O Parlamento de Galicia acollerá unha xornada de letrados de parlamentos con participantes de renome internacional


 
• Serán inauguradas pola presidenta do Parlamento
 
• Versarán sobre “Parlamento e Organización Territorial”e contarán coa participación de relatores de México, Francia e Alemania, ademais de catedráticos e profesores de diferentes universidades españolas

Santiago, 18 de setembro de 2011. O Parlamento de Galicia acollerá, entre os vindeiros días 21 e o 23 de setembro as XVIII Xornadas da Asociación Española de Letrados de Parlamentos que, baixo o título “Parlamento e Organización Territorial”, contarán coa participación de relatores de renome internacional procedentes de México, Francia ou Alemania, ademais de catedráticos e profesores de diferentes universidades españolas.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, inaugurará as Xornadas o mércores 21 de setembro. 
 
Relatores
 
Entre os relatores figura José Antonio Portero Molina, catedrático de dereito constitucional da Universidade da Coruña; Javier Domínguez Morales, oficial maior do Congreso do Estado de México; Rainer Arnold, catedrático de dereito público da Universidade de Ratisbona (Alemania); Hubert Alcaraz, profesor de dereito público da Universidade de Pau (Francia); Ana Gude, profesora de dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela; Xavier Arbós, catedrático de dereito constitucional da Universidade de Barcelona; e Ignacio Torres Muro, catedrático de dereito constitucional da Universidade Complutense de Madrid.
Tamén participaran letrados de diferentes cámaras autonómicas e do Congreso dos Deputados.
 
Mesa redonda cos portavoces dos tres grupos parlamentarios
 
O día 23 desenvolverase unha mesa redonda sobre “Avaliación do parlamentarismo español na que tomarán parte os portavoces dos tres grupos con representación no Parlamento de Galicia: Pedro Puy Fraga (PPdeG), Abel Losada Álvarez (PPdeG-PSOE) e Carlos Aymerich Cano (BNG).
 
A organización destas xornadas corre a cargo da Asociación española de Letrados de Parlamentos, do Consello de Dirección da cal forma parte o letrado oficial maior do Parlamento de Galicia, Xosé Antón Sarmiento Méndez.
“Para o Parlamento de Galicia constitúe unha honra acoller a celebración destas xornadas que abordarán un asunto de candente actualidade da man de expertos de prestixio  internacional”, afirma Pilar Rojo.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxes relacionadas