Pilar Rojo anima á sociedade a permanecer alerta para identificar calquera indicio de violencia contra as mulleres

 

Santiago, 12 de decembro de 2012.- A presidenta da Cámara lexislativa galega, Pilar Rojo, traslada aos familiares e amigos da muller apuñalada esta mañá en Carral o seu pesar “e o de cantos integramos o Parlamento de Galicia”.
 
Rojo Noguera, que se declarou “consternada” por este novo falecemento, anima ao conxunto da sociedade a permanecer alerta para identificar calquera indicio susceptible de desencadear un epiosodio de violencia contras as mulleres e a poñer calquera feito ou comportamento sospeitoso en coñecemento das autoridades.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

Imaxes relacionadas