Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 19 de decembro de 2018


 
3.1 5566 (10/PNP-000470)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Concello da Coruña da cesión dos espazos axeitados no mercado de Santa Lucía para prestar asistencia sanitaria aos usuarios do Centro de Saúde Federico Tapia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  solicitar  ao Concello de  A  Coruña  a  cesión  dos  espazos  no  mercado  de  Santa  Lucía  para facer o novo centro de saúde nese lugar como solicitan os veciñas, e que se realice á maior brevidade garantindo as asignacións orzamentarias necesarias”.

3.2 31022 (10/PNP-002298)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de execución da autovía do Atlántico no traxecto A Coruña-O Porriño, o destino dos orzamentos previstos para ese fin ao rescate da AP-9 e a elaboración dun estudo para o seu reforzo, así como o cumprimento do acordo parlamentario referido ao incremento das frecuencias e adaptación dos horarios do servizo ferroviario do eixe atlántico, a redución do prezo dos billetes nel e o inicio dos trámites para o rescate da concesión da AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que inste ao Ministerio de Fomento a:
 
1.- Que  se  execute  o  acordo  acadado  no  Parlamento 
de  Galicia  para  incrementar as frecuencias e axustar os horarios no servizo ferroviario do Eixo Atlántico.
 
2.- Mudar  a  política  tarifaria  de  Renfe  no  Eixo  Atlántico,  para  aplicar  unha redución do prezo dos billetes”.

3.6 40364 (10/PNP-003033)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego nas bases reguladoras reflectidas na Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, así como a que debe aplicar na resolución que dite para ese fin para o ano 2019
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Modificar as bases reguladoras contempladas na Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola lei 12/2016, do 22 de xullo de cara a incluir como beneficiarias ás mulleres vítimas de violencia vicaria ou violencia `por interpósita persoa´ con resultado de morte, por ser este o dano máis extremo que pode exercer o maltratador cara unha muller: asasinar aos fillos/as.
 
2.- Modificar as bases reguladoras contempladas na resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola lei 12/2016, do 22 de xullo de cara a incluir  a creación dun novo tramo que inclúa aquelas mulleres con renda >_ 1,5 veces IPREM e <_ 2 veces IPREM como punto de partida, engadindo as posibles situacións complementares (menores a cargo, discapacidade e dependencia) xa recollidas nas bases reguladoras e que tome como punto de partida a contía de 200 euros.
 
3.- Aplicar o recollido nos puntos anteriores na Resolución pola que se convoque a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 xullo de xeito que se faga efectivo na convocatoria de 2019”.

3.8 41145 (10/PNP-003108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas peaxes das autoestradas AG-55 e AG-57, así como as demandas que debe realizar ao Ministerio de Fomento en relación coas peaxes e o financiamento das obras nas autoestradas AP-53 e AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 05.12.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1.- Desenvolver as bonificacións horarias nas  peaxes das autoestradas de titularidade autonómica AG-55 e AG-57, ao obxecto de que os cidadáns se poidan beneficiar canto antes  destas  reducións  nas  tarifas,  dispoñendo  os  recursos  orzamentarios  necesarios para a súa aplicación, no vindeiro ano.
 
2.-  Elaborar,  no  menor  tempo  posible  e  como  ten  comprometido,  unha  proposta  de medidas para reducir o impacto das peaxes da AP-9, dándolle traslado de dito estudo ao  Ministerio  de  Fomento,  ao  obxecto  de  que  este  poida  valoralas,  xunto  coas  outras posibles  medidas  de  flexibilización  que  poida  propoñer  o  Ministerio,  e  negocialas  coa concesionaria de cara á súa implantación a curto prazo. 
 
3.-  Solicitar  ao  Ministerio  a  posibilidade  de  trasladar  a  flexibilización  de  peaxes  que determine tamén á outra autoestrada de titularidade estatal, a AP-53.
 
4.-  Insistir  ante  o  Ministerio  de  Fomento  que  ratifique  o  compromiso  adquirido  polo anterior  Goberno  de  España  de  que  as  futuras  obras  na  AP-9  non  se  financiarán  con cargo  a  novas  subas  de  peaxe,  senón  a  través  dos  Orzamentos  Xerais  do  Estado  e que  cumpra,  á  maior  brevidade,  o  compromiso  de  liberalizar  a  peaxe  de  Redondela, unha demanda unánime do Parlamento galego”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas