Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28-06-2011


5.3  08/PNP-1206 (65184)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Gómez Alonso, Alejandro, e 13 deputados máis
  
  Sobre a solicitude polo Goberno galego ao Ministerio de Fomento da realización dunha xuntanza da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro, a publicación dun cronograma das obras dos treitos de alta velocidade ferroviaria entre Olmedo e Ourense e a licitación dos pendentes entre Requejo-Lubián-Taboadela-Ourense
 
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 482, do 01.06.2011
  
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Fomento:
 
1.-    A celebración urxente da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro.
 
2.-    Facer público un cronograma sobre prazos de licitación, adxudicación, execución e posta en servicio dos treitos da alta velocidade comprendidos entre Olmedo e Ourense.
 
3.-    Licitar antes de que remate o primeiro semestre do ano 2011 os 3.046 millóns de euros correspondentes as obras de plataforma dos treitos pendentes comprendidos entre Requejo - Lubián - Taboadela - Ourense".
 
5.4  08/PNP-1214 (65627)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez Miranda, Antonio, e 7 deputados máis
  
  Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central de colaboración institucional para o avance no proceso de transferencias á Galicia, así como a convocatoria da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia 
 Publicación iniciativa vía urxencia, BOPG núm. 485, do 07.06.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que tendo en conta que a Comunidade Autónoma de Galicia ten dereito a seguir avanzando no seu autogoberno no marco do actual Estatuto de Autonomía e da Constitución Española:
 
1.-    Reclame do Goberno do Estado unha actitude positiva de colaboración institucional para seguir avanzando no proceso de transferencias á nosa Comunidade Autónoma, reiterando os pronunciamentos xa feitos por este Parlamento de petición de novas competencias para Galicia.
 
2.-    Reitere novamente diante do Goberno Central a solicitude de convocatoria inmediata da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de reactivar os trámites pertinentes para facer efectivos os traspasos a Galicia das competencias demandadas polas Institucións Autonómicas".
 
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2011

Imaxes relacionadas