PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Salientamos

ENTREVISTA WEB

Rodríguez Arias afirma que é posible que nas grandes cidades o PP recupere a alcaldía “que debería estar ostentando” dados os resultados das municipais

• Considera que “os políticos teñen que estar coas persoas, saber cales son os seus problemas, as súas preocupacións e que iso se convirta en propostas e acción para mellorar a súa calidade de vida”
• Di que “o PP escoita a Vilgarcía, de feito esta mesma semana o grupo parlamentario popular estivo reunido cos empresarios da zona para coñecer as súas inquedanzas”
• Valora positivamente o traballo que está levando a cabo o Goberno de Feijóo en materia de Benestar
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010.- A vicesecretaria e voceira de Benestar do Partido Popular de Galicia, Marta Rodríguez Arias, afirmou nunha entrevista na páxina web da formación (www.ppdegalicia.com) que “”.
Segundo a popular, “contamos con xente que está moi capacitada, todos os días na rúa falando cos cidadáns sobre as súas necesidades e sobre os problemas que teñen e creo que vamos no bo camiño, non só en Galicia senón tamén de cara ás municipais”. Nesta liña, Rodríguez Arias afirmou que “o traballo e o camiño iniciado por Feijóo na Xunta é un camiño moi importante que os que traballamos nos concellos queremos seguir”.
Con respecto aos gobernos bipartitos, a vicesecretaria do PPdeG afirmou que a cidadanía a nivel municipal “ve que o bipartito non funciona” e que en vez de centrarse en resolver problemas que teñen os concellos e os seus veciños, “dedícanse única e exclusivamente a manter a unión de dúas formacións que non teñen nada que ver, senón que só buscan manter o seu pacto para que o PP non goberne”.
Nesta liña, preguntada se o PP ten problemas para gañarse as cidades, a popular indicou que nas cidades tamén se apoiou ao PP pero non goberna precisamente por “ese sistema que permite a dúas formacións completamente diferentes, con programas diferentes, como BNG e PSOE, que se unan para que o PP non acade a alcaldía neses concellos.
Así mesmo, Rodríguez Arias considera que a mellor baza que teñen os populares nivel municipal son as persoas: “contamos agora en cada un dos concellos de Galicia con un equipo humano que o está a dar todo, sobre todo naquelas cuestión importantes para a cidadanía en cada un deses concellos”. Nesta liña, a popular cre que “os políticos teñen que estar coas persoas, saber cales son os seus problemas, as súas preocupacións e que iso se convirta en propostas e acción para mellorar a súa calidade de vida”.
Preguntada por cal é o seu traballo como vicesecretaria do PPdeG nas municipais, a popular indicou que “será o que o partido decida” e afirmou que “o noso traballo de cara as municipais xa comezou”. Segundo Rodríguez Arias, a idea dos populares é coordinarse cos candidatos que “nos representarán nos concellos e apoiar á nosa xente, que está traballando polo partido popular en todos e cada un dos concellos de Galicia e facer todo o que podamos para axudarlles no que necesiten”.
VILAGARCÍA
En canto ás perspectivas dos populares en Vilagarcía nas vindeiras municipais, Rodríguez Arias afirmou que “se está a falar coa xente e sabemos que non están contentos co bipartito”.
 “O PP escoita a Vilgarcía, de feito esta mesma semana o grupo parlamentario popular estivo reunido cos empresarios da zona para coñecer as súas inquedanzas”, dixo a vicesecretaria e concelleira neste concello do Salnés.
“Os cidadáns non están contentos coas medidas anticrise que está a levar a cabo Zapatero e, pola contra si aproban as que está tomando Feijóo”, dixo a voceira, quen afirmou que “igual que Galicia necesitaba un cambio, Vilagarcía o necesita tamén”.
BENESTAR
A vicesecretaria dos populares resaltou o traballo que está levando a cabo o Goberno de Feijóo en materia de Benestar: “en Galicia tiñamos un problema grandísimo, pois o bipartito non estaba atendendo ás persoas que o precisaban”. Unha situación que ao seu xuízo cambiou, pois “se puxeron cartos enriba da mesa” e “pasamos de ter 12 meses de espera a aprobar un novo decreto que di que esas persoas deben estar atendidas en seis meses”.
 
“Se o Goberno do Estado estivese aportando o mesmo esforzo para dependencia que está a aportar o Goberno da Xunta de Galicia todos os dependentes estarían atendidos xa”, apostillou Rodríguez Arias.


IMAXES RELACIONADAS

Non hai imaxes relacionadas coa nova.


© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408