PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

Infraestruturas

López Vidal pregunta ao PP por qué cando tivo responsabilidades non incluíu o apeadeiro de Donsión -Lalín-

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista Pablo López Vidal afirmou hoxe que “o PP non apoiou a emenda para o estudio sobre a viabilidade dun apeadoiro en Donsión –Lalin por que non están comprometidos coa comarca”.

+ Ampliar

Ferrol

Ferrol terá auditorio grazas ao compromiso de Emilio Pérez Touriño coa cidade

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista Pablo López Vidal afirmou hoxe que “Ferrol terá Auditorio gracias ao compromiso de Touriño coa cidade”, e engadiu “que están previstos nos Orzamentos para o ano 2009, 3.3 millóns de euros, e para o 2010, 1 millón de euros mais para rematalo”.

+ Ampliar

Institucional

Feijóo pon todos os inconvintes posibles para evitar o voto dos emigrantes

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista e deputado por Ourense, Pablo López Vidal afirmou hoxe que “Feijoo esta poñendo tódolos inconvintes posibles para que os emigrantes non poidan votar”, e preguntou “por qué lle ten tanto medo a emigración galega?”.

+ Ampliar

Infraestruturas

O PP pretende marbellizar as costas de Galicia

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, acusou hoxe ao PP de "querer marbellizar as costas galegas" eliminando calquera tipo de protección a través da súa proposta de modificación da Lei de Costas.

+ Ampliar

Infraestruturas

O PP oponse a mellorar a rede arterial do sureste de Galicia

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista Pablo López Vidal afirmou hoxe que “os 16 anos de Goberno do PP na Xunta, foron anos de atraso e de esquecemento con Vigo e a súa comarca”.

+ Ampliar

Infraestruturas

O único que sabotea o AVE en Galicia é o PP

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista Pablo López Vidal afirmou hoxe que “os únicos que sabotean o AVE en Galicia é o PP”. Despois de intervir na Comisión 2ª do Parlamento, dixo que “o PP minte no que se refire o desmantelamento das vías”.

+ Ampliar

Infraestruturas

Fronte aos datos, as cifras e os feitos do Ministerio de Fomento queda a demagoxia do PP

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista Pablo López Vidal afirmou hoxe “que fronte a evidencia dos datos e das cifras que hoxe a Ministra de Fomento constatou en Galicia, queda a demagoxia e a manipulación na que esta embozado o PP”.

+ Ampliar

Ourense

O Goberno que preside Emilio Pérez Touriño está comprometido con Ourense e a comarca de Verín

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, dixo hoxe que o goberno que preside Emilio Pérez Touriño está comprometido con Ourense e a comarca de Verín, como demostra o eixo de comunicación da A 52 con Chaves -Portugal-, que conta con un investimento de 42 millóns de euros.

+ Ampliar

Infraestruturas

Emilio Pérez Touriño defende unha rede viaria ao servizo dos cidadáns, cun territorio que ofreza igualdade de oportunidades"

O portavoz de Infraestruturas do Partido Socialista no Parlamento, Pablo López Vidal defendeu hoxe no Parlamento de Galicia “unha emenda na que insta a Xunta de Galicia a acelerar a mellora das comunicacións da comarca de Trives e a negociar co Ministerio de Fomento unha nova estrada de enlace coa N-120 e ca nova autovía A-76 que xa está en información pública”.

+ Ampliar

Urbanismo

Nunca na historia de Galicia os concellos tiveron tanta axuda para elaborar o seu planeamento urbanístsico

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal afirmou hoxe que “ nunca na historia de Galicia os Concellos galegos tiveron tanta axuda, como ata agora, para poder elaborar o seu planeamento urbanístico, e ordenar en condicións o seu territorio”.

+ Ampliar

Infraestruturas

O PP lamenta que sexa o Goberno que preside Emilio Pérez Touriño o que poña en marcha a Autovía do Barbanza

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal sinalou hoxe que “no día de onte a Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, deu cumprida resposta as inquedanzas que sobre esta importante vía de comunicación ten o Señor Ruíz Rivas. Pero debido as afirmacións que formula hoxe, parece que non foron captadas na súa totalidade”.

+ Ampliar

Ourense

O PP aprobou e apoiou o PXOM de Ourense para favorecer intereses puramente especulativos

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal afirmou hoxe que o “PP aprobou e apoiou o PXOM en Ourense para favorecer intereses puramente especulativos”. López Vidal interveu hoxe no Pleno da Cámara para preguntar por este asunto a Conselleira de Política Territorial, María José Caride.

+ Ampliar

Ferrol

O PP prefire provocar polémica e barullo en Ferrol antes que solucionar os problemas dos cidadáns

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal afirmou hoxe que ao PP “non lle interesa Ferrol nin o seu futuro e moito menos os accesos ao Porto Exterior”.

+ Ampliar

Intraestruturas

A Autovía do Barbanza é unha realidade "grazas ao Goberno de Emilio Pérez Touriño"

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, Pablo López Vidal, dixo hoxe que a autovía do Barbanza é unha realidade "grazas ao compromiso asumido polo Goberno de Emilio Pérez Touriño".

+ Ampliar

Ourense

O PP aprobou un PXOM claramente especulativo en Ourense

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal di que “segue a cadea de sentencias xudiciais que derruban o Plan Urbanístico de Ourense. Un documento fundamental para o presente e o sobre todo o futuro da cidade, que afecta e incide directamente na vida das persoas. Un Plan urdido, argallado e aprobado de xeito unilateral polo Partido Popular.

+ Ampliar

Infraestruturas

O PP lamenta que a Xunta vaia poñer a disposición dos cidadáns do Barbanza unha autovía libre de peaxe

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Pablo López Vidal afirmou hoxe que o PP non lle perdoa a María Xosé Caride “que este a piques de poñer a disposición dos cidadáns do Barbanza, unha Autovía libre de peaxe con tódalas condicións de seguridade”.

+ Ampliar

Infraestruturas

O Goberno de Emilio Pérez Touriño abrirá a autovía entre A Estrada e Santiago "en tempo e prazo"

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, dixo hoxe que o Goberno que preside Emilio Pérez Touriño abrirá a autovía entre A Estrada e Santiago "en tempo e prazo" e recrimina ao PP terse acordado agora "logo de 16 anos de goberno".

+ Ampliar

Mar

O PP creou o problema do transporte marítimo en Galicia

O deputado socialista Pablo López Vidal, declarou hoxe que “o Proxecto de Lei de Transporte Marítimo en Augas Interiores de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, da resposta a unha sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que declaraba ilegal precisamente unha Lei promovida polo goberno autonómico anterior do PP, e o seu non acatamento faría recaer sobre a nosa Comunidade unha importante sanción”.

+ Ampliar

Senadores

Pablo López Vidal afirma que "o proceso de elección de senadores respecta escrupulosamente a lei, o costume e os antecedentes parlamentarios en aras da proporcionalidade

O deputado socialista por Ourense Pablo López Vidal, declarou hoxe “ que habia un tipo delictivo no Código Penal que se denomina maquinación para alterar o precio das cousas, que é unha figura delictiva que ven dende os tempos decimonónicos, iso será o que lle sona bastante ao Señor Cabezas cando acusa a soberanía popular deste pais dalgunha maquinación para alterar o resultado das urnas para designación dos senadores autonómicos”.

+ Ampliar

Infraestruturas

A entrada do AVE en Ourense consolida a cidade como "gran plataforma de entrada en Galicia"

O deputado socialista por Ourense Pablo López Vidal, afirmou hoxe no Pleno da Cámara Autonómica que a entrada do AVE por Ourense “consolida a cidade coma a gran Plataforma de entrada da Alta Velocidade en Galicia”.

+ Ampliar

Resposta

Baltar está nervioso porque Ourense conta por fin cunha ministra á fronte da candidatura socialista

Pablo López Vidal respondeu a Baltar asegurando que “está nervioso, porque sabe das súas consecuencias de que por fin Ourense conta cunha Ministra de España ao fronte dunha candidatura do PSOE na nosa provincia”. Segundo o deputado socialista “a preocupación de Baltar é quer se acaba a súa hexemonía sobre os cidadáns de Ourense”.

+ Ampliar

Investimentos

Agora Ourense tamén existe no mapa económico e político de Galicia

López Vidal dixo que “dende que Emilio Pérez Touriño preside o goberno do cambio en Galicia, nunca a provincia de Ourense tivo o protagonismo que ten na actualidade, nin nunca estivo tan ben perfilada a folla de ruta que nos vai permitir conquistar un futuro de progreso. Por primeira ver temos un Presidente que cree nas posibilidades da nosa provincia”.

+ Ampliar

Visita institucional

Encontro de traballo co alcalde de Parada de Sil para coñecer as necesidades do concello

O deputado socialista Pablo López Vidal está mantendo unha serie de contactos de cara a vindeira elaboración dos orzamentos da Xunta, do exercicio 2008, dentro desa proximidade que caracteriza o partido dos socialistas de Galicia.

+ Ampliar

Encontro

Visita aos veciños dos concellos de A Mezquita, Viana do Bolo e A Veiga

O secretario da mesa do Parlamento de Galicia, Pablo López Vidal, visitou onte os concellos de A Mezquita, Viana do Bolo e A Veiga, para coñecer de primeira man as necesidades e aspiracións dos veciños e veciñas e para saudar aos socialistas que asumiron responsabilidades nestes municipios. López Vidal apuntou que na montaña ourensá, “igual que no resto de Galicia, a cidadanía deuse de conta de que hai que rematar cos anos de abandono aos que nos someteu o PP”.

+ Ampliar

Sanidade

López Vidal acusa ao portavoz de Sanidade do PPdeG de "atacar reiteradamente a sanidade pública para dinamitar o servizo e para atender aos seus intereses persoais"

O deputado ourensán do PSdeG Pablo López Vidal, sinala que Santalices demostrou unha vez máis que o que defende por encima de todo son os intereses da sanidade privada”, e afirma que o PPdeG “tenta sementar a alarma e o medo entre os usuarios da sanidade pública cunha carencia absoluta de rigor e de forma demagóxica”.

+ Ampliar

Reequilibrio Territorial

López Vidal considera "incomprensibles" as críticas de Baltar ao Plan de Reequilibrio Territorial e lembra que "non abriu a boca ante o abandono ao que o seu partido someteu a Ourense"

O deputado ourensán do PSdeG-PSOE Pablo López Vidal asegurou hoxe que o Plan de Reequilibrio Territorial presentado onte polo presidente da Xunta “pon en evidencia a incapacidade e a incompetencia do PP durante os seus 16 anos de goberno”, e afirmou non entender “as críticas que lle fai o actual presidente en funcións da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, cando non foi capaz nin de abrir a boca ante o abandono ao que o seu partido someteu a provincia durante lustros”.

+ Ampliar

Sanidade

O portavoz de Sanidade do PPdeG "ataca reiteradamente a sanidade pública para dinamitar o servizo e atender aos seus intereses persoais"

O deputado ourensán do PSdeG Pablo López Vidal acusou hoxe ao portavoz de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, de “atacar reiteradamente a sanidade pública para dinamitar o servizo e para atender aos seus intereses persoais”.

+ Ampliar

Investimentos

López Vidal di que “as críticas do pp aos investimentos da xunta para Ourense son un reflexo fiel do que non foi capaz de facer o partido popular pola provincia en 16 anos”

O deputado socialista considera “chocante que un partido que deixou un regueiro de decisións sen tomar as reclame agora, cando o compromiso da nova Xunta cos ourensáns e as ourensás é máis claro que nunca”

+ Ampliar

Leis

O grupo socialista presenta 82 emendas á lei do dereito civil de Galicia para garantir a protección do menor e da familia e a equiparación de dereitos entre matrimonios e parellas de feito

Os deputados Beatriz Sestayo e Pablo López Vidal saúdan “a nova actitude do PPdeG” despois de que “hai só uns meses se colocasen escandalizados detrás das pancartas”

+ Ampliar




© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15702 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408