Saltar Navegación

Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.


Salientamos

Pilar Rojo salienta que a conselleira de Facenda “transmite credibilidade e confianza”, “cualidades importantísimas neste momento”

A presidenta do Parlamento de Galicia presentou a Fernández Currás na conferencia que a conselleira pronunciou en Santiago organizada por Nueva Economía Fórum

Pilar Rojo reitera a súa aposta pola concordia “que aspiro a alimentar con mimo, cada día, desde o Parlamento de Galicia”

A presidenta do Parlamento de Galicia pechou o acto instutucional celebrado en Soutelo de Montes (Forcarei) co gallo da celebración da XXXI Edición da Festa do Gaiteiro

A presidenta do Parlamento entrega a Vázquez Portomeñe o I Premio Internacional Camiño de Santiago e loa a contribución do veterano político ao desenvolvemento de Galicia

O galardón, instituído pola Orde do Camiño de Santiago, constitúe, en opinión de Pilar Rojo, un merecido recoñecemento ao labor do exconselleiro como un dos artífices da posta en valor do fenómeno xacobeo

O Parlamento de Galicia acolle un Pleno infantil, no que Pilar Rojo anima aos rapaces a esforzarse na súa formación

O Hemiciclo foi o escenario da clausura do programa educativo “Os valores desde Aldeas Infantiles SOS”, que neste curso 2009-2010 acada a súa XII edición

O Consello de Contas entrega ao Parlamento a Memoria e os Informes correspondentes ao Plan de Traballo do 2009 (exercicio 2007)

Santiago, 2 de xuño de 2010.- O Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, entregoulle á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, a memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2009.

O Medallista olímpico David Cal visitou hoxe o Parlamento de Galicia e entrevistouse coa presidenta Pilar Rojo

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao deportista David Cal, que acudiu á Cámara galega para explicarlle á súa titular, entre outros asuntos, o proxecto deportivo “Objetivo Londres 2012: navegando hacia la leyenda”.

Primeira xornada de portas abertas no Parlamento de Galicia

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, amosou hoxe a súa satisfacción pola organización da primeira xornada de portas abertas que se celebra na Cámara galega e anunciou a súa intencion de repetir a experiencia cada ano durante a actual lexislatura.

A Presidenta do Parlamento vasco, Arantza Quiroga, entrevistouse esta mañá coa titular da Cámara galega, Pilar Rojo na sede do Lexislativo de Galicia.

A presidenta do Parlamento Vasco, Arantza Quiroga Cia, entrevístase coa titular da Cámara galega, Pilar Rojo Noguera e cos portavoces parlamentarios.

O Parlamento organiza unha xornada de portas abertas para o vindeiro 22 de maio na que invita a “toda Galicia”

Pilar Rojo enmarca esta actividade na súa aposta por visualizar o traballo do Parlamento, superar os tópicos que rodean a política e poñer en valor o servizo público

O Parlamento de Galicia afonda no plan de austeridade e suprime os agasallos de Nadal

A Cámara habilita excepcionalmente unha partida de axudas a institucións, asociacións e ONG con comedores sociais, como mostra de solidariedade da primeira institución de Galicia

O Parlamento de Galicia homenaxea os ex presidentes da Cámara e recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da Comunidade

A actual presidenta da Cámara, acompañada polos integrantes da Mesa e da Xunta de Portavoces, ofrece un xantar na honra dos seus antecesores

Declaración institucional do Parlamento de Galicia expresando o seu firme apoio á causa saharauí.

Ante o repunte da represión por parte de Marrocos contra a poboación civil saharauí nos territorios ocupados do Sáhara, o Parlamento de Galicia considera urxente que se garanta a legalidade internacional e se poñan en práctica as diferentes resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas relativas ao dereito inalienable do pobo saharauí á súa autodeterminación e á súa liberdade e á paz.

Baltar Blanco traslada ao embaixador suízo o agradecemento do Parlamento pola acollida prestada aos emigrantes galegos

O vicepresidente primeiro da Cámara autonómica recibiu esta mañá o representante da Confederación Suíza en España

Pilar Rojo interpreta que a visita de José Bono ao Parlamento de Galicia reafirma a vixencia do principio de lealdade institucional

A presidenta do Parlamento reitera que os políticos están obrigados a “tender pontes de entendemento” que redunden en beneficio dos cidadáns

O vicepresidente do Parlamento invoca a “vontade compartida” de Galicia e Portugal como clave do éxito da cooperación transfronteiriza

• Felicítase de que, logo de séculos de afastamento, Galicia e a Rexión Norte de Portugal superasen as reticencias e transiten por un “roteiro común chamado a render grandes froitos”

O Parlamento recibe do Consello de Contas o informe de fiscalización das eleccións autonómicas do 1 de marzo

O vicepresidente primeiro da Cámara, José Manuel Baltar Blanco, celebra a “celeridade” coa que foi elaborado o informe

O Parlamento de Galicia corrobora os vínculos fraternais con Asturias e augura relacións máis intensas co remate da Transcantábrica

O vicepresidente primeiro da Cámara Galega, José Manuel Baltar, representou ao lexislativo autonómico na celebración do Día de Galicia en Asturias

O Parlamento porá en marcha en setembro un programa piloto de teletraballo para facilitar a conciliación dos seus funcionarios

A experiencia pretende afondar na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, mellorar a calidade dos servizos e o traballo por obxectivos, aumentar a motivación e diminuir o absentismo laboral

O Parlamento implanta un plan de austeridade que permitirá aforrar 1,7 millóns de euros este mesmo ano

Suprime os gastos previstos en obras e actos sociais, e reduce o de apartados como atencións protocolarias, mobiliario ou publicidade e propaganda

Bandeiras a media asta no Parlamento de Galicia en sinal de loito tralo atentado de Mallorca

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo participa na concentración de repulsa convocada na Praza do Obradoiro en sinal de repulsa

Pilar Rojo impulsa unha proposta para que as deputadas de baixa por maternidade poidan delegar o seu voto

Considera que o Parlamento tamén debe dar exemplo en materia de conciliación, con medidas que permitan superar situacións anacrónicas

Pilar Rojo compromete o apoio do Parlamento ás persoas con discapacidade

Representantes de CERMI entregaron á presidenta do Parlamento a versión galega de Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

Pilar Rojo anima ás Administracións a atender as resolucións do Valedor do Pobo, por obriga legal, pero tamén como responsabilidade moral

A presidenta do Parlamento considera que o Valedor do Pobo “acadou a maioría de idade aos ollos dos cidadáns” e interpreta que as queixas recibidas supoñen unha “radiografía fiable da realidade social”


Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa realizadas.


Calendario

DOMINGO05

febreiro de 2012
lunsmarmérxovvensabdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
<< xaneiro | marzo >>

Información das Sesións

Non hai sesións programadas para este día


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408