Nacemento: San Sadurniño - 1975
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal). Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
En 2009 foi o primeiro delegado territorial único da Xunta de Galicia na provincia da Coruña. No período 2009-2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña. No ano 2011 foi elixido presidente da Deputación Provincial da Coruña, posto que ocupou ata o ano 2015.
En febreiro de 2003 accedeu ao Parlamento de Galicia e continuou como deputado da oposición entre 2005 e 2009. Foi portavoz do PP nas comisións de Mocidade, na da Compañía da CRTVG e na de Vivenda, e vogal nas comisións de Economía, Pesca e Marisqueo e na do Consello de Contas. Desde o 2006 ata o 2009 foi vicesecretario xeral do PP de Galicia.
Actualmente é o presidente provincial do Partido Popular na Coruña. Foi vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia na X e na XI lexislatura, ata o seu nomeamento como vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, en maio de 2022.