Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 18 de decembro de 2018


2.3 41639 (10/MOC-000120)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Lago Peñas, José Manuel
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación co emprego da industria do automóbil. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 40351, publicada no BOPG nº 386, do 21.11.2018, e debatida na sesión plenaria do 04.12.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as seguintes medidas:
 
1. Instar o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a desenvolver un novo plan de competitividade do automóbil que teña o foco en Galicia en porcentaxe, como mínimo, similar á súa capacidade produtiva.
 
2. Poñer en marcha de maneira inmediata, en colaboración coas asociacións do sector, unha estratexia de colaboración coas empresas do sector automobilístico galego para garantir a súa presenza importante na convocatoria do Programa Reindus, dotado con 400 millóns de euros cuxo prazo remata o 31 de xaneiro de 2019.»
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas