Acordos acadados na sesión da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o día 03-05-2019

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 3 de maio de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 46668 (10/PNC-003752)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a realización por parte do Goberno galego das actuacións precisas para garantir a operatividade da base de salvamento marítimo da Costa da Morte cos medios humanos e aéreos necesarios as vinte e catro horas do día os trescentos sesenta e cinco días do ano
BOPG n.º 437, do 27.02.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a realizar de inmediato todas as acción precisas diante do Ministerio de Fomento para que a base de Salvamento Marítimo, dependente dese Ministerio, na Costa da Morte estea operativa, con medios aéreos e humanos que actúen durante as 24 horas do día os 365 días do ano."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 47198 (10/PNC-003808)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co depósito de bolsas de plástico e desperdicios descuberto no porto de Malpica
BOPG n.º 444, do 13.03.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
 
1º) Leve a cabo una campaña informativa sobre as consecuencias da mala xestión dos residuos, tanto na fauna mariña como para a seguridade das embarcacións en augas interiores.
 
2º) Realice labores de limpeza nas dársenas portuarias durante este ano 2019 e seguintes."
 
- 47823 (10/PNC-003869)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a execución polo Goberno galego, antes do remate do actual período de sesións, das actuacións comprometidas para o mantemento da dársena do porto de Camariñas
BOPG n.º 450, do 27.03.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo, antes de que remate este período de sesións, as actuacións comprometidas no seu día, para o mantemento da dársena do Porto de Camariñas."
 
- 48678 (10/PNC-003931)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da reconsideración dos coeficientes redutores da idade de xubiliación para o colectivo de mulleres redeiras, así como as actuacións que se deben levar a cabo en relación coas condicións laborais, salariais, de protección da saúde e de representación que padecen
BOPG n.º 458, do 09.04.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno Central para a reconsideración dos coeficientes redutores neste colectivo profesional. Así mesmo ínstase ás administración competentes a traballar polo coñecemento, mellora e regulación das condicións laborais, salariais, de protección da saúde e de representación dos colectivos de mulleres redeiras, empregando o enfoque de xénero."

Imaxes relacionadas