O Parlamento de Galicia acollerá mañá unha campaña de doazón promovida polo Centro de Transfusión de Galicia

Unha unidade móbil do CTG desprazarase maña ata a  Cámara lexislativa galega para atender aos deputados e deputadas e aos traballadores que desexen doar dende as 09.30 ás 15.00 horas
 
Santiago de Compostela, luns 26 de marzo de 2012.- O Parlamento de Galicia acollerá maña, martes 27 de marzo, unha nova campaña de doazón de sangue promovida dende o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), co obxectivo de fomentar este xesto solidario e incentivar a participación de todos os deputados e deputadas, así como de todos os traballadores e traballadoras do Parlamento.

A unidade móbil do CTG, que estará ubicada na entrada principal do Parlamento de Galicia, atenderá aos doadores das 09.30 ás 15.00 horas.
 
Empresas e organismos públicos
No pasado 2011, rexistráronse en Galicia 116.112 doazóns de sangue, das que, aproximadamente, o 10% correspóndense con doazóns recollidas en campañas realizadas en empresas e organismos públicos.
O principal obxectivo desta campaña de doazón, que achega a unidade móbil do CTG ata o Parlamento de Galicia, é convertelo nun novo punto de referencia para o desenvolvemento periódico de campañas de doazón de sangue.
Esta campaña de doazón enmarcase dentro do programa de captación de doadores en empresas e organismos públicos que está a desenvolver a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia, conscientes da importancia da participación deste colectivo.
 

Imaxes relacionadas