O presidente do Parlamento recibe ao alcalde de Celanova

 

Santiago, 23 de outubro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá ao alcalde Celanova, José Luis Ferro Iglesias, ao que agradeceu a colaboración brindada polo Concello para celebrar, o pasado 15 de setembro, na Fundación Curros Enríquez, un acto cultural orientado a poñer en valor os vínculos de Galicia coa lusofonía e que contou coa participación dunha delegación da Asemblea Lexislativa dos Azores.
 
Tamén falaron sobre a Romaría Raigame e coincidiron en desexar que a investigación relacionada coa morte do anterior párroco de Vilanova dos Infantes e custodio da Virxe do Cristal, Adolfo Enríquez,  continúe a bo ritmo. Amosáronse convencidos de que os esforzos cos corpos de seguridade conseguirán poñer a disposición xudicial os autores do crime.

Imaxes relacionadas