Nacemento: Vilalba - 1986
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Estudou Administración e Xestión de Empresas na USC e realizou un Máster Universitario en Banca e Seguros
Traballou ata o 2015 no sector da banca
Senadora pola provincia de Lugo desde as eleccións xerais de 2015 ata o 2016, sendo vogal da Comisión de Economía e Competitividade, voceira da Comisión de Igualdade e vogal da Comisión de Peticións.
É concelleira do Concello de Vilalba dende o ano 2015.
Na X lexislatura no Parlamento foi voceira do Grupo Popular de Política Lingüística e de Innovación e Emprendemento. Membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia.