O Parlamento de Galicia acolle este martes unha campaña de sensibilización sobre o melanoma

• Está organizada pola Academia Española de Dermatoloxía, que desprazará ao Parlamento a dous especialistas e un autobús habilitado ao efecto
 
• O melanoma, un tumor cutáneo, que está medrando exponencialmente, representa entre o 4 e o 10% de todos os tipos de cancro
 
• Os dermatólogos alertan sobre a relación entre o melanoma e o dano solar na infancia e a adolescencia

Santiago, 12 de xuño de 2011.- O Parlamento de Galicia acollerá o próximo martes, 14 de xuño, coincidindo coa primeira xornada do Pleno, unha campaña de sensibilización sobre o melanoma dirixida a deputados, persoal da Cámara e xornalistas, reivindicando así públicamente a importancia da prevención deste tipo de cancro de pel.
 
A campaña está organizada pola Fundación da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), que desprazará ao Parlamento de Galicia un autobús habilitado.
 
Exploración a cargo de dous dermatólogos do CHUS
Neste vehículo, dous dermatólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago –a Dra. Sánchez Aguilar, presidenta da sección territorial da AEDV; e o Dr. Vázquez Veiga, secretario xeral da AEDV- explorarán ás persoas que o desexen, logo de cumplimentar un test de autoavaliación.
O melanoma representa entre o 4 e o 10% de todos os tipos de cancro diagnosticados en España. Trátase dunha proliferación maligna dos melanocitos, as células que dan cor á pel. En máis do 95% dos casos, trátase dun tumor cutáneo; máis frecuente na raza branca e de carácter altamente invasivo, con gran capacidade para xerar metástases.
 
Crecemento exponencial
Os dermatólogos alertan do crecemento exponencial dos casos de melanoma nos últimos anos, que no 2015 podería acadar 4.000 casos/ano en España. A incidencia deste tumor aumenta a partir do 15 anos  e increméntase coa idade. Un tercio dos casos diagnostícanse antes dos 50 anos de idade, sendo o sector tumor máis frecuente  neste rango de idade.
 
O melanoma provoca en España máis de 700 mortes anuais, arredor dun 55% en homes e o 45% en mulleres.
Os expertos coinciden en que a prevención e o diagnóstico precoz son as principais ferramentas para combater o melanoma, xa que o tratamento cirúrxico do melanoma fino (<0,5mm) supón a curación de máis do 90% dos afectados.
Non obstante, as opcións terapéuticas para tratar esta enfermidade en fases máis avanzadas son moi limitadas.
 
Dano solar
Os dematólogos chaman a atención sobre a falta de concienciación social sobre a relación entre o melanoma e o dano solar na infancia e a adolescencia
 

Imaxes relacionadas