O Parlamento de Galicia e maila Asociación de exparlamentarios retoman mañá en Sarria o ciclo de charlas itinerantes para alumnos de Bacharelato

 
• Tres exdeputados, un de cada partido, ofrecerán unha charla sobre o Parlamento aos alumnos do IES Gregorio Fernández, en Sarria

Santiago, 18 de xaneiro de 2011.- O Parlamento de Galicia e maila Asociación de exparlametarios retomarán mañá en Sarria o ciclo de charlas itinerantes iniciadas o curso pasado co obxectivo de explicar o funcionamento da Cámara autonómica aos estudantes de bacharelato en diferentes institutos da Comunidade Autónoma. 
 
A actividade de mañá desenvolverase no IES Gregorio Fernández, de Sarria (Lugo) a partir das 11,30 horas, e contará coa participación dos exdeputados  Fernando Carlos Rodríguez (PPdeG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG).
 
Abrir o Parlamento á sociedade
Durante o curso pasado, máis dunha vintena de centros educativos de Galicia acolleron o ciclo de charlas itinerantes no marco dunha iniciativa orientada a abrir o Parlamento de Galicia á sociedade. A experiencia retómase agora en diferentes centros educativos.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, agradece a a implicación dos ex-deputados participantes neste ciclo de charlas itinerantes, do mesmo xeito que valora tamén a excelente receptividade desta actividade entre o persoal docente e os alumnos dos centros participantes.

Previsión informativa
Xoves, 19 de xaneiro de 2012

Sarria (Lugo)
11,30 h.- No IES Gregorio Fernández, de Sarria, Fernando Carlos Rodríguez (PPdeG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG) ofrecen unha charla para explicar a estudantes de secundaria a realidade e o funcionamento do Parlamento de Galicia.
 

 

Imaxes relacionadas