A presidenta do Parlamento de Galicia viaxa a Madrid para visitar a capela ardente de Manuel Fraga

• Trasladará as condolencias do Parlamento á familia do falecido

Santiago, 16 de xaneiro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, viaxa este mediodía a Madrid para visitar a capela ardente do expresidente da Xunta  e exdeputado Manuel Fraga, falecido onte.
 
Pilar Rojo trasladará as súas condolencias, en nome propio e no do Parlamento de Galicia, aos familiares do falecido.
 
Pilar Rojo falou esta mañá cos voceiros dos tres grupos parlamentarios para comunicarlles este desprazamento e demais iniciativas a adoptar pola Cámara logo do falecemento de Manuel Fraga.

Imaxes relacionadas