Lexisla con Nós

Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia - 339 (10/PPLI-000001)

Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia  (10/PPLI-000001)

Nº de Opinións: 5Escribir unha opinión

Opinións

1 Escrito por Brais Martins Penedo o 05/12/2017 13:58

Proposición de lei de iniciativa popular: lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia. A técnica normativa ocúpase da calidade das normas, do adecuado uso da linguaxe así como da claridade do seu contido e vixencia. Con ela perséguese constituír un ordeamento xurídico ben estructurado e integrado por normas correctamente formuladas para así garantir o principio de seguridade xurídica recollido no artigo 9.3 da Constitución Española. Centrándonos xa na técnica normativa desta proposición de lei podemos destacar que se estrutura do seguinte xeito: exposición das razóns polas que se solicita a tramitación desta proposición de lei; exposición de motivos; parte dispositiva (que recolle o articulado) e parte final. Respecto o título da disposición encontrámonos con “lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia”, coa a sua conseguinte exposición de razóns, onde pidese a tramitación e a aprobación polo Parlamento de Galicia da presente proposición de lei. A exposición de motivos é o texto onde se explica o contido da lei, as razóns e os fundamentos da mesma. A parte dispositiva consta de 11 artigos. A parte final está composta por tres disposicións adicionais, unha disposición transitoria, e unha única disposición final. Entrando xa no fondo da técnica normativa desta disposición podemos afirmar que o título da mesma permite una clara identificación e interpretación ademáis o título diferenciase de outras disposicións en vigor. Este nome permítenos identidicar o obxecto da disposición e o seu contido esencial, diferenciandoo de calquera outra disposición, cunha redacción clara e concisa. Os termos empregados no título desta norma empréganse de forma acertada, xa que son os mesmos que atopamos na parte dispositiva e non se utilizaron no título abreviaturas e uso de siglas. En segundo lugar, centrándonos na parte expositiva, chamada “exposición de motivos” destacar que non consta cun índice respecto dos artigos, índice que poderíase introducir para facer máis sinxelo o acceso a cada un dos ártigos da disposición, pero que tampouco é algo indispensable posto que a lei consta de poucos artigos. A parte expositiva ten como obxectivo describir o contido da disposición, o seu obxecto e finalidade, os seus antencedentes e as competencias e habilitacións para os cales vaise dictar este texto. Destacar que a parte expositiva na disposición non aparece dividida, debido a simplicidade do asunto. Así, a exposición de motivos non é moi extensa, debido o carácter sinxelo que ten a disposición. Na exposición de motivos deducimos o obxecto e a finalidade do texto, que é a de obrigar ao Estado a respetar o dereito das persoas menores de idade a manter relacións e contecto directo cos seus ambos proxenitores de modo regular, salvo que fora contrario ao interese superior do menor, tal como é contemplado na Asamblea Xeral das Nacións Unidas na Convención sobre os dereitos do neno. A parte dispositiva está composta polo articulado da disposición. Esta parte ordease en disposicións xerais. O articulado do texto divídese en capítulos. O ártigo é a unidade básica de toda disposición normativa e por tanto debe aparecer sempre a división de artigos ,calquera que sexa a extensión da parte dispositiva, tal e como ocorre nesta disposición. Non se pasa dunha unidade de división a outra. Aínda que o Título un e dous non se dividen en capítulos, o que non é erróneo. O Capítulo I nomeado “Disposicións xerais” regula os artigos 1 e 2. O capítulo II denominado “Acordos en previsión de ruptura da convivencia. O convenio Regulador” regula os artigos tres e catro. O capítulo III con rúbrica “mediación familiar” regula unicamente o artigo cinco. O capítulo IV denomínase “Das medidas xudiciais en defecto de acordo” e regula os ártigos seis oito, e nove. O capítulo V nomease “Destino da vivenda” e regula o ártigo 10. O capítulo VI, que é o último da parte dispositiva, denomínase “Medidas previas ou provisionais e definitivas” e regula o artigo 11. A información que conteñen os artigos está contida de forma lóxica, indicandose no primeiro párrafo a idea central e nos seguintes as especificacións pertinentes. O articulado desta disposición constitue unha unidade de sentido completa de maneira que para comprendelo non é necesario acudir ao resto de ártigos da mesma. Na disposición os ártigos están enumerados en cardinais arábigos, todos teñen un título que indica a materia concreta a que se refire o seu contido e o contido do artigo na liña inferior ao título, coa letra inicial en mayúscula e o resto en minúscula. Os ártigos non son excesivamente longos, e conteñen un mandato, precepto ou regra ou máis dun se responden a unha mesma unidade temática. En canto a parte final divídese en tres disposición adicionais, una disposición transitoria, unha disposición final. Nesta disposición temos a disposición transitoria antes cá adicional, o que atendiendo ós criterios de técnica normativa debería ser ao contrario. Esta proposición de lei consta de cinco disposicións adicionais as cales non conteñen título, o que poderia serlle criticado á disposición respecto dos criterios de técnica normativa. En relación coas disposicións transitorias esta disposición consta dunha, que establece que a lei aplicaráse a revisión xudicial dos convenios ou das medidas xudiciais adpatadas con anterioridade a súa entrada en vigor. Estas disposicións teñen como finalidade facilitar o tránsito ao réxime xurídico previsto pola nova regulación. Respecto das disposicións finais, a proposición de ley costa dunha e que non leva título. Nela incluense os preceptos modificadores do dereito vixente cando a modificación non sexa o obxecto principal da disposición, as cláusulas de salvagarda do rango de certas disposicións o de competencias alleas e as regras de supletoriedade. En canto aos criterios lingüísticos xerais que segue a norma podemos destacar que: Como o destinatario da norma é a cidadanía, esta é redectada cun nivel de linguaxe culto, pero accesible para o cidadán medio. Cunha lectura da proposición de lei podemos sinalar que a súa redacción é: Clara, de fácil comprensión, desprovista de equívocos Sinxela, concisa, desprovista de elementos superfluos Precisa, de modo que non deixe lugar a dúbidas no lector Nela utilízase un repertorio léxico común, non vulgar, e recorrese ao emprego de termos técnicos dotados de significado propio. Evitase o uso de estranxeirismos, a utilización de palabras e construcións lingüísticas inusuais, así como a españolización ou galeguización de termos estranxeiros cando nos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia teñan outro significado. Igualmente limitase o uso de léxico latino ao realmente imprescindible. Ao longo do texto mantense unha terminoloxía unitaria. Gárdase unha coherencia terminolóxica, de modo que non da lugar a ambigüidade, contradición ou dúbida. A redacción do texto normativo busca a claridade expresiva por medio dunha estrutura gramatical correcta, sinxela e directa, próxima ao nivel común. Nesta mesma liña, evitase o uso de formas pasivas. Igualmente evitanse as expresións e locucións de sentido moi xeral. Tamén a norma trata de evitar as redundancias e as reiteracións de palabras. Respecto dos signos ortográficos, escríbense unidos á palabra anterior e separados da seguinte, se a hai, por un espazo. O uso das maiúsculas restrinxese ao máximo posible. As letras maiúsculas acentúanse graficamente sempre que o esixen as regras de acentuación. Como conclusión final podemos sinalar que o anteproxecto enmarcase nas competencias da Comunidade autónoma de Galicia e se axusta ao bloque da constitucionalidade, adecuándose o seu texto a técnica xurídica e normativa. Así, unha vez exposto todo o anterior podemos afirmar que a proposición de lei de iniciativa lexislativa popular: lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia cumpre a grandes rasgos os criterios de técnica lexislativa e normativa.

2 Escrito por Xurxo o 18/09/2017 18:04

Para empezar e comprender a motivación desta ILP,por un momento poñamos no lugar dos nenos/as e de ambolos dous proxenitores. Todos temos o deber de velar polo ben estar dos nenos/as, polo seu desarrollo como persoa dentro dunha sociedade respetuosa e igualitaria. Todolos nenos/as teñen que ter a posibilidade e o dereito de estar e aprender de ambolos dous proxenitores e familia, todos temos algo que aportarlles, necesitan de ambos. Para nun futuro seren individuos emocionalmente equilibrados; Digamos non! as inxustizas, tratemos a todalas persoas por igual sen diferenciar sexo, ideoloxia, creencia etc... Sepáranse os proxenitores non os fillos/as. Apliquemos o sentido común, apartemos os nenos/as dos problemas da parella. Non permitamos que nadie se aproveite dunha situación "ventaxosa" por cuestión de xenero, lagunas na lexislación actual ou da picaresca para intentar danar a nadie. A quen se lle fai dano son a esas personiñas que non teñen culpa ningunha, que aterizan virxenes nesta nosa sociedade. Estúdiese caso por caso e fagase xustiza. Repito: POR OS NENOS/AS, SENTIDO COMÚN E XUSTIZA XUSTA.

3 Escrito por David Sanz o 14/09/2017 10:33

Considero imprescindible a aprobación desta Lei para acabar coa alienación á que se ven sometidos tantos pais cos seus fillos por verse privados de compartir a súa custodia coas nais.

4 Escrito por Javier Rial o 14/09/2017 10:04

E mais que necesario facer un mellor regulamento das situacions que se dan tras un cese de convivencia posto que, os mais damnificados, soen ser os nen@s que se ven privados (normalmente) dun dos seus proxenitores sen ter en conta o mellor para est@s cativ@s.

5 Escrito por rafael gonzalez perez o 14/08/2017 22:05

Xa era hora de que se aprobe unha lei o mais igualitaria posible para que mulleres e homes eduquen,coiden e se responsabilicen por igual dos fill@s en comun,cousa que favorece o mellor desarrollo,coidados e educacion dos fill@s,dada a situacion social actual donde hai moitisimas parellas que han cesado a convivencia.

Sitios web dos/as Deputados/as

Últimas opinións


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408