Participación popular no control ao Goberno.

Calquera cidadán ou cidadá ou calquera persoa xurídica que represente intereses sociais e actúe lexitimamente a través dos seus órganos poderá dirixir preguntas ao Parlamento de Galicia co rogo de que sexan formuladas á Xunta de Galicia. A Mesa da Cámara pronunciarase sobre a admisibilidade de cada unha delas. As preguntas admitidas anunciaranse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Nun prazo de quince días, contados desde o seguinte á súa publicación, os deputados e deputadas poderán asumilas como propias para convertelas en preguntas con resposta escrita ou oral, mencionando a súa orixe, aínda que preservando a identidade da persoa asinante.

Cumprimente os seguintes campos para facer a súa pregunta:

Todos os campos son obrigatorios!

O campo ‘enderezo electrónico’ deberá introducirse dúas veces para confirmar que o usuario non se trabuca na súa escritura.

O enderezo electrónico empregarase para realizar as notificacións ao usuario respecto ao estado en que se atopa a súa pregunta.

Ademais a pregunta enviarase nun documento en formato .pdf asinado polo usuario. As sinaturas admitidas serán as provistas pola FNMT ou o DNIe. Farase unha validación das sinaturas.

 

Cláusula de protección de datos:

Os titulares dos datos incluídos nos ficheiros titularidade do Parlamento de Galicia poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación dos datos e oposición ao tratamento, conforme o previsto no título III da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como nos demais casos previstos na lexislación vixente e ante o órgano competente que para cada ficheiro se concreta no BOPG 668 do 29 de marzo de 2012.

O exercicio destes dereitos poderá efectuarse dirixíndose por escrito a: Parlamento de Galicia, con domicilio en Rúa do Hórreo, 63 Santiago de Compostela, 15.701 – A Coruña, ou mediante correo electrónico certificado a: gdWebmaster@parlamentodegalicia.es, acompañado, nos dous casos, de fotocopia do documento nacional de identidade e coa data, a sinatura e o enderezo para os efectos de notificacións.


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408