Pilar Rojo anima a participar nas campañas de doazón de sangue organizadas polo Centro de Transfusión de Galicia

• Unha unidade móbil do Centro de Transfusión desprazouse esta mañá ao Parlamento no marco dun programa de captación de doadores
 
Santiago, 27 de marzo de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, animou ao conxunto dos cidadáns a participar nas campañas de doazón de sangue organizadas polo Centro de Transfusión de Galicia porque doar sangue é, ao seu xuízo, “un dos actos solidarios máis importantes”.
Pilar Rojo visitou a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia que esta mañá se desprazou ao Parlamento de Galicia no marco do programa de captación de doadores en empresas e organismos públicos.

Segundo Rojo Noguera, no Parlamento de Galicia “sentímonos honrados e satisfeitos” por recibir a visita dunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para incentivar a doazón de sangue por parte de deputados, funcionarios e xornalistas.

Durante a vista á unidade móbil, Pilar Rojo estivo acompañada pola directora do Centro de Transfusión de Galicia, María Inmaculada Rodríguez Calvo.
 

Imaxes relacionadas