O Consello de Contas entrega ao Parlamento a memoria e informes de 2010


Santiago, 29 de xullo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu este mediodía ao conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Luciano Fariña, que lle fixo entrega da memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2010.
 
Coa entrega deste informe dase cumplimento á normativa en vigor e iníciase o procedemento que incluirá unha comparecencia do Conselleiro Maior do Consello de Contas na correspondente comisión parlamentaria da Cámara galega.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxes relacionadas