O presidente do Senado visita mañá o Parlamento de Galicia

• Elixe a Cámara galega para efectuar a súa primeira visita a un Parlamento autonómico
 

Santiago, 31 de xaneiro de 2012.- O presidente do Senado, Pío García-Escudero, visitará o Parlamento de Galicia mañá mércores, 1 de febreiro, atendendo a unha invitación formulada pola presidenta do lexislativo galego e presidenta da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos  de España (COPREPA), Pilar Rojo Noguera.
 
O Parlamento de Galicia será, deste xeito, a primeira Cámara autonómica que visite o presidente do Senado, xesto que Pilar Rojo valora a agradece.
 
Durante a súa visita, o presidente da Cámara Alta celebrará unha reunión de traballo coa presidenta do Parlamento de Galicia, logo da cal intervirá canda Pilar Rojo nunha recepción á que foron convidados os membros da Mesa do Parlamento, os portavoces dos grupos parlamentarios da Cámara autonómica e os senadores e senadoras galegos.
 
De seguido, o presidente do Senado e maila presidenta do Parlamento de Galicia visitarán a exposición “Aqueles Primeiros Anos, 1981-1989”, aberta ao público no Pazo do Hórreo no marco da conmemoración do 30 aniversario da constitución do lexislativo autonómico.
 

Imaxes relacionadas