Francisco Conde López

Nacemento: Monforte de Lemos - 1968

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor, pola mesma institución académica, en Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse, entre 1995 e 2009, na Universidade CEU San Pablo, na que exerceu como profesor, e ocupou diferentes responsabilidades como as de director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto de Estudos Europeos e vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (2002-2004). En 2004 pasou a ocupar o posto de director de Relacións Institucionais desta mesma universidade, que desempeñou ata que, en 2005, foi nomeado vicerreitor deste mesmo departamento.

Entre 2009 e 2012 foi asesor do presidente da Xunta de Galicia ata que o presidente Feijóo o nomeou conselleiro de Economía e Industria. Na remodelación da Xunta que se produciu en outubro de 2015, a súa consellería incorporou tamén as competencias en materia de emprego.

Cabeza de lista do PPdeG por Lugo nas eleccións autonómicas do 2016.

Imaxe de Francisco Conde López

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2018
Martes
11
10:00
Mércores
12
10:00