BALANCE TRANSFERENCIAS
TOURIÑO E QUINTANA CONCLÚEN O SEU MANDATATO COA PEOR LEXISLATURA PARA O AUTOGOBERNO DE GALICIA
Ruiz Rivas pregunta qué foi do paquete de 70 transferencias anunciado ao comezo da actual lexislatura
+ Ampliar
BALANCE LEXISLATURA
O PPdeG CORRIXE A REGO E ACLARA QUE A ACTUAL LEXISLATURA SÓ FOI FRUCTÍFERA PARA OS AMIGOS DO BIPARTITO
Ruiz Rivas recorda que a opacidade foi dominante nun período no que o PPdeG tivo que soportar os insultos da Presidencia da Cámara e o rodillo de PSOE e BNG que se negaron a investigar asuntos de tanta gravidade como a adxudicación irregular da autovía da Barbanza, os vertidos tóxicos de Sogama ou os axentes electorais
+ Ampliar
AUTOVIA BARBANZA
UNHA SEMANA DESPOIS DA INAUGURACIÓN OFICIAL, A AUTOVÍA DA BARBANZA CONTINÚA SEN REMATAR E CON TRAMOS DE UN ÚNICO CARRIL
Ruiz Rivas lamenta que a Xunta prestase máis atención á carpa con calefacción e aos pinchos de deseño da inauguración que ao remate das obras, que aínda presentan moitas carencias
+ Ampliar
TENSION PARLAMENTO
A PRESIDENTA DO PARLAMENTO DESPIDE A LEXISLATURA TILDANDO DE “GILIPOLLAS” AOS DEPUTADOS DO PPdeG
Ruiz Rivas acusa ao presidente da Xunta de ter asoballado o Parlamento para poñer a primeira institución de Galicia ao servizo do PSOE
+ Ampliar
SOGAMA COMPARECENCIA CONSELLEIRO

O PPdeG RECLAMA A COMPARENCIA INMEDIATA DO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE PARA QUE DEMOSTRE QUE SOGAMA NON É A COVA DE ALÍ BABÁ
Ruiz Rivas considera que o escrito presentado na Xunta polos traballadores da empresa advertindo das irregularidades cometidas polo presidente de Sogama acredita que o conselleiro coñece e ampara as ilegalidades impulsadas por José Álvarez
+ Ampliar
BNG INÚTIL
RUIZ RIVAS INSTA AO BNG A EXPLICAR SE VAI APOIAR OU NON OS PRESUPOSTOS DO ESTADO DE 2009, TENDO EN CONTA QUE O PSOE OS SEGUE ENGANANDO E INCUMPRE OS ACORDOS
Recorda que o BNG puxera como condición, para apoiar os Presupostos do Estado de 2009, a aprobación, antes do 15 de decembro, a comisión de seguimento do AVE e completar as transferencias pendentes, pero ningún deses compromisos está materializado a día de hoxe, cando remata o prazo
+ Ampliar
AUTOVIA BARBANZA INAUGURACION

O PPdeG PIDE A TOURIÑO QUE CORRIXA CANTO ANTES AS CARENCIAS DA AUTOVÍA DA BARBANZA, QUE INAUGURA A PESAR DE QUE AS OBRAS SEGUEN SEN REMATAR
Ruiz Rivas recorda que as irregularidades cometidas no proceso de adxudicación da autovía se saldaron coa imputación de catro altos cargos da Xunta
+ Ampliar
VERTIDO RIANXO
O PPdeG RESPONSABILIZA Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA SUCESIÓN DE VERTIDOS Á RÍA DE AROUSA
Ruiz Rivas reclama un cambio de actitude do departamento que dirixe Manuel Vázquez, incapaz de rematar cos vertidos ilegais, pero incapaz tamén de completar a execución das depuradoras pendentes
+ Ampliar
NAUFRAGIO ROSAMAR
RUIZ RIVAS INSTA A TOURIÑO A QUE CESE INMEDIATAMENTE Á CONSELLEIRA DE PESCA POR DEIXAR DESCUBERTA A BASE DE CELEIRO E TRASLADAR O HELICÓPTERO PESCA II A ALVEDRO
O Grupo Popular leva meses advertindo das carencias deste servizo, mentres que o bipartito fixo cado omiso das denuncias
+ Ampliar
PLAN DESENVOLVEMENTO BARBANZA
O PPdeG RECLAMA UN PLAN DE DINAMIZACIÓN ECONÓMICA ESPECÍFICO PARA A COMARCA DA BARBANZA, A CUARTA DE GALICIA NA QUE MÁIS MEDRA O PARO
Ruiz Rivas presenta unha estratexia de desenvolvemento baseada no apoio aos sectores produtivos, mellora da formación profesional, intentivación da obra pública e apoio aos autónomos, consolidación empresarial e comercio
+ Ampliar
VIOLENCIA MACHISTA
RUIZ RIVAS, SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO: “AS OBRAS VALEN MÁIS QUE AS PALABRAS”
O portavoz do Grupo Popular reitera a condena do PPdeG tralo último caso de violencia de xénero en Galicia, pero recorda a Touriño e a Zapatero que, ademais das necesarias palabras de solidariedade e pesar, deben facilitar os medios materiais e humanos necesarios para combater esta lacra social
+ Ampliar
SACYR ITINERE
O PPdeG INTERPRETA QUE COA VENDA DE ITINERE SE ESFUMAN AS PROMESAS DE TOURIÑO E DE CARIDE PARA MELLORAR AS COMUNICACIÓNS EN BOA PARTE DE GALICIA
portavoz parlamentario do PPdeG lamenta que a Xunta non dispoña de compromiso documental algún que garanta a ampliación de Rande ou a construción do terceiro carril nos puntos máis saturados da Autoestrada do Atlántico
+ Ampliar
LEI DE COSTAS
RUIZ RIVAS CUESTIONA A IMPROVISACIÓN E O OPORTUNISMO DO BIPARTITO, QUE PERDEU 4 ANOS DE COSTAS AOS AFECTADOS POLA LEI DE COSTAS E AGORA RECUPERA UNHA PROPOSTA DO PPdeG RECURRIDA POLO PSOE
Os populares galegos pretenden que cando o Estado recupere a titularidade de calquera propiedade, asuma tamén as hipotecas que pesan sobre os inmobles incautados e ofreza aos propietarios un ben das mesmas características ou indemnizacións a prezo de mercado
+ Ampliar
COSTAS DERRIBO O BURGO
O PPdeG INSTA Á XUNTA A QUE EFECTÚE TODAS AS XESTIÓNS NECESARIAS PARA FREAR O DESALOXO QUE COSTAS PRETENDE EFECTUAR NUNHA VIVENDA DE PONTEVEDRA
O portavoz parlamentario do PPdeG rexistrou unha proposición non de lei na Cámara para reclamar unha reacción inmediata do Executivo galego en defensa da familia afectada
+ Ampliar
LOBOS A CUROTA
PSOE E BNG REXETAN IMPLANTAR MEDIDAS INMEDIATAS PARA PARA FREAR O ATAQUE DOS LOBOS CONTRA O GANDO NO MONTE DA CUROTA, NA POBRA DO CARAMIÑAL E RIBEIRA
Nos últimos meses, téñense rexistrado numerosos animais mortos, o que incrementou a preocupación entre os veciños
+ Ampliar
TAXAS PORTUARIAS
O PPdeG RECLAMA A TOURIÑO QUE CUMPRA A SÚA PALABRA PARA MODIFICAR O COBRO DAS TAXAS PORTUARIAS E REDUCIR O SEU IMPACTO SOBRE O COMERCIO E A HOSTALERÍA LOCAL DAS VILAS COSTEIRAS
Ruiz Rivas, promotor da proposta, considera que nun contexto de crise económica e regresión do consumo, a Administración debe adoptar as medidas necesarias para reactivar a actividade de autónomos e pequenas e medianas empresas
+ Ampliar
TAXAS PORTUARIAS
O PPdeG FORMULA UNHA EMENDA AOS PRESUPOSTOS DA XUNTA PARA REDUCIR O IMPACTO DAS TAXAS PORTUARIAS SOBRE O COMERCIO E A HOSTALERÍA LOCAL DAS VILAS COSTEIRAS
Ruiz Rivas, promotor da proposta, considera que nun contexto de crise económica e regresión do consumo, a Administración debe adoptar as medidas necesarias para reactivar a actividade de autónomos e pequenas e medianas empresas
+ Ampliar
VALEDOR
AS CRÍTICAS ACEDAS DE PARTE DO BIPARTITO AO VALEDOR REVELAN AS CARENCIAS DEMOCRÁTICAS QUE PADECEN
Ruiz Rivas interpreta que a petición de retirada do Valedor é propio de defensores do pensamento único aos que a pluralidade e a independencia producen urticaria
+ Ampliar
VISITA MAGDALENA ALVAREZ

RUIZ RIVAS REITERA QUE O PRAZO DE 2012 PARA O REMATE DO AVE DE GALICIA COA MESETA É “IMPOSIBLE DE CUMPRIR”
Enmarca a visita de Alvarez na propaganda oficial e bota en falta que a ministra non renda contas á comisión bilateral acordada no Parlamento de Galicia e no Congreso
+ Ampliar
COCHE SOGAMA
O PRESIDENTE DE SOGAMA TAMÉN SE SUMA AO CLUB AUDI E DERROCHA 122.000 EUROS PARA ARRENDAR VEHÍCULOS OFICIAIS
Desfíxose do vehículo do seu antecesor por consideralo pouco luxoso
+ Ampliar
SANIDADE BARBANZA
RUIZ RIVAS PROPÓN REBAUTIZAR O HOSPITAL COMARCAL COMO O DE “XA LLE CHAMAREMOS” POLAS CRECENTES DIFICULTADES DOS PACIENTES PARA CONCERTAR UNHA CITA
O deputado popular considera que os últimos datos oficiais da lista de espera non resultan cribles na medida en que presentan uns resultados similares aos de xuño, a pesar de que o hospital funcionou a ralentí durante o verán como consecuencia das obras e das vacacións do persoal
+ Ampliar
DEPURACION BARBANZA
RUIZ RIVAS CORRIXE AO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E ACLARA QUE A XUNTA REMATARÁ A ACTUAL LEXISLATURA SEN POÑER EN MARCHA UNHA SOA DEPURADORA NA RÍA DE AROUSA
A Consellería de Medio Ambiente é a primeira en contaminar o litoral con obras como o saneamento de Vilar-Vixán, que verte directamente á ría, en lugar de habilitar unha depuración previa
+ Ampliar
LEI DE COSTAS

O PPdeG INSTA Á XUNTA E AO GOBERNO CENTRAL A REVISAR OS DESLINDES ANTIGOS E PARALIZAR OS QUE ESTÁN EN MARCHA
Formula unha iniciativa para que a Xunta inste ao Goberno central a revisar os deslindes efectuados antes de 1969 para corrixir os posibles erros do procedemento seguido entón
+ Ampliar
LEI CANON HIDROELÉCTRICO

O PPdeG SOLICITA A DEVOLUCIÓN DA LEI SOBRE O CANON HIDROELÉCTRICO PORQUE ABRE A POSIBILIDADE DE QUE SE TRADUZA NUNHA NOVA SUBA DO PREZO DA LUZ
Ruiz Rivas corrixe á Xunta e aclara que non se trata dun verdadeiro tributo ambiental, xa que non determina o dano ambiental derivado do uso e aproveitamento da auga embalsada nin incentiva o uso eficiente do recurso
+ Ampliar
PRESUPOSTOS BARBANZA
OS PRESUPOSTOS DA XUNTA DE 2009 CONSIGNAN MENOS INVESTIMENTOS E CONSAGRAN MÁIS RETRASOS E INCUMPRIMENTOS NA COMARCA DA BARBANZA
Ruiz Rivas constata que o Goberno bipartito rematará a lexislatura sen poñer en servizo unha soa obra nova iniciada nestes catro anos, xa que a única inauguración prevista –a autovía- foi licitada e presupostada polo PPdeG
+ Ampliar
COMITÉ 112

O PPdeG TRASLADARÁ AO PARLAMENTO OS PROBLEMAS LABORAIS E AS DEFICIENCIAS DO 112
Ruiz Rivas e Rodríguez Miranda reuníronse hoxe cos representantes dos 78 traballadores que poderían perder os seus postos de traballo se a Xunta non accede a subrogar os contratos no concurso que vai convocar en maio
+ Ampliar
PRESUPOSTOS

DESPOIS DO FRACASO ECONÓMICO DO TRIENIO BIPARTITO, TOURIÑO DESPÍDESE ELABORANDO UN PRESUPOSTO IRREAL QUE TRASLADA DECEPCIÓN E INQUEDANZA AO CONXUNTO DOS GALEGOS
Ruiz Rivas considera que a Xunta xa esgotou a súa credibilidade en materia orzamentaria á vista da escasa escasa execución presupostaria que presentan os programas estrela do bipartito, como o de apoio á actividade empresarial ou ao transporte público, situados en tan só o 18% e o 7% no primeiro semestre deste ano
+ Ampliar
AUTOVIA BARBANZA
O PPdeG ESIXE A TOURIÑO QUE EVITE A TENTACIÓN DE INAUGURAR A AUTOVÍA DA BARBANZA MENTRES NON SOLUCIONE AS CARENCIAS DETECTADAS EN TODO O TRAZADO
Ruiz Rivas e mailo alcalde da Pobra reuníronse hoxe cos veciños de O Freixo que están a padecer as enchentes e outras consecuencias molestas dunhas obras executadas sen planificación nin control de calidade por deixadez da Xunta
+ Ampliar
LEI DE COSTAS

O PPdeG PROMOVE UNHA REFORMA DA LEI DE COSTAS PARA RECOÑECER A LEGALIDADE DOS NÚCLEOS TRADICIONAIS E COMPENSAR AOS PROPIETARIOS QUE RESULTEN EXPROPIADOS
Os populares galegos pretenden que cando o Estado recupere a titularidade de calquera propiedade, asuma tamén as hipotecas que pesan sobre os inmobles incautados e ofreza aos propietarios un ben das mesmas características ou indemnizacións a prezo de mercado
+ Ampliar
PUBLICIDADE INSTITUCIONAL
RUIZ RIVAS: “A XUNTA CHEGA TARDE PARA REGULAR A PUBLICIDADE INSTITUCIONAL DESPOIS DE UNHA LEXISLATURA DERROCHANDO CARTOS A MANCHEA PARA OCULTAR O SEU FRACASO”
O PPdeG bota en falta que Touriño e Quintana non aplicasen os principios que agora invoca nos máis de tres anos transcorridos desde que chegaron ao Goberno
+ Ampliar
DEBATE ESTADO AUTONOMIA PROPOSTAS RESOLUCION

RUIZ RIVAS CONSIDERA QUE DESPOIS DE TRES ANOS DE BRAZOS CRUZADOS, TOURIÑO XA NON ENGANA A NINGUÉN OFRECENDO SOLUCIÓNS A UNHA CRISE QUE EL MESMO CONTRIBÍU A AGRANDAR
Fronte ás máis de 585 propostas de resolución presentadas polo PPdeG, o bipartito só se pon de acordo en 31, nos asuntos obvios
+ Ampliar
DEBATE ESTADO AUTONOMIA
RUIZ RIVAS: “ESPERABAMOS ESCOITAR A VOZ DOS GALEGOS CON PROBLEMAS, PERO ESCOITAMOS ESCUSAS E DESCULPAS DUN PRESIDENTE QUE FOI DE TODO MENOS REALISTA”
O portavoz parlamentario do PPdeG considera que o discurso de Touriño no debate sobre o Estado da Autonomía evidenciou que a Xunta carece de “concepto de país” debido ás diferenzas internas do bipartito
+ Ampliar
POLIGONO BARBANZA
RUIZ RIVAS INSTA A PSOE E BNG A QUE DEIXEN DE ACUSARSE MUTUAMENTE E QUE AXILICEN A CONSTRUCIÓN DO MACROPOLÍGONO DA BARBANZA
O portavoz parlamentario do PPdeG rexistra na Cámara unha iniciativa para reclamar que se corrixan as carencias do proxecto ultimado por Vivenda
+ Ampliar
SANIDADE ESPECIALIDADES HOSPITAL BARBANZA
O PPdeG TRATARÁ DE AMPLIAR A CARTEIRA DE SERVIZOS DO HOSPITAL DA BARBANZA PARA DOTALO DE NEURÓLOGOS, CARDIÓLOGOS E ENDOCRINOS A TEMPO COMPLETO
Ruiz Rivas formulará as correspondentes iniciativas no trámite parlamentario dos Orzamentos da Xunta para 2009 e nas propostas de resolución do Debate sobre o Estado da Autonomía
+ Ampliar
DESLINDES COSTAS

RUIZ RIVAS: “PSOE E BNG SERÁN RESPONSABLES DUNHA APLICACIÓN IRRACIONAL DA LEI DE COSTAS QUE AFECTARÁ Á PROPIEDADE DE MILES DE VIVENDAS EN GALICIA”
O portavoz parlamentario do PPdeG recorda que socialistas e nacionalistas rexeitaron, no Parlamento de Galicia, unha proposición de lei presentada polo Grupo Popular para solucionar os problemas suscitado nos núcleos afectados
+ Ampliar
PARQUE NATURAL CORRUBEDO
O PPdeG ALERTA DA “DEIXADEZ E ABANDONO” DA XUNTA SOBRE O PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO, QUE SEGUE SEN PLAN RECTOR TRES ANOS DEPOIS DO CAMBIO DE GOBERNO
Pouco despois de tomar posesión, o actual Executivo bipartito anunciou a inmediata posta en marcha do plan de usos e xestión, pero a día de hoxe continúa sen sequera ser licitado
+ Ampliar
AUTOVIA BARBANZA
RUIZ RIVAS: “MÁIS DA METADE DOS ENLACES A AUTOVÍA DA BARBANZA ESTÁN SEN ABRIR SIN CAUSA TÉCNICA QUE O XUSTIFIQUE”
O voceiro no Parlamento do PPdeG indica que a Xunta segue a cometer “tropelías na execución dunha obra na que o trato de favor que está a outorgar empresa concesionaria xa levou a pasar polos xulgados a cúpula directiva da CPTOPT por un dos casos mais escandalosos de actuación arbitraria no contrato dunha obra pública”
+ Ampliar
PARLAMENTO QUEIXA
A SUCESIÓN DE DESPLANTES DO BIPARTITO AO PARLAMENTO OBRIGOU AO GRUPO POPULAR A FORMULAR 16 QUEIXAS FORMAIS EN TRES MESES
Ruiz Rivas advirte unha “perigosa deriva antidemocrática” na actitude dos grupos que apoian ao Goberno e volve apelar a Touriño para que supere a súa “acreditada alerxia aguda ao control parlamentario”
+ Ampliar
DEPENDENCIA RIBEIRA
RUIZ RIVAS DENUNCIA QUE NINGÚN DOS 500 DEPENDENTES DE RIBEIRA QUE XA FORMALIZARON AS SOLICITUDES RECIBEN AS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS RECOÑECIDAS POR LEI
O portavoz parlamentario do PPdeG estima que as falsas expectativas creadas entre os dependentes constitúen unha ofensa á dignidade das persoas e advirte que o 5% dos interesados xa faleceron sen ver recoñecidos os seus dereitos
+ Ampliar