O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio en memoria da muller asasinada onte en Carral

 
• “Ogallá que este sexa o derradeiro xesto de condena que teñamos que protagonizar nesta institución”, afirma Pilar Rojo

Santiago, 13 de decembro de 2011.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou hoxe, ao inicio da sesión, un minuto de silencio “para honrar a memoria da vítima asasinada onte en Carral, Dona Matilde Vázquez Ramallal, e como sinal de repulsa contra calquera tipo de violencia contra as mulleres”, segundo explicou a presidenta da Cámara, Pilar Rojo.
 
Ao concluir o minuto de silencio, Rojo Noguera fixo votos polo remate da violencia contras as mulleres. “Ogallá que este sexa o derradeiro xesto de condena que teñamos que protagonizar nesta institución”, afirmou.
 

 

Imaxes relacionadas