María Ángeles García Míguez

Nacemento: Vigo - 1972

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Licenciada en Psicoloxía Sanitaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección e Xestión de Programas e Centros Xerontolóxicos Sociosanitarios da Universidade de Vigo. Máster Axente de Emprego da Universidade de Vigo. Xestora e directora de proxectos sociais para diferentes asociacións e entidades. Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, foi concelleira no Concello de Vigo entre 2007 e 2015.

Desde marzo de 2016 forma parte do comité executivo do PP de Pontevedra, no que é coordinadora de Políticas Sociais e Igualdade. Accede ao Parlamento de Galicia en decembro de 2016. Na X Lexislatura é voceira de Igualdade do GPP e portavoz na Comisión de Estudo para a Igualdade e Dereitos das Mulleres

Imaxe de María Ángeles García Míguez

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días