O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio en memoria do brigadista falecido en Castrelo do Val

Santiago, 27 de marzo de 2012.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta tarde un minuto de silencio en memoria do brigadista falecido en Castrelo do Val (Ourense) cando participaba na extinción dun incendio forestal.
 
Ao remate da votación das mocións, e antes de continuar o Pleno, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, pediu a deputados e deputadas gadar un minuto de silencio na memoria do falecido.

Imaxes relacionadas