Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 26 de setembro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 26 de setembro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 19 de setembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección dun membro do Consello Social da Universidade da Coruña (doc. núm. 10135)
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
2.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (doc. núm. 8133, PL-000003)
 Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 173, do 11.09.2017
 Publicación mantemento de emendas, BOPG n.º 173, do 11.09.2017
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia (doc. núm. 8740, 10/PPL-000007)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Punto 3. Comparecencia
 
 15162 (10/CPP-000033)
 Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para presentar o Plan de prevención do suicidio en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 16476 (10/MOC-000045)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co actual modelo de prevención e extinción de incendios forestais. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 10899, publicada no BOPG n.º 136, do 28.06.2017, e debatida na sesión plenaria do 12.09.2017)
 
4.2 16632 (10/MOC-000046)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Anteproxecto de lei de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 14385, publicada no BOPG n.º 165, do 30.08.2017, e debatida na sesión plenaria do 12.09.2017)
 
4.3 16666 (10/MOC-000047)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar cabo o Goberno galego en relación coa reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 13965, publicada no BOPG n.º 165, do 30.08.2017, e debatida na sesión plenaria do 12.09.2017)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 

5.1 10437 (10/PNP-000974)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
 Sobre a demanda á Xunta de Galicia en relación co aumento do número de equipos de valoración e orientación (EVO) para acadar no presente ano a redución das listas de agarda para a valoración do grao de discapacidade ata, como máximo, tres meses
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
5.2 11240 (10/PNP-001055)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para aumentar a convocatoria de concursos públicos de redacción de proxectos de arquitectura e urbanismo, así como propiciar fórmulas de participación dos profesionais novos e dos pequenos estudos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144, do 12.07.2017
 
5.3 13052 (10/PNP-001113)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións do Goberno galego en relación co proxecto de construcción dun macrocomplexo comercial e de lecer no monte comunal de Liñeiriños-Cabral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
5.4 15198 (10/PNP-001200)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a constitución dunha comisión parlamentaria de estudo para a elaboración participativa dunha proposta de plan de transporte público de Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.5 15393 (10/PNP-001208)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 8 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego á Deputación Provincial da Coruña da creación dunha mesa de traballo cos concellos da provincia da Coruña percorridos polo Camiño inglés a Santiago de Compostela e a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía para a súa mellora
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.6 15416 (10/PNP-001213)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 3 máis
 Sobre o impulso polo Goberno galego da constitución dunha comisión especial para a análise do expediente orixinal correspondente á doazón do pazo de Meirás a Franco, así como a procura e presentación dos procedementos necesarios para recuperar a súa titularidade pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.7 16054 (10/PNP-001240)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 15 máis
 Sobre a realización pola Xunta de Galicia, en colaboración coas universidades galegas, dun estudo xurídico da posibilidade e mecanismos que permitan, respectando a legalidade vixente, incorporar ao patrimonio público a propiedade das Torres de Meirás, coñecidas como Pazo de Meirás, sen custo para a cidadanía galega.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.8 15666 (10/PNP-001223)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación en que se atopan as autoescolas de Galicia a consecuencia do conflito laboral do persoal examinador de tráfico.
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 15065 (10/INT-000543)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa regulación do sector eólico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
6.2 15083 (10/INT-000545)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas perdas ocasionadas polas extremas condicións climatolóxicas no sector agrario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
6.3 15654 (10/INT-000549)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás persoas en situación de dependencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 16700 (10/POPX-000049)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o cumprimento do slogan electoral "Galicia Primeiro"
 
7.2 16730 (10/POPX-000050)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da defensa dos intereses de Galicia bloqueados polo Goberno central
 
7.3 16846 (10/POPX-000051)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para darlles solucións políticas aos problemas políticos
 

Punto 8. Preguntas ao Goberno
 

 
8.1 14371 (10/POP-001948)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as condicións para a repartición do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local para o ano 2017 establecidas na Orde do 7 de xullo de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 
8.2 14364 (10/POP-001946)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre o asentamento por The Navigator Company dunha base de operacións en Galicia destinada á captación de madeira de eucalipto para a fabricación de pasta de papel
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 
8.3 14788 (10/POP-001983)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
 Sobre a data límite que fixa a Xunta de Galicia para acadar o saneamento integral das rías galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
8.4 12972 (10/POP-001584)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
 Sobre as accións previstas pola Xunta de Galicia destinadas a implantar o Plan de accesibilidade do transporte metropolitano na cidade da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
8.5 16702 (10/PUP-000106)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto das consecuencias da política levada a cabo en relación coa enerxía eólica
 
8.6 12769 (10/POP-001532)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección e xestión da illa de Tambo, no concello de Poio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017
 
8.7 16845 (10/PUP-000107)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a recuperación da memoria histórica
 
8.8 13090 (10/POP-001615)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre o proceso de ampliación do Hospital de Montecelo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
8.9 12911 (10/POP-001565)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre os datos presentados polas empresas que fixeron achegas á Consellería do Mar en resposta á consulta preliminar do mercado en relación cos custos económicos en materia de servizos de medios aéreos para salvamento marítimo de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxes relacionadas