Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O GPP amosará o seu apoio a uns orzamentos que reducen o déficit e conta co aval positivo de entidades como a AIRef

Pedro Puy incide en que o Goberno central "cumpra os compromisos acordados coa Xunta sobre Alcoa" e reitera a necesidade de que a empresa retire o ERE e estableza un marco estable enerxético para as empresas electrointensivas

Orzamentos Xunta 2019/Alcoa/Au 12/11/2018

Santiago, 12 de novembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, dou conta da reunión celebrada esta mañá polos deputados do Grupo Popular na que se analizou a tramitación dos orzamentos da Xunta, unha vez se celebraron as comparecencias dos conselleiros e responsables dos organismos públicos e institucionais, a excepción da presidenta da Deputación de Pontevedra.
 
O seguinte paso na tramitación das contas públicas será o seu debate de totalidade, que terá lugar o vindeiro luns e no que o Grupo Popular “amosará o seu apoio a uns orzamentos que reducen o déficit e conta co aval positivo de entidades como a AIReF, a diferenza dos orzamentos do Estado sobre os que hai dúbidas en canto ás súas previsións de ingresos e gastos”, indicou.
 
ALCOA
 
Pedro Puy incidiu na necesidade de que o Goberno do Estado “cumpra os compromisos acordados coa Xunta de Galicia en relación coa empresa Alcoa: falar cos seus responsables para que retiren o ERE e establecer un marco estable enerxético para as empresas electrointensivas”.
 
Cuestionado sobre as declaracións da ministra Magdalena Valerio sobre a empresa Alcoa, o portavoz popular indicou que a ministra “móvese no marco legal que todos coñecemos e o que hai é que cumprir os compromisos acadados polo Goberno central na reunión que celebrou co Presidente da Xunta a pasada semana: falar coa empresa para que retire o ERE e tomar decisións de forma inmediata con relación á aprobación dun marco estable para os próximos cinco anos sobre os custos da enerxía que utilizan as empresas electrointensivas”.
 
Así mesmo, Puy lembrou a unanimidade existente no Parlamento galego respecto de Alcoa, acadada inicialmente a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular e confirmada posteriormente cunha declaración institucional e outra proposición non de lei traída polo Grupo Socialista.
 
CONSECUENCIAS DAS PEAXES NAS AUTOVÍAS
 
Respecto do posible cobro de peaxes nas autovías e vías de alta capacidade anunciado polo ministro de Fomento, Pedro Puy ironizou con que “podemos reflexionar sobre esta proposta”, pero considerou “necesario que o Goberno central faga unha proposta ou estudo sobre os custos desta reforma e non lanzar globos sonda para abrir debates”.
 
“Trátase dunha reflexión interesante, pero cando un está no goberno máis que reflexións hai que ter papeis, cálculos e informes sobre as consecuencias” de implementar este tipo de medidas, manifestou Puy. Neste sentido, lembrou que neste Parlamento “temos aprobadas varias propostas pedindo que se retire a peaxe de Redondela a curto prazo”, polo que avogou por “non perder de vista estas petición concretas sobre as que xa hai acordos unánimes”

Imaxes relacionadas