda e eficiencia enerxética da mesma."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 58522 (10/PNC-004669)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de recollida, recuperación e reciclaxe de residuos mariños
BOPG n.º 560, do 13.11.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal (por aceptación dunha emenda in voce do G. P. Popular de Galicia), pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, antes do remate da presente lexislatura e coa reserva dunha partida orzamentaria específica para o exercicio 2020, a:
 
1. Desenvolver programas de recollida e recuperación de residuos mariños dando incentivos financeiros ao sector do Mar para que, cando os mariñeiros atopen residuos nas súas redes, os devolvan a terra para seren reciclados, e programas específicos para a reciclaxe de todos os obxectos recollidos, xa sexan redes, cordas, plásticos, latas ou outros residuos.
 
2. Desenvolver campañas de información e sensibilización a tal fin."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2019-12-12T16:16:00Z 2019-12-13T10:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/3051/