Aviso Legal

1. Cláusula de exención de responsabilidade

Co presente sitio Internet, o Parlamento de Galicia pretende fomentarlle ó público o acceso á información relativa ás súas iniciativas. O noso obxectivo consiste en velar pola actualidade e exactitude da dita información. Trataremos de corrixi-los erros que se nos sinalen. Non obstante, o Parlamento de Galicia non asume ningunha responsabilidade en relación coa información incluída nestas páxinas..

A dita información:

  1. É de carácter xeral e non aborda circunstancias específicas relativas a persoas ou organismos concretos;
  2. Non ofrece necesariamente información exhaustiva, completa, exacta ou actualizada;
  3. Nalgunhas ocasións contén enlaces con páxinas externas sobre as que os servicios do Parlamento de Galicia non teñen ningún control e respecto das cales declinan toda responsabilidade;
  4. Non ofrece asesoramento profesional ou xurídico (se desexa efectuar unha consulta deste tipo, diríxase sempre a un profesional debidamente cualificado).

Téñase en conta que non se pode garantir que un documento dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente. Xa que logo, unicamente se consideran auténticos os textos legais publicados nas edicións impresas do Diario Oficial de Galicia.

Pretendemos reducir ó mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Malia o anterior, algúns datos ou informacións contidos nas nosas páxinas pode que fosen creados ou estructurados en arquivos ou formatos non exentos de erros, polo que non podemos garantir que o noso servicio non quede interrompido ou afectado de calquera outra forma por tales problemas. O Parlamento de Galicia non asume ningunha responsabilidade respecto dos ditos problemas, tanto se resultan da consulta das presentes páxinas ou daqueloutras externas obxecto de reenvío.

A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limita-la responsabilidade do Parlamento de Galicia de forma contraria ó disposto polas normativas aplicables, nin excluí-la súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude das ditas normativas, non se poida excluír.

2. Aviso de Copyright

© Parlamento de Galicia, 2011

Reproducción autorizada sempre que se cite a fonte, agás que se indique o contrario. Naqueles casos nos que sexa necesaria unha autorización previa para a reproducción ou o uso de datos textuais ou multimedia (sons, imaxes, programas, etc.), a dita autorización cancelará a autorización xeral antes citada e mencionará claramente as posibles restriccións de uso.

3. Protección de datos personais

O Parlamento de Galicia está comprometido co respecto á intimidade do usuario, en cumprimento da normativa vixente.

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 21 de marzo de 2012, polo que se aproban as Normas para a regulación e protección dos datos de carácter persoal existentes no Parlamento de Galicia.

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 11 de abril de 2014, polo que se modifica o ficheiro correspondente a ‘seguridade e vixilancia’ do anexo das Normas para a regulación e protección dos datos de carácter persoal existentes no Parlamento de Galicia

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 23 de outubro de 2017, polo que se nomea delegada de Protección de Datos do Parlamento de Galicia
Dirección de correo: dpd@parlamentodegalicia.gal


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408