Nacemento: Pontevedra - 1968
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ten o diploma de directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración local, con habilitación nacional e categoría superior, Rueda foi secretario dos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, e secretario interventor da Mancomunidade da Paradanta.
A primeira responsabilidade profesional que exerceu no eido da Administración autonómica foi a de xefe do gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. En 2000 foi nomeado director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, cargo que ocupou ata que, en 2006, resultou elixido secretario xeral do Partido Popular de Galicia. En 2009 foi elixido deputado do Parlamento galego tras concorrer ás eleccións autonómicas como candidato pola provincia de Pontevedra e, en marzo dese mesmo ano, foi nomeado conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
En decembro de 2012 renovou o seu cargo como titular do mesmo departamento e foi nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia. O 14 de maio de 2022 tomou posesión como presidente da Xunta de Galicia.