saltar ao contido

Encarnación Liñeiro Pouso

Nacemento: Edimburgo - 1974

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

Filla de emigrantes, naceu e criouse ata os 10 anos en Edimburgo (Escocia). Logo trasladouse a Camariñas, onde cursou a maior parte dos seus estudos, incluíndo unha Escola Taller de Formación de Medio Ambiente, e sacou o título de monitora de tempo libre. Nai moza, compaxinou os estudos coa crianza da súa filla. Ten estudos en Comunicación e Márketing Político, Técnicas da Información e Comunicación, e Igualdade e Violencia de Xénero, todos eles no Instituto Jaime Vera, en Madrid.

Durante 14 anos traballou dando clases de inglés e de apoio escolar en Camariñas, mentres facía traballos esporádicos de tradutora e nunha empresa de enquisas do sector gandeiro, e desempeñou o seu labor como empresaria.

Secretaria xeral da Agrupación Socialista de Camariñas dende 2008 e secretaria de Igualdade da Executiva Provincial da Coruña. Foi secretaria de Igualdade e secretaria de Organización na comarca Costa Atlántica e concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo no Concello de Camariñas.

Imaxe de Encarnación Liñeiro Pouso

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Decembro de 2019
Martes
03
10:00
Mércores
04
10:00
saltar ao pe de páxina