Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do día 3 de outubro de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 3 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 15974 (10/PNC-001367)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a retirada das inscricións franquistas existentes nas fachadas das igrexas católicas e, en particular, a que hai na da igrexa de Santiago en Cangas
BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:
 
1. Negociar co arcebispo de Santiago, no marco da comisión mixta Xunta-Igrexa Católica, a retirada da inscrición franquista da igrexa de Santiago de Cangas antes de finais do ano 2017.
 
2. Estender esta negociación a outras inscricións similares que aínda permanecen nas fachadas das igrexas, co obxecto de que se retiren no prazo máis breve posible.
 
3. No caso de que a Igrexa Católica non amose disposición,
de acordo co establecido na Lei 52/2007, do 26 de decembro, por la que se reconocen y amplían derechos y se establecen medidas en favor de quienes padecieron persecución o violencia durante la guerra civil y la dictadura (coñecida popularmente como Lei de Memoria Histórica), e a Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia, iniciar os correspondentes expedientes para ordenar a retirada das citadas inscricións, considerando a súa dobre condición de símbolos de exaltación do franquismo e de atentados contra o patrimonio."

Imaxes relacionadas