Acordos da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, do día 05-04-2019

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 5 de abril de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos relativos a outras institucións e órganos
 
Consello de Contas: Programa Anual de Traballo
 
Aprobación das recomendacións pola Comisión

 
- 41987 (10/CPAT-000003)
Consello de Contas
Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2019
BOPG n.º 413, do 17.01.2019
 
Recomendación núm.1
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a realizar no exercicio 2019 avaliacións sobre os sistemas de prevención de riscos que permitan garantir o comportamento ético dos xestores públicos no sector  público  autonómico,  as deputacións e os concellos de máis de 50.000 habitantes.
 
Recomendación núm.2
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a desenvolver neste exercicio actuacións destinadas a fomentar a conciencia e a participación cidadá a favor da transparencia e do comportamento ético.
 
Recomendación núm.3
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a asesorar ao sector público autonómico, ás deputacións e aos concellos de máis de 50.000 habitantes na implantación de plans de prevención de risco da corrupción para a súa implantación neste exercicio.
 
Recomendación núm.4
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a manter con carácter periódico os Informes sobre a Actividade Económico-financeira das Entidades Públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma.
 

Imaxes relacionadas