A presidenta do Parlamento recibe do valedor do pobo o Informe Ordinario de 2011

Santiago, 26 de marzo de 2012.- A presidenta do lexislativo autonómico, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá do valedor do pobo, Benigno López, o Informe Ordinario de 2011 elaborado polo alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
 
Coa reunión desta mañá iníciase a tramitación parlamentaria do Informe, que culminará cunha comparecencia do valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia.

 

Imaxes relacionadas