O Parlamento de Galicia acorda o límite de gasto da Comunidade Autónoma para 2019

Santiago, 16 de outubro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu hoxe o debate e posterior votación na que resultou aprobado o límite máximo de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, fixado en 9.850 millóns de euros.
 
Este límite poderá axustarse na variación dos ingresos do sistema de financiamento e fondos finalistas que incorpore o proxecto de lei de orzamentos da Administración Xeral do Estado, así como na minoración dos axustes de contabilidade nacional sempre que non afectan ao obxectivo de estabilidade aprobado.

Imaxes relacionadas