saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia (10/PPLC-000002)

Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia

Opinións

1 - Escrito por Elena Álvarez Martínez o 06/03/2017 19:54

O seguinte traballo consiste nun comentario ou opinión sobre a técnica normativa na “Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”. Hai que ter en conta que unha boa técnica lexislativa é sinónimo de seguridade xurídica e coherencia interna do ordenamento xurídico. Estamos ante unha proposición de lei que se vai presentar ante o Congreso dos Deputados, polo que se trata dun procedemento lexislativo especial regulado no artigo 163 do Regulamento do Parlamento de Galicia. Así mesmo, hai que ter en conta que, a pesar de todo, os trámites se levarán a cabo de acordo ao procedemento lexislativo ordinario. Para comezar o análise desta norma debemos ter conta da súa estrutura e división; a mesma consta do título da disposición, da parte expositiva e da parte dispositiva. Empezaremos polo título da disposición que se rubrica da seguinte forma: “Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”. O título forma parte do texto e permite a súa identificación, interpretación e cita; así mesmo, componse de tres elementos: Identificación da norma, nome da norma e data de publicación. Neste caso identifícase a disposición como “Proposición de lei”, polo que se realiza de forma correcta, pois se trata dunha iniciativa lexislativa que provén dos grupos parlamentarios. O nome é “para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”, o cal, na miña opinión, identifica con gran claridade o obxecto da disposición. O motivo polo que non aparece o número e a data de publicación, o último dos elementos que compón o título, é que esta proposición de lei aínda non foi aprobada polo Pleno. O seguinte elemento que se pode atopar nunha norma é o índice, que debe ir colocado despois do título e sempre antes da parte expositiva. A inclusión dun índice é potestativa e neste caso o lexislador optou por non incorporalo, decisión que me parece acertada, pois se trata dunha norma que consta so de dous artigos, polo que é unha disposición especialmente breve. A continuación atopamos a parte expositiva, a cal non debe titularse ao tratarse dunha proposición de lei, xa que unicamente se titulan, coa denominación de “exposición de motivos”, os proxectos de lei. A pesar do exposto, esta norma si está titulada, pois encabézana a expresión “exposición de motivos”, o cal me parece un erro dende o punto de vista da técnica normativa. A parte expositiva ten como obxecto explicar os motivos polos que se realiza a disposición, así como os aspectos máis relevantes da tramitación. Na presente, elabórase unha explicación da motivación que deu lugar á redacción desta norma, así como da estrutura da que consta a proposición de lei, pero non se efectúa ningunha referencia á tramitación. Pasando á parte dispositiva, a estrutura habitual que seguen as norma non se cumpren na presente, xa que a súa brevidade permite que o artigo sexa a única unidade de división, prescindindo así de libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións. Os artigos deben ir numerados en cardinais arábigos, e este caso non é unha excepción. Así mesmo, todos os artigos deben levar un título que indique concisamente o contido ou a materia á que se refiren; neste caso ambos artigos están titulados correctamente (“Transferencia da AP-9” e “Traspaso de servizos”). Outra das regras relativa aos artigos é que, cando regulan aspectos que se deban diferenciar, teñen que dividirse en números. Estes números escribiranse con cardinais arábigos e, ademais, non é conveniente que haxa máis de catro números por artigo, pois isto dificulta a súa comprensión. Como se pode comprobar, o artigo 1 atopámolo dividido en 3 apartados, de forma totalmente correcta atendendo á explicación que precede. Así mesmo, o artigo 1 no seu segundo apartado debe subdividirse, para o que utiliza de forma correcta as letras minúsculas ordenadas alfabeticamente e prescindindo da “ch”. No relativo a parte final, esta pode constar de disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras, as cales teñen que aparecer nesta orde. Nesta norma unicamente contamos con tres disposicións adicionais e unha disposición derradeira. En primeiro lugar atopamos as disposicións adicionais, as cales regulan os réximes xurídicos especiais que non poidan situarse no articulado. Na presente, esta función cúmprense, pois o que regulado en tales preceptos non tería cabida no articulado. A disposición derradeira tamén está redactada de forma correcta, esta inclúe unha cláusula relativa á entrada en vigor, polo que non se aplica a regra xeral dos vinte días dende a súa publicación, senón que se fixa como referencia a data de publicación. Esta cláusula é correcta sempre e cando dita norma deba entrar en vigor de forma inmediata. Outro dos elementos pertencentes á parte dispositiva das normas e cos que pode contar unha disposición son os anexos, pero neste caso non se considerou necesario a súa inclusión debido ás características e ao obxecto da norma. En canto aos criterios lingüísticos xerais que deben seguir as normas, na presente a redacción é clara, sinxela e precisa, utilizando unha linguaxe culta á par que é accesíbel para a persoa media. Os termos empregados non deixan marxe para que se poida dar lugar a confusión, dáse unha coherencia terminolóxica, preséntase unha estrutura gramatical correcta e, todo isto, gardando un decoro lingüístico sen incorrer en redundancias, reiteracións ou vulgarismos. No relativo ao informe de impacto de xénero, tal é como establece o artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, é preceptiva a súa realización polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso, dito trámite realizouse con éxito, establecendo que esta proposición de lei terá un impacto positivo pois pode axudar a reducir as desigualdades de xénero. Así mesmo, e en cumprimento deste mesmo Decreto lexislativo, debe utilizarse unha linguaxe non sexista e inclusiva, polo que esta norma tamén cumpre este requisito de forma positiva, pois non existe ningún termo nesta iniciativa lexislativa de carácter sexista. Para a realización dunha boa cita nunha lei, os estatutos de autonomía poden citarse de forma abreviada coa súa denominación propia, sen necesidade de incluír a referencia á lei orgánica pola cal se aproban. Neste caso, cítase o Estatuto de autonomía de Galicia en repetidas ocasións na parte expositiva, de forma correcta. Na presente tamén se realizan dúas citas á Constitución española, adecuadamente, pois non se utilizan sinónimos da mesma como “norma suprema” ou “carta magna”. A pesar disto, na miña opinión, a utilización das siglas CE para referirse a nosa Constitución non é o máis recomendábel pois, aínda que esta abreviación é moi coñecida entre os xuristas, non o é tanto polas persoas que non están relacionadas con este mundo, polo que creo que isto complicaría a interpretación ao cidadán medio. Por todo o exposto, podo concluír que en xeral esta proposición de lei axústase á técnica xurídica e normativa que dispoñen as resolucións aprobadas ao efecto, sen prexuízo das observacións e recomendacións realizadas.

2 - Escrito por Laura Ferreira da Silva o 07/03/2017 09:45

No presente traballo imos analizar a Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia. A Mesa toma coñecemento da referida iniciativa e, dado que vén presentada nos termos previstos no artigo 122 do Regulamento da Cámara, acorda: 1º. Admitir a trámite a Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia. 2º. Dispoñer o seu traslado á Xunta de Galicia para que emita o informe previsto no artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e para que manifeste o seu criterio e a súa conformidade respecto da súa tramitación nos termos previstos no artigo 123.2 do Regulamento. 3º. Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia Esta Proposición de lei estrutúrase da seguinte maneira: título da disposición, parte expositiva e parte dispositiva, na cal se inclúen o articulado e a parte final. En primeiro lugar, esta disposición ten por título “Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”; o título forma parte do texto e permite a súa identificación, interpretación e cita. O título iníciase sempre coa identificación do tipo de disposición, que neste caso é “proposición de lei”. O nome indica o obxecto da disposición e o seu contido esencial, de xeito que permita facerse una idea do seu contido e diferencialo do de calquera outra disposición. A súa redacción debe ser clara e concisa, sen inclusión de descricións propias da parte dispositiva; polo exposto, considero que o nome da presente disposición contén tódolos requisitos xa expresados, e cumpre a súa función de reflectir con exactitude e precisión a materia regulada. No tocante á data de publicación, non aparece como debería, pois aínda non foi aprobado polo Pleno. A iniciativa lexislativa para presentar proposicións de lei, está en dous suxeitos lexitimados, que son por un lado, a iniciativa parlamentaria de carácter grupal e, por outro, as proposicións de lei presentadas por un deputado coa sinatura doutros catro membros da Cámara. O seguinte elemento que se pode atopar nunha norma é o índice, que debe ir colocado despois do título e sempre antes da parte expositiva. A inclusión dun índice é potestativo e neste caso o lexislador optou por non incorporalo, e neste caso non o considero necesario, xa que trátase dunha norma cun só artigo. O seguinte elemento que atopamos é a parte expositiva, ao tratarse dunha disposición distinta dun proxecto de lei (proposición de lei), non se titula. Aínda así, temos efectivamente unha parte expositiva, mais non identificada, na se describe o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, facendo mención á incidencia que poida ter na normativa en vigor, con especial atención ós aspectos novos. Sobre os antecedentes cabe destacar o Estatuto de Autonomía para Galicia, artigos 27.8 e 27.32.; a Constitución de 1978, artigos 148.1.5 e 150.2; a Lei 9/1972, do 10 de maio, de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión; o Decreto 215/1973, do 25 de xaneiro, polo que se aproba o prego de cláusulas xerais para a construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión; o Real Decreto 302/1984, do 25 de xaneiro, polo que se autoriza a creación da Sociedade Estatal “Empresa Nacional de Autopistas”, entre outros. A parte expositiva comeza explicando que a AP-9 é unha autoestrada de titularidade estatal que abrangue unha parte moi importante do territorio galego; é unha vía vertebral que conecta toda a franxa atlántica e cinco das sete cidades galegas. Coa finalidade de xestionar desde Galicia unha das autoestradas máis importantes desde o punto de vista social e económico, cómpre actuar para acadar a titularidade e transferencia de competencias sobre o réxime xurídico desta autoestrada, así como o traspaso efectivo das funcións e servizos sobre a dita infraestrutura. Todo isto, sustentándose en varios artigos do Estatuto de Galicia, entre outros nomeados con anterioridade. Pasando á parte dispositiva, os criterios xerais e habituais que deben recoller as normas, non se cumpren na presente, xa que a súa brevidade prescinde de libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións. A proposición de lei orgánica consta de dous artigos, tres disposicións adicionais e unha disposición derradeira. Os criterios básicos na redacción dun artigo son os seguintes: cada artigo, un tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, una idea. A información dos artigos ordenarase de forma lóxica, isto é, a idea central indicarase nun primeiro parágrafo seguido dos estritamente necesarios para expresar as especificacións que procedan. Debe procurarse que o artigo constitúa unha unidade de sentido completa, de maneira que para comprendelo non sexa necesario recorrer ó artigo anterior nin ó posterior. Deben dotarse os artigos de contido normativo, obviando motivacións ou explicacións cuxo lugar axeitado é a parte expositiva da disposición. Tampouco deben conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou carentes de sentido. Os artigos deben numerarse con cardinais arábigos, dende o 1 ata o que corresponda; neste caso, só hai dous artigos; no artigo primeiro establécese a transferencia da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia e detállanse as funcións e servizos que pasan a ser de titularidade autonómica. No artigo segundo fíxanse as condicións do traspaso de servizos, que deben contar cos medios materiais e orzamentarios necesarios. O contido do artigo porase na liña inferior ó seu título, en minúscula, salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente, sen grosa, nin subliñado nin cursiva. Os artigos non deben ser excesivamente longos; cada artigo debe conter un precepto, un mandato, unha instrución ou unha regra, ou máis dun/dunha, sempre que respondan a unha mesa unidade temática. No relativo a parte final, esta pode constar de disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras. Nas disposicións adicionais primeira e segunda regúlase a negociación do traspaso efectivo da AP-9 e a conseguinte baixa desta infraestrutura como integrante da rede do Estado. Finalmente, na disposición adicional terceira aclárase que este traspaso non modifica as funcións e servizos reservados ao Estado no que se refire ao control das fronteiras. A disposición derradeira única establece a entrada en vigor desta norma no día seguinte da súa Publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). Outro dos elementos cos que pode contar unha disposición son os anexos, pero neste caso non se considerou necesario a súa inclusión. En canto aos criterios lingüísticos xerais que deben seguir as normas, na presente a redacción é clara, sinxela e precisa, utilizando unha linguaxe culta á par que é accesible para o cidadán medio. Os termos empregados non deixan marxe para que se poida dar lugar a confusión, dáse unha coherencia terminolóxica, preséntase unha estrutura gramatical correcta e, todo isto, gardando un decoro lingüístico sen incorrer en redundancias, reiteracións ou vulgarismos. En cumprimento das previsións contidas no Decreto lexislativo 2/2015 en materia de igualdade, utilízase unha linguaxe non sexista e inclusiva, en harmonía co principio de igualdade de sexos, así, utilízanse termos tal que “galegos e galegas”. Tal é como establece o artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, é preceptiva a realización dun informe de impacto de xénero elaborado polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso, dito trámite realizouse con éxito, establecendo que non presenta unha repercusión directa na perspectiva de xénero. En conclusión, debo dicir que esta proposición de lei cumpre tódolos requisitos recollidos no manual de técnica normativa, polo que considero que esta disposición é clara, precisa e composta por un léxico doado para a comprensión dun cidadán galego común.

3 - Escrito por Ángela González Fernández o 20/03/2017 18:14

Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia Pola presente, imos analizar a Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia. A Mesa toma coñecemento da referida iniciativa e, dado que vén presentada nos termos previstos no artigo 122 do Regulamento da Cámara, acorda: 1º. Admitir a trámite a Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia. 2º. Dispoñer o seu traslado á Xunta de Galicia para que emita o informe previsto no artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e para que manifeste o seu criterio e a súa conformidade respecto da súa tramitación nos termos previstos no artigo 123.2 do Regulamento. 3º. Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia Esta Proposición de lei estrutúrase da seguinte en: título da disposición, parte expositiva e parte dispositiva, na cal se inclúen o articulado e a parte final. En primeiro lugar, esta disposición ten por título “Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”; o título forma parte do texto e permite a súa identificación, interpretación e cita. O título iníciase sempre coa identificación do tipo de disposición, que neste caso é “proposición de lei”. O nome indica o obxecto da disposición e o seu contido esencial, de xeito que permita facerse una idea do seu contido e diferencialo do de calquera outra disposición. A súa redacción debe ser clara e concisa, sen inclusión de descricións propias da parte dispositiva; polo exposto, considero que o nome da presente disposición contén tódolos requisitos xa mencionados e cumpre a súa función de reflectir con exactitude e precisión a materia regulada. En canto á data de publicación, non aparece como debería, pois aínda non foi aprobado polo Pleno. A iniciativa lexislativa para presentar proposicións de lei, está en dous suxeitos lexitimados, que son, por un lado, a iniciativa parlamentaria de carácter grupal e, por outro, as proposicións de lei presentadas por un deputado coa sinatura doutros catro membros da Cámara. O seguinte elemento que se pode atopar nunha norma é o índice, que debe ir colocado despois do título e sempre antes da parte expositiva. A inclusión dun índice é potestativo e neste caso o lexislador optou por non incorporalo, e neste caso non o considero necesario, xa que trátase dunha norma cun só artigo. Outro elemento que atopamos é a parte expositiva, que ao tratarse dunha disposición distinta dun proxecto de lei (proposición de lei), non se titula. Aínda así, temos efectivamente unha parte expositiva, mais non identificada, na se describe o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, facendo mención á incidencia que poida ter na normativa en vigor, con especial atención ós aspectos novos. Sobre os antecedentes cabe destacar o Estatuto de Autonomía para Galicia, artigos 27.8 e 27.32.; a Constitución de 1978, artigos 148.1.5 e 150.2; a Lei 9/1972, do 10 de maio, de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión; o Decreto 215/1973, do 25 de xaneiro, polo que se aproba o prego de cláusulas xerais para a construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión; o Real Decreto 302/1984, do 25 de xaneiro, polo que se autoriza a creación da Sociedade Estatal “Empresa Nacional de Autopistas”, entre outros. A parte expositiva comeza explicando que a AP-9 é unha autoestrada de titularidade estatal que abrangue unha parte moi importante do territorio galego; é unha vía vertebral que conecta toda a franxa atlántica e cinco das sete cidades galegas. Coa finalidade de xestionar desde Galicia unha das autoestradas máis importantes desde o punto de vista social e económico, cómpre actuar para acadar a titularidade e transferencia de competencias sobre o réxime xurídico desta autoestrada, así como o traspaso efectivo das funcións e servizos sobre a dita infraestrutura. Todo isto, sustentándose en varios artigos do Estatuto de Galicia, entre outros nomeados con anterioridade. Pasando á parte dispositiva, os criterios xerais e habituais que deben recoller as normas, non se cumpren na presente, xa que a súa brevidade prescinde de libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións. A proposición de lei orgánica consta de dous artigos, tres disposicións adicionais e unha disposición derradeira. Os criterios básicos na redacción dun artigo son os seguintes: cada artigo, un tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, una idea. A información dos artigos ordenarase de forma lóxica, isto é, a idea central indicarase nun primeiro parágrafo seguido dos estritamente necesarios para expresar as especificacións que procedan. Debe procurarse que o artigo constitúa unha unidade de sentido completa, de maneira que para comprendelo non sexa necesario recorrer ó artigo anterior nin ó posterior. Deben dotarse os artigos de contido normativo, obviando motivacións ou explicacións cuxo lugar axeitado é a parte expositiva da disposición. Tampouco deben conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou carentes de sentido. Os artigos deben numerarse con cardinais arábigos, dende o 1 ata o que corresponda; neste caso, só hai dous artigos; no artigo primeiro establécese a transferencia da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia e detállanse as funcións e servizos que pasan a ser de titularidade autonómica. No artigo segundo fíxanse as condicións do traspaso de servizos, que deben contar cos medios materiais e orzamentarios necesarios. O contido do artigo porase na liña inferior ó seu título, en minúscula, salvo a maiúscula inicial e as que procedan ortograficamente, sen grosa, nin subliñado nin cursiva. Os artigos non deben ser excesivamente longos; cada artigo debe conter un precepto, un mandato, unha instrución ou unha regra, ou máis dun/dunha, sempre que respondan a unha mesa unidade temática. No relativo a parte final, esta pode constar de disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e derradeiras. Nas disposicións adicionais primeira e segunda regúlase a negociación do traspaso efectivo da AP-9 e a conseguinte baixa desta infraestrutura como integrante da rede do Estado. Finalmente, na disposición adicional terceira aclárase que este traspaso non modifica as funcións e servizos reservados ao Estado no que se refire ao control das fronteiras. A disposición derradeira única establece a entrada en vigor desta norma no día seguinte da súa Publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). Outro dos elementos cos que pode contar unha disposición son os anexos, pero neste caso non se considerou necesaria a súa inclusión. En canto aos criterios lingüísticos xerais que deben seguir as normas, na presente a redacción é clara, sinxela e precisa, utilizando unha linguaxe culta á par que é accesible para o cidadán medio. Os termos empregados non deixan marxe para que se poida dar lugar a confusión, dáse unha coherencia terminolóxica, preséntase unha estrutura gramatical correcta e, todo isto, gardando un decoro lingüístico sen incorrer en redundancias, reiteracións ou vulgarismos. En cumprimento das previsións contidas no Decreto lexislativo 2/2015 en materia de igualdade, utilízase unha linguaxe non sexista e inclusiva, en harmonía co principio de igualdade de sexos, así, utilízanse termos tal que “galegos e galegas”. Tal é como establece o artigo 7 do Decreto lexislativo 2/2015, é preceptiva a realización dun informe de impacto de xénero elaborado polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso, dito trámite realizouse con éxito, establecendo que non presenta unha repercusión directa na perspectiva de xénero. Como peche, debo dicir que esta proposición de lei cumpre tódolos requisitos de técnica normativa, polo que considero que esta disposición é clara, precisa e composta por un léxico doado para a comprensión dun cidadán común.

4 - Escrito por Carla Davila o 23/03/2018 13:38

La Mesa toma conocimiento de la referida iniciativa y, dado que viene presentada en los términos previstos en el artículo 122 del Reglamento de la Cámara, acuerda: 1. Admitir a trámite a Proposición de ley orgánica de transferencia de titularidad y de las competencias de la AP-9 a la Comunidad Autónoma de Galicia, para presentar ante el Congreso de los Diputado. 2. Disponer su traslado a la Xunta de Galicia para que emita el preceptivo informe previsto en el artículo 7 del Decreto legislativo 2/2015, del 12 de febrero, por el que se aprueba el texto refundido de las disposiciones legales de la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de igualdad, y para que manifieste su criterio y su conformidad respecto de su tramitación en los términos previstos en el artículo 123.2 del Reglamento. 3. Ordenar su inmediata publicación en el Boletín Oficial del Parlamento de Galicia. La AP-9 es una autopista de titularidad estatal que comprende una parte muy importante del territorio gallego; es una vía vertebral que conecta toda la franja atlántica y cinco de las siete ciudades gallegas. Por esto, la AP-9 continúa depender del Gobierno central, que mantiene unos peajes desorbitados que limitan el acceso a esta vía a personas con menos recursos y atrasan el desenvolvimiento de sectores económicos gallegos. Con la finalidad de superar esta situación y de gestionar desde Galicia una de las autopistas más importantes desde el punto de vista social y económico, cumple actuar para lograr la titularidad y transferencias de competencias sobre el régimen jurídico de esta autopista, así como el traspaso efectivo de las funciones y servicios sobre dicha infraestructura. Así, el Estatuto de autonomía de Galicia establece en su artículo 27 las materias que son competencia exclusiva del Gobierno gallego y fija en el punto 8 la competencia sobre <>. Finalmente, el artículo 150.2 de la CE habilita al Estado para transferir o delegar a las comunidades autónomas, mediante ley orgánica, facultades correspondientes a materias de titularidad estatal que, por su propia naturaleza, sean susceptibles de transferencia o delegación. El propio Estatuto de Galicia, en el artículo 27.32, relativo a las competencias exclusivas, establece que puede ampliarse el abanico competencial a través de la transferencia por ley orgánica del Estado. Para analizar esta norma debemos tener en cuenta su estructura y división. Esta proposición de ley consta del título de la disposición, de la parte expositiva y de la parte dispositiva. De forma más concreta, la proposición de ley orgánica consta de dos artículos, tres disposiciones adicionales y una disposición final. El título, que forma parte del texto y permite su identificación, interpretación y cita, está bien redactado. Lo diferencia de los títulos de otras disposiciones en vigor, algo esencial para respetar el principio de seguridad jurídica. Indica también que es una proposición de ley, identificando el tipo de disposición. Se le da el nombre de proposición de ley porque es el Consejo de la Xunta el que aprueba el texto definitivo remitiéndolo, a su vez, al Parlamento. Acto seguido hace referencia a los antecedentes, redactados con guiones de forma ordenada y en orden cronológico. La parte expositiva se inicia con la exposición de motivos. Esta debería estar expuesta en el centro del texto y escrita con letras mayúscula en caso de ser un anteproyecto de ley, pero al no pertenecer a este orden no es necesario titular la parte expositiva, pues su función es la de describir el contenido de la disposición, indicando su objeto y finalidad, sus antecedentes y las competencias y habilitaciones, haciendo mención a la incidencia que pueda tener en la normativa en vigor, con especial atención a los aspectos nuevos. Es más, se resume el contenido de esta disposición con el fin de lograr una mejor comprensión del texto, sin hacer referencia a partes del texto articulado, simplemente haciendo mención de qué se establece o qué función comprende ese artículo. En cuanto al índice, su inclusión es potestativa, no estando presente en este caso al no ser necesario dado a la poca extensión que tiene. Existe un error en esta norma, y es que debe hacerse referencia a la deliberación previa del Consejo de la Xunta, en su reunión, de la fecha de aprobación. El párrafo se debe cerrar con una coma y en la línea inferior, centrar y con mayúsculas, la palabra ‘dispongo’, seguida de dos puntos. Siguiendo con la parte dispositiva, los criterios generales y habituales que deben recoger las normas no se cumplen en esta, debido, como en el punto anterior, a su brevedad, por ello se prescinde de ``libros, títulos, capítulos, secciones y subsecciones´´. En su artículo primero se establece la transferencia de la AP-9 a la Comunidad Autónoma de Galicia y se detallan las funciones y servicios que pasan a ser de titularidad autonómica. En concreto se transfiere las competencias sobre el régimen jurídico de la concesión, así como las funciones y servicios hasta ahora ejercidos por la Administración general del Estado en relación con la AP-9, Autopista del Atlántico. En el punto 2 del artículo 1 se hace referencias a las funciones encomendadas a Galicia en virtud de la transferencia. Está redactado según las indicaciones, es decir, la información se ordena de forma lógica, centrado la ideal principal en un primer párrafo seguido de las explicaciones que procedan. No contiene deseos, intenciones, declaraciones ni formulaciones innecesarias o carentes de sentido. Se enumera con cardinal arábico, en orden correlativa a la serie única, sin alterar la numeración. No consta la designación de artículo único ya que consta de dos artículos. También se indica el título que hace referencia a la materia sobre la que trata, sin repetirse el mismo en el siguiente artículo. No es excesivamente largo, constando de tres números, sin exceder de los cuatro que se recomiendan. Como se subdivide el número, se hace en líneas señaladas con letras minúsculas, ordenadas de forma alfabética a partir de la letra ``a´´ y seguida del signo de paréntesis posteriormente. Respecto las disposiciones adicionales, que consta de tres en total, están bien redactadas. En este epígrafe se sitúan los regímenes especiales que no pueden acoplarse en otra parte del articulado, tal como regímenes económicos que, en este caso, se sitúan en la disposición adicional primera, que se refiere al incremento de los créditos o disminución de los ingresos previstos en la ley de reglamentos generales del Estado en vigor. También se disponen las excepciones, dispensas y reservas a la aplicación de la norma o de alguno de sus conceptos. Por último, consta de una única disposición derogatoria, que se refiere, como de costumbre, a la entrada en vigor de esta ley. Estas disposiciones tienen un uso restrictivo y deben precisas su aplicación, tanto material como temporal. Se encuentra en la parte final, como principio general. Resumiendo, esta ley consta de una estructura muy corta y simple, pero acorde a la técnica normativa que se insta, estableciendo de forma directa y práctica la estructura que debe seguir, sin alteraciones.

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

Últimas opinións

saltar ao pe de páxina