PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Emisións en directo


Salientamos

O Parlamento de Galicia afonda no plan de austeridade e suprime os agasallos de Nadal

A Cámara habilita excepcionalmente unha partida de axudas a institucións, asociacións e ONG con comedores sociais, como mostra de solidariedade da primeira institución de Galicia


O Parlamento de Galicia homenaxea os ex presidentes da Cámara e recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da Comunidade

A actual presidenta da Cámara, acompañada polos integrantes da Mesa e da Xunta de Portavoces, ofrece un xantar na honra dos seus antecesores


Declaración institucional do Parlamento de Galicia expresando o seu firme apoio á causa saharauí.

Ante o repunte da represión por parte de Marrocos contra a poboación civil saharauí nos territorios ocupados do Sáhara, o Parlamento de Galicia considera urxente que se garanta a legalidade internacional e se poñan en práctica as diferentes resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas relativas ao dereito inalienable do pobo saharauí á súa autodeterminación e á súa liberdade e á paz.


Baltar Blanco traslada ao embaixador suízo o agradecemento do Parlamento pola acollida prestada aos emigrantes galegos

O vicepresidente primeiro da Cámara autonómica recibiu esta mañá o representante da Confederación Suíza en España


Pilar Rojo interpreta que a visita de José Bono ao Parlamento de Galicia reafirma a vixencia do principio de lealdade institucional

A presidenta do Parlamento reitera que os políticos están obrigados a “tender pontes de entendemento” que redunden en beneficio dos cidadáns


O vicepresidente do Parlamento invoca a “vontade compartida” de Galicia e Portugal como clave do éxito da cooperación transfronteiriza

• Felicítase de que, logo de séculos de afastamento, Galicia e a Rexión Norte de Portugal superasen as reticencias e transiten por un “roteiro común chamado a render grandes froitos”


O Parlamento recibe do Consello de Contas o informe de fiscalización das eleccións autonómicas do 1 de marzo

O vicepresidente primeiro da Cámara, José Manuel Baltar Blanco, celebra a “celeridade” coa que foi elaborado o informe


O Parlamento de Galicia corrobora os vínculos fraternais con Asturias e augura relacións máis intensas co remate da Transcantábrica

O vicepresidente primeiro da Cámara Galega, José Manuel Baltar, representou ao lexislativo autonómico na celebración do Día de Galicia en Asturias


O Parlamento porá en marcha en setembro un programa piloto de teletraballo para facilitar a conciliación dos seus funcionarios

A experiencia pretende afondar na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, mellorar a calidade dos servizos e o traballo por obxectivos, aumentar a motivación e diminuir o absentismo laboral


O Parlamento implanta un plan de austeridade que permitirá aforrar 1,7 millóns de euros este mesmo ano

Suprime os gastos previstos en obras e actos sociais, e reduce o de apartados como atencións protocolarias, mobiliario ou publicidade e propaganda


Bandeiras a media asta no Parlamento de Galicia en sinal de loito tralo atentado de Mallorca

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo participa na concentración de repulsa convocada na Praza do Obradoiro en sinal de repulsa


Pilar Rojo impulsa unha proposta para que as deputadas de baixa por maternidade poidan delegar o seu voto

Considera que o Parlamento tamén debe dar exemplo en materia de conciliación, con medidas que permitan superar situacións anacrónicas


Pilar Rojo compromete o apoio do Parlamento ás persoas con discapacidade

Representantes de CERMI entregaron á presidenta do Parlamento a versión galega de Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade


Pilar Rojo anima ás Administracións a atender as resolucións do Valedor do Pobo, por obriga legal, pero tamén como responsabilidade moral

A presidenta do Parlamento considera que o Valedor do Pobo “acadou a maioría de idade aos ollos dos cidadáns” e interpreta que as queixas recibidas supoñen unha “radiografía fiable da realidade social”



Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES10

marzo de 2010
lunsmarmérxovvensabdom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
<< febreiro | abril >>

Información das Sesións

Lista de sesions do día 10/03/10

De interese


© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408