PARLAMENTO DE GALICIA


Saúdo da presidenta do Parlamento

Queridos amigos e amigas

Quero darvos desde esta páxina web un cordial saúdo e a benvida ao Parlamento de Galicia no meu nome e no de todos os deputados e deputadas que representamos aos cidadáns e cidadás na VII lexislatura.

Estades invitados a facer connosco unha visita a esta Cámara que é a casa de todo os galegos e as galegas e convertela nunha fábrica de valores cívicos e na que o diálogo se converta na nosa razón de ser. Implica compromiso, respecto, confianza, aprecio e esperanza, e constitúe unha ferramenta clave para o progreso e o desenvolvemento.

Grazas á Internet podemos entender o noso obxectivo de achegar a institución á sociedade e estar en contacto directo con todos e todas os cidadáns que dende calquera parte do mundo e a calquera hora do día queiran asistir ás nosas sesións ou coñecer de primeira man o noso traballo e mesmo facer unha visita virtual á sede da Cámara.

É un nexo entre a sociedade e os seus lexítimos representantes, que nos permite establecer lazos estreitos para mellorar a calidade da democracia e facilitar o coñecemento da institución por parte de toda a sociedade.

As novas tecnoloxías  permítennos ter ao noso alcance toda a documentación que xera o Parlamento autonómico, e mesmo podedes acceder en directo ás nosas sesións de traballo.

Fixemos un esforzo importante por poñer en marcha esta páxina web, convencidos da súa utilidade para achegar o Parlamento á cidadanía e conseguir un nexo coa sociedade. Tedes nas vosas mans unha ferramenta que consideramos que pode atender ás necesidades e os requisitos da nova sociedade da información.

Dolores Villarino Santiago
Presidenta do Parlamento de Galicia



© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15702 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408