A presidenta do Parlamento recibe ao xefe superior de Policía de Galicia, ao que desexa unha xestión exitosa

• Reitera a colaboración e lealdade institucional do Parlamento coa Policía Nacional e coas restantes forzas e corpos de seguridade

Santiago, 15 de marzo de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández, nunha visita enmarcada na rolda de contactos protocolarios que está a manter logo do seu nomeamento como máximo responsable da Policía Nacional na Comunidade Autónoma.
Pilar Rojo reiterou a “colaboración e lealdade institucional do Parlamento de Galicia coa Policía Nacional, ao igual que coas demais forzas e corpos de seguridade”, desde o convencemento de que “o traballo destes profesionais contribúe a articular unha sociedade máis segura e, polo tanto, máis libre”.

A presidenta do Parlamento desexou ao novo xefe superior de Policía de Galicia unha xestión exitosa e amosouse convencida da idoneidade de Jaime Iglesias para desempeñar esta responsabilidade, dada a brillante traxectoria profesional que presenta.
 
 

Imaxes relacionadas