Pedro Puy Fraga

Nacemento: Granada - 1962

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

Doutor en Dereito, é profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela (Área de Economía Aplicada), Facultade de Dereito da USC. Autor e coordinador de sete libros e autor de máis de cincuenta capítulos en libros colectivos, artigos e notas en revistas especializadas.

Foi director xeral de Relacións Institucionais da Consellería de Presidencia na VI Lexislatura (2002-2005) e, nesa condición, secretario da Comisión Mixta de Transferencias e da Comisión Bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. Conselleiro do Consello de Contas de Galicia, por designación do Parlamento de Galicia , desde o ano 2007 ata o 2009. Deputado no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, na que foi voceiro de Economía e vicevoceiro do Grupo Popular, e desde marzo do 2011 voceiro do Grupo Parlamentario Popular. Deputado na IX Lexislatura, na que foi voceiro do Grupo Popular e voceiro de Economía. Coordinador dos programas electorais cos que o PPdeG concorreu ás eleccións autonómicas de 2009, 2012 e 2016.

Na X Lexislatura é voceiro do Grupo Popular, na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, e na Comisión de investigación das antigas caixas de aforros.

Imaxe de Pedro Puy Fraga

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Xunta de Portavoces

Outubro de 2018
Luns
15
10:00
Martes
16
10:00
Venres
19
11:30
Martes
30
11:00

Pleno do Parlamento

Outubro de 2018
Martes
16
12:00
Martes
23
10:00
Mércores
24
10:00
Novembro de 2018
Martes
06
10:00
Mércores
07
10:00

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Outubro de 2018
Xoves
25
12:33
Mércores
31
12:30
Novembro de 2018
Venres
02
10:10
Venres
02
16:00