O Parlamento de Galicia sumouse á campaña de sensibilización sobre o melanoma

Santiago, 14  de xuño de 2011.- O Parlamento de Galicia sumouse hoxe a unha campaña de sensibilización sobre o melanoma, orientada a deputados, persoal da Cámara e xornalistas, reivindicando así públicamente a importancia da prevención deste tipo de cancro de pel.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, visitou esta mañá o autobús desprazado ao exterior da Cámara galega e no que dous dermatólogos atenderon aos participantes.
 
O melanoma representa entre o 4 e o 10% de todos os tipos de cancro diagnosticados en España e os dermatólogos alertan do crecemento exponencial deste tipo de cancro nos últimos anos.
 
Os expertos insisten en que a prevención e o diagnóstico precoz son as principais ferramentas para combater o melanoma e alertan sobre a relación entre o melanoma e o dano solar na infancia e a adolescencia

Imaxes relacionadas