O presidente do Parlamento expresa a súa repulsa polo atentado de Barcelona e traslada mensaxe de solidariedade e afecto á súa homóloga catalana

 
 
Santiago, 17 de agosto de 2017.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou esta tarde a súa enérxica condena tras o atentado rexistrado en Barcelona e trasladou una mensaxe de “solidariedade e afecto” á sua homóloga catalana, Carme Forcadell, “consciente de que non hai palabras para expresar toda a repulsa que merecen sucesos deste tipo”.
 
Na mensaxe remitida á presidenta do Parlamento de Cataluña, Santalices Vieira pediu a Forcadell que traslade a súa condolencia e afecto aos familiares e amigos das persoas falecidas, así como o desexo dunha pronta recuperación aos feridos.

 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas