PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

Comentario

Pilar Rojo felicítase pola liberación dos tripulantes do Alakrana e anima a “reflexionar en frío” para evitar outros sucesos semellantes

Santiago, 17 de novembro de 2009.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, congratúlase pola liberación dos tripulantes do pesqueiro Alakrana, logo de mes e medio secuestrados en augas do océano Índico, felicitación que dirixe especialmente aos liberados e ás súas familias.
 
“Logo de tanta e tanta tensión, resulta especialmente reconfortante que os tripulantes poidan volver coas súas familias sans e salvos”, agrega Rojo Noguera.
 
Apunta a máxima responsable da Cámara galega que, superada a conmoción provocada polo longo secuestro, “chega o momento de reflexionar e planificar en frío” para tratar de evitar que volvan repetirse sucesos semellantes ao do Alakrana, que mantivo precupada, durante semanas,  o conxunto da sociedade española.
 
Pilar Rojo valora tamén a corrente de solidariedade que arroupou aos secuestrados e ás súas familias durante este tempo, como aconteceu coas diferentes declaracións institucionais promovidas polo Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia


IMAXES RELACIONADAS

Non hai imaxes relacionadas coa nova.


© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408