INICIO CURSO POLITICO
RUIZ RIVAS CONFÍA EN QUE A OPOSICIÓN “DEMOSTRE A SÚA RESPONSABILIDADE CUN POSICIONAMENTO DE COLABORACIÓN” RESPECTO AO PLAN ESTRATÉXICO E OS ORZAMENTOS, QUE MARCARÁN O NOVO CURSO POLÍTICO
O portavoz do Grupo Popular lamentou a “falta de argumentos, baleiro de iniciativas e carencia de achegas en positivo” demostrada polos socialistas este verán, que centraron “nun intento desesperado de borrar da memoria colectiva a penosa xestión do Bipartito” e en “obviar os erros do Goberno de Zapatero”
+ Ampliar
CONGRESO NNXX
Feijóo: “A estabilidade orzamentaria, a fusión das caixas, o Xacobeo e o diálogo social son mostras de que hai unha Galicia unida que fai o posible por superar as dificultades”
O líder do PPdeG felicitou a Javier Dorado por saír nomeado presidente de NNXX e amosouse seguro de que a formación xuvenil seguirá cumprindo coas espectativas a pesar de atoparse no contexto económico máis difícil
+ Ampliar
FISTERRA
RUIZ RIVAS:”A GRAN DIFERENZA DO BIPARTITO E O ACTUAL GOBERNO NA XUNTA DE GALICIA É QUE A COSTA DA MORTE AGORA SÍ VAI CONTAR CUNHA AUTOVÍA”
Os deputados do PPdeG mantiveron hoxe en Fisterra un encontro con portavoces e alcaldes da zona co fin de coñecer “in situ” as necesidades e preocupacións dos veciños da comarca e darlles traslado a sede parlamentaria na busca de solucións
+ Ampliar
GALEGUISMO DE FEITOS
Feijóo pon en valor o “galeguismo de feitos” que defende Galicia con lealdade constitucional e deixará un país mellor e sen buratos ás futuras xeracións
O líder do PPdeG afirma que os populares “defendemos unha Galicia orgullosa de ter un Estatuto de Autonomía dentro da Constitución española, que tamén sentimos como propia”
+ Ampliar
DEVOLUCION LIQUIDACIONS NEGATIVAS
O GRUPO POPULAR REXISTRA NO PARLAMENTO A PETICIÓN DE RENEGOCIAR CO ESTADO A DEVOLUCIÓN DOS PRETO DE 2600 MILLÓNS DE EUROS DE LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS DOS ANOS 2008 E 2009
A iniciativa, que recolle o anuncio feito polo Presidente da Xunta na súa comparecencia parlamentaria, pide revisar os prazos previstos na Disposición Adicional Cuarta da Lei 22/2009, pola que se regula o sistema de financiamento autonómico e coa que a Xunta xa amosou a súa desconformidade tanto no Consello de Política Fiscal e Financeira como na Comisión Mixta de Transferencias
+ Ampliar
RUIZ RIVAS COMPARECENCIA FEIJOO
RUIZ RIVAS:”AGORA GALICIA TEN UN GOBERNO QUE CONTA A VERDADE DAS CONTAS PUBLICAS E INVITA AO CONSENSO, E UNHA OPOSICIÓN QUE SÓ BUSCA OS SEUS INTERESES PARTIDISTAS”
“O PPdeG sabe cal é a situación actual e non a oculta aos galegos: as previsións irreais dos orzamentos da Xunta bipartita e do Goberno do Estado e a súa irracionalidade na xestión obriga á Xunta a devolver 2600 millóns en liquidacións negativas do pasado das que non é responsable e que afecta negativamente as finanzas da Comunidade” segundo o voceiro popular
+ Ampliar
DEPUTACION PERMANENTE
RUIZ RIVAS:”O SOCIALISTAS FAN O PARIPÉ AO SOLICITAR UNHA COMPARECENCIA DO PRESIDENTE DA XUNTA CANDO EL MESMO ANUNCIOU FAI UN MES QUE SE PRODUCIRÍA”
O voceiro do Grupo Popular critica o “uso torticeiro do Regulamento do Parlamento por parte do PSOE solicitando primeiro un pleno extraordinario sen reunir os requisitos, despois a reunión da Deputación Permanente unha vez que remata a reunión da Mesa do Parlamento e por último fan unha nova solicitude inventando novas fórmulas que nada teñen que ver coa comparecencia”
+ Ampliar
VALORACION SENTENZA TC ESTATUT CATALUÑA

PEDRO PUY: “A SENTENZA DO CONSTITUCIONAL SOBRE O ESTATUT DE CATALUÑA É BOA PARA GALICIA XA QUE AFECTA PARA BEN A FINANCIACIÓN DA NOSA COMUNIDADE SEN DISTINGOS ENTRE AUTONOMÍAS”
Para o viceportavoz do Grupo Popular a sentenza do Tribunal Constitucional “marca os límites cos que debe partir calquera posicionamento sobre a reforma estatutaria en Galicia como é o respecto á Constitución e a necesidade do consenso”
+ Ampliar
RUIZ RIVAS ENTREVISTA WEB PPDEG
Ruiz Rivas salienta a receptividade do Goberno de Feijóo ás propostas que emanan do Parlamento no que comparece habitualmente para dar conta “dos asuntos que preocupan aos galegos”
Nunha entrevista publicada na web do PPdeG, o portavoz do Grupo Parlamentario Popular lamenta que a oposición estea “máis preocupada nos titulares e en solucionar os seus propios problemas ca nos do país”
+ Ampliar
BALANCE PERIODO SESIONS DESAYUNO INFORMATIVO

RUIZ RIVAS SALIENTA QUE NA ACTUAL LEXISLATURA O PARLAMENTO DE GALICIA “ESTÁ A CONVERTERSE DE VERDADE NO CENTRO DA VIDA POLÍTICA GALEGA”
A aprobación de dúas proposicións de lei de iniciativa popular demostra que a Cámara “reforzou o seu carácter participativo e de apertura á sociedade”, nun período de sesións de intensa actividade, no que se celebraron 11 plenos e 85 comisións
+ Ampliar
ESTATUT FALLO TC
O GRUPO POPULAR CONSIDERA QUE O FALLO DO CONSTITUCIONAL SOBRE O ESTATUT DE CATALUÑA VAI CONTRIBUÍR A “CLAREXAR O PANORAMA” EN GALICIA
Pedro Puy salienta que a sentencia demostra que “había motivos para presentar recursos”
+ Ampliar
AUTOVIA COSTA DA MORTE E TRAMA AGRARIA PSOE
RUIZ RIVAS ACUSA AO PSOE GALEGO DE MONTAR UN “ESPECTÁCULO CIRCENSE” COA VISITA DE LÓPEZ VIDAL Á XUNTA PARA TAPAR “ERROS DO PASADO” COMO O DA TRAMA AGRARIA
O portavoz do Grupo Popular revela que un bo número de empregados contratados polas asociacións da rede traballaban lonxe dos centros declarados por estas á Xunta
+ Ampliar
RENOVACION TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
RUIZ RIVAS RESALTA QUE A ELECCIÓN DE CANDIDATOS AO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL APROBADA NA PASADA LEXISLATURA BASEOUSE NUN SISTEMA “REPROBABLE DESDE O PUNTO DE VISTA DEMOCRÁTICO”
O Pleno do Parlamento aproba unha iniciativa do Grupo Popular para que a Cámara poida facer unha nova proposta que reflicta a súa composición actual
+ Ampliar
XULLO PARLAMENTO
RUIZ RIVAS LEMBRA QUE PACHI VÁZQUEZ É “O DEPUTADO AUSENTE” POLAS SÚAS INASISTENCIAS AO PARLAMENTO
O portavoz do Grupo Popular lembra que o mes de xullo só pode habilitarse, en base ao Regulamento, por solicitude do Goberno, da Deputación Permanente ou por aprobación da maioría da Cámara
+ Ampliar
VIAXES PRESIDENTE
RUIZ RIVAS SALIENTA QUE O PRESIDENTE FEIJÓO “ESTÁ SEMPRE ONDE TEN QUE ESTAR” E CUALIFICA DE “SORPRENDENTE” QUE “A ALGUÉN LLE PAREZA MAL” QUE SE REÚNA COS GALEGOS DE EUSKADI E CO PRESIDENTE DESA COMUNIDADE
“Outros que non son presidentes as veces que saíron fóra de Galicia foi para facer xestións en contra de Galicia”, lembrou o portavoz do Grupo Popular, en referencia ás “visitas a Ferraz” de Pachi Vázquez en relación coas caixas de aforros
+ Ampliar
RECORTES ZP E ADIANTO ELECTORAL
O PPdeG DEMANDA QUE SE ESCOITE ÁS COMUNIDADES AUTÓNOMAS ANTE A SITUACIÓN ECONÓMICA E QUE NON SE OBRIGUE A PAGAR DE IGUAL FORMA ÁS QUE CUMPRIRON OS COMPROMISOS QUE ÁS QUE NON O FIXERON
Ruiz Rivas aposta por abrir o debate sobre o adianto de eleccións xerais ante a falta de confianza dos cidadáns no Goberno de Zapatero, que coas novas medidas, “demostrou que a súa política económica non ten rumbo”
+ Ampliar
RECORTES INFRAESTRUTURAS
O PPdeG DEMANDA QUE OS RECORTES DE ZAPATERO NON AFECTEN AO AVE DE GALICIA NIN AOS INVESTIMENTOS PENDENTES NAS AUTOVÍAS INTERIORES
Pedro Puy considera “intocables” os compromisos do ministro de Fomento, que “tiña que coñecer cál era o contexto económico do país e a capacidade de investir do Goberno” cando os fixo
+ Ampliar
ROMARIA DIA DAS LETRAS GALEGAS
Feijóo di que “o PPdeG é a mellor garantía de que Galicia e o galego non estarán nunca en perigo” e aposta polo bilingüismo e por querer ao país como é
O líder do PPdeG afirma que “os galegos somos posuidores dun galeguismo aberto que respecta as liberdades e foxe de imposicións”
+ Ampliar
PLAN REACTIVACION ECONOMICA
O GRUPO POPULAR INSTARÁ Á XUNTA A DAR PARTICIPACIÓN AOS GRUPOS NO PLAN ESTRATÉXICO A TRAVÉS DO ARTIGO 140 OU DO 142 DO REGULAMENTO DA CÁMARA
Ruiz Rivas reitera que o acordo unánime acadado no Debate sobre o estado da Autonomía non establecía a creación dunha comisión, malia a “teima do Grupo Socialista” de afirmar o contrario
+ Ampliar