Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 16-01-2018

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 41224 (10/PNC-003351)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de construción do centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos de Ourense
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"1.  Licitar a obra do centro de atención para persoas con diversidade funcional de Ourense para maiores de 21 anos antes de maio do ano 2019, así como que estean listos os pregos que rexerán o procedemento de adxudicación da mesma e o seu equipamento.
2. Comprometerse firmemente para que o CAPD de Ourense estea a pleno rendemento no ano 2020.
3. Adoptar de maneira urxente todas as medidas precisas para solventar, mentres o CAPD  de Ourense non estea a pleno rendemento, a falla de prazas públicas para persoas con discapacidade en Ourense."

Imaxes relacionadas