Nacemento: Ferrol - 1975
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Avogado. Máster en Dereito Público e da Administración. Experto Universitario en Dirección Xeral Estratéxica da Empresa.
Iniciou a súa carreira política como concelleiro en Ferrol, sendo tamén deputado provincial da Coruña entre 2007 e 2011, ata que é elixido alcalde de Ferrol de 2011 a 2015, coa primeira maioría absoluta na cidade, e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Foi conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia desde 2015 ata 2018, cargo ao que renuncia para presentarse novamente á alcaldía de Ferrol, quedando a un concelleiro da maioría absoluta. Exerce como portavoz municipal do grupo maioritario.
Deputado autonómico desde 2016, é presidente da Comisión Primeira, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia, vicesecretario autonómico de Boa Administración e candidato á alcaldía de Ferrol en 2023.