O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a final do “Parlamento Xove”

• Oito centros educativos galegos participaron na derradeira fase do certame dunha iniciativa na que se inscribiron 28 centros de toda a comunidade
 
Santiago de Compostela, 17 de Marzo de 2012.- O Parlamento de Galicia acolleu, un ano máis, a final do certame “Parlamento Xove”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que contou coa participación de oito centros educativos galegos. O equipo gañador foi o IES Laxeiro, de Lalín e os finalistas foron os representantes do IES A Pinguela, de Monforte. O IES de Becerreá fixo o mellor dossier de investigación e o IES de Fene redactou o mellor artigo sobre o tema proposto pola organización: ‘¿Actúa a xuventude na actualidade consonte aos seus valores en favor do coidado do medio ambiente?’

Imaxes relacionadas